ATAQUE ESCAMPE




Ataque Escampe son:

Lois G. Carlín o baixo  
Cibrán Miguel batería
Mosqueira Tenreiro  
Samuel Solleiro  guitarra
Julio Vilariño Cabezas  sintetizadores e  
Álex Charlón na voz.
 
 
Cabalgata (2023)

Cabalgata —un título que se pode referir tanto a un desfile festivo coma á longa travesía dos xinetes nómades a través da neve— é ese punto en que o máis doado parece parar e decidimos, malia todo, seguir cabalgando, sen saber moi ben cara a onde, porque que outra cousa imos facer. Arde a tenrura polo que deixamos atrás: o pasado como espazo inesgotable que nos interpela e non como obxecto de nostalxia. De aí o noso intento de explorar o potencial de estilos sepultados na avalancha das tendencias musicais: do hi-NRG de «Lamborghini» ao synth-funk de «Viaxamos a Miami», pasando polo rap old school de «Fuck the Police», o no wave de «Amigo», o electro posapocalíptico de «Supermartes» ou o pop da era espacial d’«A cociña práctica». Este disco é unha homenaxe á nosa vulnerabilidade, tal vez a de calquera; á infancia; ás amizades e amores conservados, perdidos ou diferentes; á solidez do que aínda queda en pé despois dos últimos vendavais do inverno. Ao que fomos e ao que seguramente xa non seremos; ao mundo dos soños. Quizais tamén, sen o pretender, é a nosa maneira de celebrar que o proxecto de Ataque Escampe, este cabaliño branco, este cabaliño lento que empezou co século, siga con vida. Amodo, sempre amodo, a ritmo de carrusel.


Temas:

1.Terras raras

2.Supermartes

3.Entra o dragón

4.Fuck the Police

5.A cociña práctica

6.Pantalón curto

7.Lamborghini

8.Viaxamos a Miami

9.Amigo

10.Cabaliño lento

Este disco produciuno, gravouno e mesturouno o Hevi no Laboratorio Soyuz (Trazo) entre febreiro de 2022 e febreiro de 2023, e masterizouno Cem Oral en Jammin Masters (Berlín).

O deseño gráfico e o traballo fotográfico son de David Silva. As fotos están sacadas no club hípico Juan Oliveira (Mouriscade, Lalín).

O cabalo da portada chámase Farruco.

 

Lamborghini

Dirixido por David Silva. 
https://www.youtube.com/watch?v=iNSUQk_tU00
 

Viaxamos a Miami

DIRECCIÓN David Silva

https://www.youtube.com/watch?v=ZffW_0xuigw

 A cociña práctica

 con Antía Ameixeiras 

Dirección: David Silva.
 https://www.youtube.com/watch?v=3KTkshZWRQg

 Cabaliño lento

https://www.youtube.com/watch?v=T6p4NQGMOdE


Ataque Escampe
Terras raras

incluido no seu novo albúm Cabalgata

Producido por Hevi

℗ Tremendo Audiovisual

https://www.youtube.com/watch?v=I_EWPn1QyVg


Podedes escoita-lo disco enteiro no bandcamp:

https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/cabalgata-lp

 

 


Por Última Vez 

Ataque Escampe Canta a Máis Grande


 https://www.youtube.com/watch?v=_RLctP-16is

 Tamén no bandcamp 


 
A alma (2019)

Gravado entre maio e outubro de 2019 no Laboratorio Soyuz e producido por Hevi
(Malandrómeda, Fluzo), A alma é –despois de Noites de agosto con Ataque Escampe (2012)– a segunda ocasión en que Ataque Escampe traballa co formato EP. 
 
É un traballo atmosférico e contemplativo que visita e homenaxea desde o pop outros xéneros coma o soul minimalista, o ambient, o progresivo alemán ou o mesmísimo rock de estadio. 
 
A alma podese escoitar online https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/a-alma, e nunha edición limitada en vinilo deseñada por David Silva. 
 
 A presentación oficial do disco en directo foi no concerto Adeus aos anos dez, o 28 de decembro, con ocasión do Guateque de Inverno da Gentalha do Pichel en Compostela (lémbrese que Ataque Escampe tomara a temperatura da década en 2011 co LP Violentos anos dez .

