ENTREVISTA A ESQUIOS

En que andades metidos Esquíos nestes intres?

Estamos ensaiando para a gravación do noso vindeiro disco ,“Porcocan”, que faremos en principio os días 8 e 9 de marzo nos Abrigueiro Estudios de Arturo Vaquero, e como gravamos en directo todos xuntos, pois hai que levalo ben ensaiadiño.

Que poderemos atopar neste novo traballo?

Pois malia correr o risco de que nos chamen temerarios, o que poderedes atopar é música. Seguramente doce temas máis algo que non sabemos como chamar, pero que pode pasar por canción e que pechaba os nosos ultimos concertos. Neste disco haberá algunha sorpresiña coma un tema lento(“As vacas”), algún máis longo e revirado do que facíamos ultimamente(“Caendo”), temas a máxima velocidade coma “Porcocan” ou cousas un pouco diferentes coma “Sen palabras”.Pero bueno, cremos sinceramente que pode ser a nosa mellor colección de cancións ata o de agora.

E líricamente por onde van os tiros desta volta?

Os tiros van por onde sempre apéndice nasal arriba haha (Warning!!!). Non, en serio, non podemos esquecer o que está pasando, e de feito o título ven a conto por que somos coma porcos mantidos por este sistema e aínda así moita xente defendeo coma cans defendendo a súa casa, somos porcocans!!
Logo hai outros temas máis coñeiros pero sempre cun trasfondo crítico e ácedo, gustannos moito os cítricos!!


Seica estades inmersos nunca campaña de crowdfunding para editar o disco?

Si, para editar o disco nun pack que conteña vinilo e cd ao mesmo prezo, e tamén para facer unha camisola coa portada do disco. Todo isto ven motivado pola caída de ingresos por concertos, a estafa a que estamos sendo sometidos nós e outros grupos galegos pola distribuidora que nos deixou de pagar as ventas e o feito de que algúns de nós estemos sen traballo. Dende aquí animamos a tod@s a colaborar, creo que vai merecer a pena. En www.esquios.com tendes o ligazón á páxina onde podedes colaborar ou no noso facebook.
NESTE ENLACE PODEDES VER O VIDEO PROMOCIONAL http://vimeo.com/56345745#


E despois do disco que? Haberá xira?

Pois haberá supoñemos, pero está no aire por que a productora que nos levaba Saraiba, é outra vítima da crise e tamén está pechando. Entón temos que volver a movernos nós, e a verdade non non fai moita graza esa parte, e somos bastante deixados, así que aproveitamos a oportunidade que nos dades e se queredes a Esquíos ao vivo enviade un correo a esquios@esquios.com ou chamade a 663109884, se xa queredes levarnos en plan management xa caralludo!!

Algo máis que engadir?

Temos a posibilidade moi certa, de aumentar de número de catro a cinco coa incorporación dun novo guitarra que ademais é un colega e moi bo rapaz, en breve desvelaremos a identidade deste novo tolo!! Saúdos e grazas pola entrevista!!!