TRIBUTO A ZENZAR !!!

POR: Rocio Candal


Como xa sabedes, Zënzar cumpre 25 anos enriba dos escenarios. Como recoñecemento e incluso agradecemento por estar sempre ahí para o necesario, houbo unha iniciativa coa cal os sorprenderon regalándolle un cd tributo no que participaban 18 bandas.

Debido a que se fixo en segredo, houbo bandas que non se enteraron do que se estaba a facer e outras ás que non lles deu tempo de prepar un tema, polo que a iniciativa foi do mellor que lles poderían ter feito pero foi un pouco “limitada”. Por iso vai haber unha segunda oportunidade para todos aqueles que queiran facerlles tributo.

A idea consiste no seguinte, eles van facer unha gran festa a finais de ano con motivo da celebración dos 25 anos, e teñen incluso pensado gravar un cd, asi que dende aqui animamos a todas aquelas persoas que queiran participar neste tributo, que escollan un dos seus temas, que o versionee e mo envíe aqui por mensaxe privada antes do 30 de setembro deste 2013.

Os temas faranse públicos todos xuntos, ainda non está concretada a forma, pero pode ser nun cd, nun portal de internet ou mesmo na propia festa, de iso xa iremos informando, asi que xa sabes, se queres poñer o teu gran de area neste ben merecido tributo ós 25 anos enriba do escenario, tes a maneira, tes tempo e tes a onde remitir a tua aportación.



Ánimo a todos!!