TENTEMOZO NOVO DISCO DE OS CEMPES

O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboraciónde numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc,  e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).

A gravación do disco foi financiada polos propios fans do grupo a través do sitio www.verkami.com, mediante o sistema de financiación en masa (Crowdfounding) acadando unha excelente acollida e repercusión.

Centos de concertos, cinco CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta bandaque presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.






MUSICAENGALEGO OS CEMPES TENTEMOZO
musica en galego os cempes tentemozo