TODO PREPARADO PARA O NOVO DISCO DE ZENZAR

En maio, sae a luz o seu último disco “Vaise Armar”. O conceto de presentación terá lugar o próximo 5 de Maio na Sala Josfer en Mesón do Bento – Ordes. Contarán con Sterko, Familia Caamago e Mou Pinchadiscos como bandas invitadas para a ocasión e a entrada anticipada custará 6 € ou 10 € con cd, e 8 € ou 12 €con cd en taquilla


Zënzar, unha lenda do rock en galego nacidos “De la tierra de las sombras y la oscuridad…” xa que foi así como comezou todo alá polos comezos do outono na Meirama de 1987. Ben é certo que comezaron chamándose Mördor. Son o grupo de rock en galego máis veterano en activo, por iso cada ano que cumpren é unha celebración para os seus membros… e xa superan os 20!
Están levando a cabo nestes anos unha evolución lenta pero segura, abríndose pouco a pouco a outros ritmos e colaboracións, pero sen perder nunca ás súas señas de identidade: rock en galego.

Tras varias maquetas, diversos recopilatorios e cinco discos oficiais, os músicos de Zënzar preparan o lanzamento de novas pezas e un DVD en director que se editará en 2012.

O seu último disco é “A Tribu”, que conta coas colaboracións de Xurxo Souto, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Mª Xosé Silvar (ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxecto XES), Pablo Dalama ( ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box gallego) ou percusionistas como Manolo Suárez e David Bolaño e o gaiteiro José M. Ares. 13 temas rockeiros, estilo Zënzar, con ataques punk, heavys e tradicionais. Falan das súas raíces nunha aldea que morre, da súa condición de galegos sen complexos e dos seus inicios.





musica en galego zenzar
musicaengalego zenzar