UXIA


Vinte e cinco anos de carreira artística convértena nunha das voces máis populares e valorizadas da nosa lingua. As súas cancións seguirán tendo a presenza latente da música tradicional, cun tratamento innovador.






Uxía presenta o seu novo traballo musical, UXIA-O, unha particular homenaxe a Uxío Novoneyra na que viste de música ao poeta do Courel con 16 cancións que ecoan a muiñeira, o jazz e os alalás.! !
“A poesía de Uxío ten un ritmo interno que a fai moi adecuada para ser cantada”, sostén Uxía,que decidiu colaborar de novo co multi-instrumentista brasileiro Sérgio Tannus “para que esta visión fose a máis actual e universal posible, colocando o acento na contemporaneidade e musicalidade da obra de Novoneyra”.! !
Para determinar o repertorio, Uxía e Sérgio releron continuadamente, durante 4 anos de traballo, e escolleron de entre os seus poemarios o que atoparon “máis próximo e familiar”, en ocasións unindo varios poemas, como é o caso de “O aire” ou “A miña sombra correndo”, transformado en alalá.! !
No disco participan tamén Isaac Palacín (percusión), Santi Cribeiro (acordeón) e José Manuel Díaz (contrabaixo), e conta coas colaboracións especiais de Ana Isabel Días (arpa clásica), Quim Farinha (violín), Alberto Vilas (piano), Fred Martins (voz) e Lui Coimbra (contrabaixo).! !
Xunto ás novas composicións encóntranse tamén unha adaptación de “Cain as follas”, de Emilio Cao, ou os “Alalás encadeados”, poema inédito dedicado aos emigrados galegos na diáspora para que conservasen as métricas populares e que fora incluido no disco de Uxía Meu canto (Fol Música, 2011).! !

O deseño dos diferentes elementos gráficos, como o logotipo, a cartelería e un orixinal despregable que fai as veces de cartel e de soporte para o librodisco, a xeito de libro de arte, é obra de Niko Alvarellos.

A imaxe principal é unha composición fotográfica sobre unha peza feita especialmente por Antón Lamazares e un traballo de fotografía artística de Miguel Calvo.

Xunto aos textos dos poemas seleccionados para ser musicados tamén se inclúen caligramas dalgúns dos versos, feitos polo propio Novoneyra, convertindo o traballo nunha sorte de artefacto musical, poético e plástico, de obxecto de poesía expandida, coordinado e editado pola propia fundación do poeta.

Uxía-O
https://www.youtube.com/watch?v=-2rZ5rqeto0

http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/11/uxia-e-magin-blanco-canta-o-cuco.htmlCanta o cuco (2015)
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/11/uxia-e-magin-blanco-canta-o-cuco.html






http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/06/uxia-narf-baladas-da-galiza-imaxinaria.html


UXIA & NARF Baladas da Galiza imaxinaria (2015)
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/06/uxia-narf-baladas-da-galiza-imaxinaria.html









Rosalia Pequeniña (2013)








http://musicaengalego.blogspot.com.es/2012/03/uxia-canata-manuel-maria.html


Uxia Canta a Manuel Maria (2013)http://musicaengalego.blogspot.com.es/2012/03/uxia-canata-manuel-maria.html
 








Meu Canto 2011 porque a maioría das cancións conteñen a palabra canto porque este disco é unha reflexión sobre o acto de cantar, as emocións que provoca, a voz, a esencia... Uxía sigue o ronsel dunha cultura que viaxa e muda o significado e a natureza das fronteiras. Nesta ocasión a súa travesía lévanos a Brasil, onde foi grabado este traballo, nos estudios da editora Biscoito Fino, en Rio de Janeiro. A escolla non foi casual, abordar este novo reto coa produción do prestixioso músico Jaime Alem (productor de Maria Bethânia), o talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Sérgio Tannus, tamén escoitamos Os Teus Ollos xunto con Lenine, toda unha garantía para palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do seu ser, da súa alma.

VERDE-GAIO 
https://www.youtube.com/watch?v=vN4tAugaoSw

Unha voz máis contida e máis profunda ca nunca. Unha voz que amosa toda a forza e toda a vulnerabilidade coa que Uxía chegou a este punto do camiño, coa convicción de que un pobo que cantou desde tempos imemoriais non pode perder un instrumento tan fundamental como a propia voz, o propio canto, Meu Canto.

ALALÁ DAS MARIÑAS

https://www.youtube.com/watch?v=dotk4iJwF5E

 https://www.youtube.com/watch?v=dotk4iJwF5E

 Uxía ten unha voz fermosa e serena que fuxe do virtuosismo exhibicionista e se fai transparente, para amosarnos unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca minte. 


“Eterno Navegar” Harmonía Mundi, World Village, 2008
“Danza das Areas”  Virgin 2000 – FOL MÚSICA 2010
“La Sal de la Vida” Nubenegra 1997 (con Rasha, María Salgado y X. Pimentel)
 “Estou Vivindo no Ceo” Nubenegra 1995
 “Entre Cidades” Sons Galiza 1991
 “Foliada de Marzo” Edigal 1986
“Foliada de Marzo” Edigal 1986  










Para máis info:  
 www.uxia.net


Contratación de Uxía



 Damadriña Producións























musica en galego uxia
musicaengalego uxia