Agosto 12 -13 festival Brincadeira Ordes



O Brincadeira Festival empeza a prepararse en Ordes.

os dias 12 e 13 de agosto poderedes disfrutar de Dios ke te Crew, Ruxe Ruxe, Kastomä, entre outros.

Nesta quinta edición, contara con zoa de acampada de balde , concurso de maquetas e....

Podedes miralo todo e mercar os abonos ba páxina oficial www.brincadeiraordes.com

Escoita o novo de Somdogalpom "a rosa do deserto" de


Se queres ecoitar o novo de somdogalpom preme en a rosa do deserto

KASTOMÁ

Para escoitar KASTOMÁ preme eiquí

SON: SONEIRA,
DAVID,
ANTONIO,
SITO
E OSCAR

KASTOMÄ, GRUPO DE ROCK FORMADO NO ANO 2000 EN ORDES.  5 COLEGAS  QUE PERSEGUEN UN MESMO OBXETIVO QUE NON É OUTRO QUE O DE DESCONECTAR Ó SAIR DO TRABALLO, PREPARAR OS CONCERTOS E DISFRUTAR Ó MÁXIMO EN CADA UN DELES.
CON 4 DISCOS Ó LOMBO, ESTE ANO ESTAMOS A PRESENTAR O NOVO KASTOMA IMPORTAME MERDA.

Kastomä - Importame Merda é o cuarto traballo discográfico dos de Ordes. Gravado na primavera de 2011 en Océano Estudio de Nigrán por Javier Abreu (Sugarless, Boikot, Motores, Disidencia, etc).
 Son historias que nacen na taberna e continúan unha noite tras outra con distorsión e contundencia ata o mencer.
Un traballo xestionado e producido por Kastomä de xeito totalmente independente como levan facendo dende que comezaron alá polo ano 2000.


DISCOGRAFIA:


  

  ALMAS DA NOITE 2009





MESTRES DE PESADELOS 2006







TOMASMOLLE OUTRA 2002





 Contacto:
VIDEO DA RUTA DO GRELO
VIDEO DE A INFANCIA
www.myspace.com/kastoma
www.facebook.com/kastoma
www.kastoma.com
Descarga GRATIS novo disco

Contratación no tfno.: Oscar 679 677 615





musica en galego kastoma
musicaengalego kastoma

Skandalo GZ




Para escoitar  SKANDALOGZ preme eiqui





Se queres escoitar o adianto do novo disco SOMOS MAIS  de SKANDALO GZ preme en Licor Café



Xa temos eiqui o máis quentiño para o verán o novo dos Skandalo GZ "os fuxidos da Guerra Civil" adianto do novo traballo SOMOS MAIS .
Para o escoitar preme eiqui