Temas incluidos: 
 
 1. Tema d'A alma 
 2. I O que pode un corpo 
 3. II Espada Excalibur 
 4. III As Cruces 
 5. Reparto d'A alma 
 
O que pode un corpo


 
 
Segundo Arístides Quintiliano, «existen, para Platón, tres almas: unha que, farta dos paus da vida, conserva así e todo unha especie de esperanza, que é catártica coma o ambient de estadio e a furia de Poseidón; outra que, exiliada nas fronteiras do reino, soña con atletas pero nin así adormece, que quere ser R&B e baila sexy, malia todo, ante o espello; unha terceira que, desde o templo da loucura e atrapada nos bucles infinitos da kozmische musik, desexa con forza o regreso dos espíritos do Hades. E despois está o corpo, pero ese pouco dura».


https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/dolos-adolescentes-2007-2011
ATAQUE ESCAMPE
Ídolos adolescentes (2007​-​2011)
https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/a-vida-dos-animais-2012-2018O díptico formado por Ídolos adolescentes (2007-2011) e A vida dos animais (2012-2018) reúne todas as cancións gravadas por Ataque Escampe até 2018 que non estaban incluídas en traballos propios, senón espalladas en lugares recónditos: discos duros, compilatorios, sitios web de concursos esquecidos que nunca gañamos. Canda elas hai gravacións máis circunstanciais –demos, descartes, directos– que nos pareceron interesantes para unir as pezas, e están as catro cancións con que pechamos a etapa 2015-2018 e despedimos a súa formación. Non imos dicir que estas 24 cancións encerren a historia desta última década (xa nos gustaría), pero seguramente si que sirvan para seguirnos o rastro a nós, ao que fomos nestes anos, ao que aínda somos e tamén ao que xa non. E pasabámolo ben. E eramos todos amigos. E non queriamos ter máis.

https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/dolos-adolescentes-2007-2011

https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/a-vida-dos-animais-2012-2018




















Primeiros bicos (2017)

«Desta volta tocamos intenso como brillan no ceo os diamantes. Fixemos un disco moi de bailar porque se non é agora, cando. Todo tan rápido como vai. É 2017. A nosa vida é eléctrica e as nosas cadeiras –ás veces– son eléctricas tamén. Un día deixámonos ir e á mañá seguinte acordamos coa cabeza chea de merengue, de disco, de surf rock, de blues do deserto, de R&B neorleaniano, de krautrock, de rumba congolesa e de rumba xitana. Pasámolo todo por un sintetizador a pilas e a resaca de todo chamámola Primeiros bicos: somos igual de cursis e choramos coas mesmas historias que cando tiñamos dezaseis anos, ou once, ou tres. Temos un pasado. Temos un espléndido corazón por debaixo do pixama. E un día vencerá».

O disco, coproducido por Julio Vilariño Cabezas e Ataque Escampe, gravouse no estudio As Gonzalinhas de Bermés, Lalín. A gravación, as mesturas e a masterización estiveron a cargo de Carlos e Alberto Quintá, e o deseño gráfico é obra de David Silva.

O LP incide na aproximación do pop ás músicas do hemisferio sur, especialmente no plano rítmico, que a banda xa viña traballando nas súas anteriores achegas, O disco vermello (2014) e Noites de agosto con Ataque Escampe (2012). Porén Primeiros bicos, cun son máis cru e próximo ao directo que nunca, é sen dúbida o traballo máis intenso e bailable de Ataque Escampe.

O deseño gráfico e as fotografías son de David Silva. RASPA E DESCUBRE O TEU DEBUXO!
 
Temas:

Cara A


Santos dos últimos días
Un raio de sol negro
A filharmónica
Alan Lomax
E eu que chorei con Ghost

E eu que chorei con Ghost

https://www.youtube.com/watch?v=wDu9W01DHuo
 



Cara B

Barrio Sésamo
Vida eterna
Corazón
Papá borracho
Mondariz-Balneario
Todos os temas están compostos por Ataque Escampe.

Mondariz-Balneario

https://www.youtube.com/watch?v=xnu6OC-abiM
 



Este é un disco máxico. Por fóra parece gris e aburrido, como a túa vida, pero... sabías que o gris e aburrido pode agochar grandes sorpresas?
1. Colle unha moeda. Se non tes ningunha moeda, pide unha emprestada.
2. Raspa co canto da moeda a superficie da capa. Podes raspar toda a superficie ou liberar a túa creatividade e raspar só as partes que ti queiras. Ninguén te ve. Non teñas medo!
3. Abraia cos espectaculares debuxos que irán aparecendo ao paso da moeda. Lembras cando parecía que tamén debaixo do gris e o aburrido da túa vida se ocultaban fabulosas aventuras? Dálle momentaneamente un pouco de cor raspando a capa dun disco de Ataque Escampe! É moi sinxelo!
Hai catro modelos diferentes. Colecciónaos!

"Papá borracho"
https://www.youtube.com/watch?v=mlsY1-WNmYI
Dirixido por Mar Catarina.
Producido por Prenom.

