XUÑO 8,9 BARRICAS FOLK AMES

Barricas Folk Rock é unha Asociación Socio – Cultural Benéfica, que se adica a creación de
eventos no Concello de Ames, todos eles con afán educativo, cultural e benéfico.
A nosa Asociación leva a cabo un Gran Festival os días 8 e 9 de xuño no Milladoiro ( Ames), coa
participación de 20 grupos, no que ofertamos zona de acampada, servizo de gardería, acceso e zona
reservada para persoas con minusvalías, postos de artesanía, zona de ocio para nenos, servizos de
barras, servizo de churrasquería, pulpería e bocatería, así mesmo disporemos de zona de aseos.
O Festival será vaiado polo Concello de Ames, o cal estará controlado e vixiado por unha empresa
de seguridade da zoa.
Ó longo do ano fomos incrementando o número de socios, chegando xa casi os 300, os cales tras
pagar unha cota de 15 euros anual, teñen o acceso gratuito o Festival, participan en tódolos sorteos
que levamos a cabo cada semana e a camiseta oficial da Asociación.
Tódolos beneficios deste Festival, unha vez pagado o seu custe, serán destinados e repartidos as
persoas máis necesitadas do Concello de Ames mediante bonos para consumir entre clínicas dentais,
supermercados … que se levará a cabo mediante o Voluntariado do Concello de Ames.
É preciso a colaboración de tódolos e cada un dos socios, ademáis do apoio das grandes e pequenas
empresas do noso entorno.
O acceso o mesmo terá un custo de 15 € por día e de 25 € abono polos dous días.
No Festival participarán os seguintes grupos:
Esperamos que tanto esforzo faga que podamos chegar ata tanta xente necesitada.
Agora máis que nunca precisamos da colaboración de todos vós.
Esperando unha resposta, dámosvos as grazas de antemán a todos e cada un de vós, que facedes
que isto sexa posible.
Recibide un cordial saúdo.
Barricas Folk Rock !!
Tamén se pode ver información a través da nosa páxina web: www.barricasfolkrock.com