  HISTORIA DO GRUPO Música : SKANDALO GZ, formado no 2007 por 3 obreiros en Ponteareas, aínda que agora somos 5, xa que introducimos unha trompeta e un trombón de varas. Tocamos un estilo de punk rock ska e definimos a nosa música como música para a clase obreira, con letras de información sobre inxustizas da vida,política e socialmente. Actualmente temos cancións en galego e en castelán, coa intención de acabar facendo todas en galego, e tamén facemos algunha versión de grupos que influiron en nos. Non tiñamos local de ensaio pero levantamos un autoxestionado por nos mesmos, o igual que a maqueta que temos que foi gravada con poucos medios e grazas a axuda dun compañeiro, onde temos 10 cancións gravadas sen os instrumentos de vento xa que naquel momento aínda non se incorporaran o grupo. Demos concertos en varios locais de ponteareas, e tamén nun festival chamado Ovopicaraña, pero onde empezamos a tocar foi nun centro social moi ligado a nos chamado CENTRO SOCIAL AUTOXESTIONADO "O FRESCO". En tódolos concertos, aparte de tocar, damos discursos sobre as novidades da vida, sobre todo as relacionadas co tema dos traballadores e as inxustizas que con eles se cometen a cotío.E tamen sempre recordamos nos nosos concertos tanto nas cancions como en discursos a matanza do 1936. SKANDALO GZ foi gañador por medio do público do A Polo Ghit 2008 coa sua canción "Likor Kafé" e tamén foi semifinalista de Nsaio no Camiño 2008.Tamen foi gañador do concurso de maquetas do festival Millo Verde 2009. Este grupo deu concertos por toda Galiza, na Fábrica de Chocolate, na Farándula (Vigo), no Salón Parroquial(Ponteareas), no Centro Social "O Fresco"(Ponteareas), no pub A Pola(Ponteareas), no pub Outótono(Ponteareas), na Casa da Triga(Ponteareas), en Xinzo e no Festival Ovopicaraña Rock (Ponteareas), na sala Café Cultural Auriense (Ourense), no Festival Rock..n Rio Miño 2008 (Cortegada), no pub Badulake (Ordes), no pub A Garufa (Coruña), na Sala Clavicembalo (Lugo) e teloneiros de Boikot na semifinal de Nsaio no Camiño 2008 (Ribadeo). No festival Millo Verde 2009. na Festa da Prehistoria 2009en Mos . e taman se despalzaron ata Euskadi a tocar nas festas do Monte Igeldo 2009 en Guipuzcua.acabaron o ano 2009 tocando no castañazo rock 2009 xunto con dixebra e talco.NO 2010 tamen tocaron no pub Vogue (PONTEAREAS) nas festas dos callos en salvaterra , en porriño colaborando co Senegal ,Nas festas en Viladesuso concello de IO , na presentacion do disco de Dakidarria en Nigran , teloneiros de Che Sudaka en Bueu na sala zona , no Festival da mocidade en Xinzo de limia(Rairiz de Veiga) No primeiro Lira ROCK en salvaterra de miño.

XUÑO 8,9 BARRICAS FOLK AMES

Barricas Folk Rock é unha Asociación Socio – Cultural Benéfica, que se adica a creación de
eventos no Concello de Ames, todos eles con afán educativo, cultural e benéfico.
A nosa Asociación leva a cabo un Gran Festival os días 8 e 9 de xuño no Milladoiro ( Ames), coa
participación de 20 grupos, no que ofertamos zona de acampada, servizo de gardería, acceso e zona
reservada para persoas con minusvalías, postos de artesanía, zona de ocio para nenos, servizos de
barras, servizo de churrasquería, pulpería e bocatería, así mesmo disporemos de zona de aseos.
O Festival será vaiado polo Concello de Ames, o cal estará controlado e vixiado por unha empresa
de seguridade da zoa.
Ó longo do ano fomos incrementando o número de socios, chegando xa casi os 300, os cales tras
pagar unha cota de 15 euros anual, teñen o acceso gratuito o Festival, participan en tódolos sorteos
que levamos a cabo cada semana e a camiseta oficial da Asociación.
Tódolos beneficios deste Festival, unha vez pagado o seu custe, serán destinados e repartidos as
persoas máis necesitadas do Concello de Ames mediante bonos para consumir entre clínicas dentais,
supermercados … que se levará a cabo mediante o Voluntariado do Concello de Ames.
É preciso a colaboración de tódolos e cada un dos socios, ademáis do apoio das grandes e pequenas
empresas do noso entorno.
O acceso o mesmo terá un custo de 15 € por día e de 25 € abono polos dous días.
No Festival participarán os seguintes grupos:
Esperamos que tanto esforzo faga que podamos chegar ata tanta xente necesitada.
Agora máis que nunca precisamos da colaboración de todos vós.
Esperando unha resposta, dámosvos as grazas de antemán a todos e cada un de vós, que facedes
que isto sexa posible.
Recibide un cordial saúdo.
Barricas Folk Rock !!
Tamén se pode ver información a través da nosa páxina web: www.barricasfolkrock.com

XULLO 6,7 SONS DA LAMEIRA

OS DIAS 6 e 7 de Xullo en MATAMA  VIGO

SONS DA LAMEIRA

VENRES 6 XULLO
O FIADEIRO
ABOBRIGA
ZURRUMALLA
OS CUCHUFELLOS

SABADO 7 XULLO

ESCUELA DE ODIO
DAKIDARRIA
DIOS KE TE CREW
FALPERRYS

E TODO DE BALDE

XUÑO 10-11 V FESTIVAL MILLO VERDE REDONDELA