CREMA DE GAITA

Para escoitar CREMA DE GAITAS preme eiqui

Os músicos que forman Crema de gaita son:

Diego Mariño (gaitas e frautas)
Marcos Campos (gaitas e frautas)
Xose M. López "Josele" (clarinete, saxo e gaita)
Cris Macías (teclados e voz)
Ernesto Campos (guitarra e serrucho musical)
Judith Alonso (baixo eléctrico)
Xosé C. Villar "Bouza" (percusións latinas e tradicionais)
Suso "Feixón" Alonso (batería e percusións)

Crema de gaita é un grupo folk con insignia distintiva que abrangue formas pouco convencionais na música folk concibida en Galicia, achegándose aos ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova xa que entende que Galicia posúe uns lazos culturais máis estreitos con Latinoamérica, a causa do fenómeno da emigración, que con outras culturas atlánticas que se tenden a fusionar habitualmente coa música galega. Non obstante, Crema de gaita non rexeita as influenzas euroatlánticas nin versións de temas da música tradicional galega, para demostrar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en numerosos estilos, fuxindo así do tópico no que está encadrada na actualidade.


 O grupo vigués Crema de gaita presenta o seu primeiro disco TanGalego da man da discográfica Ouvirmos, dentro do seu selo VIR.
 Este traballo compóñeno 15 temas, cunha duración total de 56 minutos, que sorprenden pola inclusión do son da gaita en ritmos tan pouco convencionais nun grupo folk como tangos, tumbaos, boleros ou habaneras, aínda que tamén se inclúen versións de pezas de música tradicional galega. Así, pódese escoitar “A Carolina” a ritmo de bossa nova, ou o orixinal tango con gaitas galegas que da título ao disco que constitúe a mostra do estilo inconfundible de Crema de gaita: a fusión de sabores como o tango coa sensibilidade musical galega. Tan... Galego.

O disco TanGalego conta coa participación dalgúns dos mellores intérpretes de Galicia e benqueridos amigos. Entre eles destacan Kin García, recoñecido baixista do panorama folk de Galicia, membro de Alberto Conde Grupo e músico da banda de Susana Seivane, entre outros; Marcos Valcárcel, percusionista que colaborou con artistas como Carlos Núñez ou Silvio Rodríguez; Ioanna Pérez, violinista que ten tocado, entre outros, con Bebo Valdés ou Pablo Milanés; ou a Banda de Gaitas Xarabal, canteira de músicos como Carlos Núñez, Anxo Pintos (Berrogüetto) ou Xosé Manuel Budiño.

Este traballo discográfico preséntase cun elegante deseño en formato digipack. Como extras o disco contén unha pista de datos coas partituras dos temas e un karaoke para voz e gaita co que se poden interpretar ou cantar os temas co grupo.

TanGalego está composto por 15 temas:

Foliada de Luxán
Lagarto Pintado
Tangalego
O fillo da Teresa
Lembranzas do que Voltou
Mensaxeira do inferno
Noites de Lúa na Praia
Rumba para Susi
Non te Namores, Meniña!
Muiñeira da Cascarexa
Bonequiña
Crema de Whisky
Carafuxa
Café con Ghotas
Regueifa de San Salvador de Pedreiro

O disco de Crema de gaita TanGalego está á venda nas tendas de música, na páxina web de Ouvirmos, ou poñéndose en contacto co grupo a través da dirección de correo electrónico info@cremadegaita.com

Para máis info: CREMA DE GAITA