O SONORO MAXIN


 O Sonoro Maxín xuntouse por primeira vez na primavera de 2007. Hai xa dez anos. Naquel tempo, sen ter nin idea de quen eramos, comezamos asubiar as cancións que máis tarde iamos descubrir, os nosos pés botáronse a bailar uns ritmos que non coñecían, nos nosos soños apareceron xentes que nunca antes viramos.





 
 
Compoñentes:

Yago Jimmy: batería

Lorena do Vinteún: percusións

Xurxo Brea: baixos e voz

Abraham el niño: guitarras

Ico: acordeón e voz

Miguel Xanceda: son en directo



A primavera ten que ser nosa (2024)

A mellor cumbia do país toma corpo nos cinco temas deste EP, cheo de ritmos alegres con raíz nas músicas máis populares e bailables de distintas partes do mundo. O Sonoro Maxín condensa máis de quince anos de experiencia facendo vibrar os escenarios de todo o país coas cancións da Galicia tropical.

O Sonoro Maxín reivindica neste disco unha loita pola primavera, ese tempo no que a calor do sol vence ao frío do inverno e todo florece, e que polo tanto é tamén, en palabras dos compoñentes da banda, “unha batalla persoal e comunitaria”. Por iso, adican o disco a quen loita pola dignidade da terra, pola protección do territorio e pola defensa das persoas, como é o caso en particular da asociación de produtoras ecolóxicas A Levada, a Rede Galega Stop Eólicos e Pallasos en Rebeldía, sinalan os compoñentes do Sonoro Maxín.

‘A primavera ten que ser nosa’ é, ademais, unha sentida homenaxe a Jaime Mateo, que foi membro do grupo, e á súa familia.

A primavera ten que ser nosa

Vídeo: Sara Traba

https://www.youtube.com/watch?v=1K7yVludeZU

 

Cumbia do interior

https://www.youtube.com/watch?v=lSL1AQ87VZw&list=OLAK5uy_nZv4Pw85XHzmCR04O4lf8XGAtltFPqRds&index=4
 

 

 
SETEDEZASETE (2017)

O 7 e o 17 son dous números importantes para nós. Tamén son dous números primos. Os números primos distribúense, entre o grupo de números naturais, dun xeito que non somos capaces de percibir. Son cifras singulares que non se deixan dividir por calquera.

O 7 e o 17 son os días de feira en Ourense. Ao redor da praza de Abastos, agrúpanse, nunha distribución que semella aleatoria, o rianxo, postos de roupa, música, ferramentas, libros, calzado, remedios naturais, queixos, complementos… Todo o que che cómpre!

As músicas de “sete dezasete” nacen deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordenar completamente. Cada día na nosa cabeza,
nos nosos pés,
no noso corazón,
na nosa vida
imaxinamos o xeito de darlle forma a tremendo desorde.

Temas:

01-Dou mil voltas
02-Se ti quixeses
03-Maquina a vapor
04-Asi se construe una bomba
05-O carreiro
06-Outeiro de Montealegre
07-Que ben che queda o bigote
08-Patas arriba
09-O cataventos
10-Festa da primavera
11-Onde o Mino vai
12-San Benitino

"ASÍ SE CONSTRÚE UNHA BOMBA"

https://www.youtube.com/watch?v=5jrxjtNKYZk



ESCOITA E DESCARGA EN:
http://osonoromaxin.com/descargas/setedezasete/

DISCOGRAFIA PREVIA:




Este seu 1º disco de estudio, "A ONDA SONORA (Chega do interior)", viu a luz en marzo.

Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno. Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas.

Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Esperta os bailes que aínda están por inventar. Camiña polas rúas que pisamos hai tempo e polas que hoxe está prohibido pasear. Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, asuntos moi serios. Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón. Viaxan ao seu carón cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados.

A Onda Sonora trasmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso. Cara todos e todas coa mesma intención, ser escoitada.

¿Queres coñecer o que a onda sonora está a asubiar?

A banda que máis deu que falar nos escenarios galegos no ano 2010 volve para presentarnos este novo traballo, regrabado nos "Garate Studios" de de Kaki Arkarazo,en Guipúzkoa. Será distribuido por "Inquedanzas Sonoras"



Podes escoitar e descargar o disco  eiqui




Debuxos de DAVID RUBIN





MÁIS INFO:           

web                                    www.osonoromaxin.com

facebook:                          O SONORO MAXIN

contacto e distribución:    www.culturactiva.org
                                         Lara Rozados 981582836







musica en galego o sonoro maxin
musicaengalego o sonoro maxin