KATHAARSYS

Para escoitar KATAARSYS preme eiqui
A historia de Kathaarsys pode rastrexarse dende  2004 candi graba Portrait of Wind and Sorrow.

No 2006 a  formación actual xa consolidada e Kathaarsys entra en estudio a finais de ano para grabar o álbum dobre Verses in Vain co selo Silent Tree Productions. A banda pasa de facer concertos a nivel local para xirar por Europa en varias ocasións presentando o  álbum incluso en América.


https://kathaarsys.bandcamp.com/track/segredo-inefable

Describing The Paradox Vol​.​II (2017)

O novo disco de kathaarsys conten o tema en galego "Segredo Inefable" que podedes escoitar no link https://kathaarsys.bandcamp.com/track/segredo-inefable


Describing The Paradox Vol​.​I (2014)
Neste traballo discografico de  catro temas incluen o tema en galego "Inerte".

Podedes escoitalo e descarga-lo de balde no enlace:

 https://kathaarsys.bandcamp.com/track/inerte


Rara Vez é o título do sexto álbum de Kathaarsys que está xa dispoñible. Cinco temas que totalizan 40 minutos nos que o grupo emprega o galego nas letras e introduce por vez primeira o piano. Seguindo co espírito de experimentación que iniciaran en anteriores obras, Kathaarsys achégase a estilos como flamenco, o folk ou a música de cámara sen abandonar o seu particular estilo con influencias do metal. É precisamente no circuíto metaleiro onde se vai desenvolver a xira de presentación do disco, que xa comezou e que os levará a escenarios tan afastados como Finlandia, Letonia ou Alemaña e para a que xa teñen máis de 25 datas.


O disco, con licencia Creative Commons, preséntase nun cartafol de grande tamaño a imitar un xornal con novas que contextualizan as cancións. Esta producido a través do seu propio selo Silent Tree. Manipulación, Traxedia Española, Crítica da Estupidez Pura,Retorno á Idade Media e A Involución das Masas son os títulos que se poderán escoitar por media Europa.

KATHAARSYS Manipulación

https://www.youtube.com/watch?v=1cYP1KWTc3o

 https://www.youtube.com/watch?v=1cYP1KWTc3o



CONTACTO:  

silenttreeprod@gmail.com