Podedes escopitar tódo-los temas de Primeiros bicos en:
https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/primeiros-bicos


DISCOGRAFIA PREVIA:

Relatos Americanos (2015)
O xoves 18 de xuño, a banda presentou, canda ao artista plástico Misha Bies Golas, Relatos americanos. Trátase dun libro en edición limitada (300 exemplares) que combina 36 láminas con colaxes de Misha Bies Golas con outros tantos textos coas historias on the road do grupo Ataque Escampe. O proxecto vai acompañado por unha suite musical instrumental que se pode descargar cun código que se facilita no libro.

O libro foi financiado por unha campaña de crowdfunding, a cargo de Ith Crowdfunding, que rematou en febreiro, e estará dispoñíbel a partir do 18 de xuño ao prezo de 15 euros. 

 “Relatos americanos é un universo estraño. Colaxes, textos e música narran unha viaxe por paisaxes agrarias e industriais onde todo funciona como a vida mesma: mal. Basta con pór un non onde antes había un si para que naza o desacougo. As imaxes dun fotógrafo estadounidense deformadas por Misha Bies Golas e as fabulosas experiencias nos escenarios do grupo Ataque Escampe serán o motor do caos. De fondo, o son retro-futurista do sintetizador modular Serge conduce a banda sonora desta road movie que comeza xa”.



O disco vermello  (2014) son moitas historias de supervivencia e é tamén unha única historia de supervivencia.

Son motoristas parapléxicos, obreiras que toman o sol, heavies de barrio e actrices de vida longa. É un reloxo biolóxico, un videoxogo de pelexas, unha aventura caníbal, un xogo sen fronteiras, un restaurante chinés. É o planeta Hercólubus, que se aproxima e se aproxima e se aproxima.

É unha persoa que ten que emigrar para non volver e é outra persoa que fica soa na Terra ardendo. É a perda: o que perdemos, o que poderiamos perder, o que non perderemos nunca.


O que temos que procurar non perder para non converternos en cousas nas que non queremos converternos.

É a contradición entre a evasión e o compromiso, entre a honestidade e o simulacro, entre o sorriso e o falso sorriso. É o pop e o dub e o rap de mentira e o soul de Filadelfia. Son todas as cousas, estas e tamén as outras. E o sangue, tamén é o sangue.

O disco vermello son as historias dunhas poucas persoas que son a historia de todas e por iso é vermello.
Editado o 22 de maio de 2014
O disco vermello é unha produción de Ataque Escampe / O longo adeus para Discos da Máquina.

Foi gravado, mesturado e masterizado por Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro (Friol) entre marzo e maio de 2014

1. Os problemas crecen
2. Horas extra
3. Música industrial
4. 2006
5. San Marino
6. Street fighter
7. A balada de Violetta von Lichnowsky
8. Salvarei o mundo
9. Orde e progreso
10.Arder
11. Estraña forma de vida

Todos os temas foron compostos por Ataque Escampe

Ataque Escampe nesta gravación:

Miguel Mosqueira: guitarras e palmas
Samuel Solleiro: guitarras, banxo, harmónica e saz
Lois G. Carlín: baixo, teclados, saxo, programacións e coros
Roi Vidal: voz, melódica, pandeireta e coros
Álex Charlón: voz e coros
con
Álvaro Trillo: batería

E tamén: Ran Xing Zhang (voz en “Horas extra”), Wallis Chan (voz final en “Horas extra”) e Alba Álvarez (chelo en “Salvarei o mundo” e “San Marino”)

O deseño gráfico é de Misha Bies Golas

Tal e como prometeran Ataque Escampe unha vez acadados os 2000 me gusta na sua paxina do facebook deixan a libre descarga o seu Disco Vermello desde o seu bandcamp.
https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/o-disco-vermello
dadelle me gusta no seu facebook
https://www.facebook.com/pages/Ataque-Escampe/38369659628?ref=ts&fref=ts <



http://vimeo.com/93074157
http://vimeo.com/93074157
Ataque Escampe Arder
Dirixido por Mar Catarina
Interpretado por Ariadna G. Chas, Ana G. Granja, Mar Catarina, Lúa Picnik, Patricia Fernández, Samuel Solleiro, Xoán Lois G. Carlín, Roi Vidal, Miguel Mosqueira, Álex Charlón e Rubén Domínguez
Dirección de fotografía: Clara Aveal e Mar Catarina
Montaxe e postprodución: Clara Aveal e Sara Salcedo
Producido por Prenom coa axuda de Borja Seoane
Agradecementos: Borja Seoane, Rubén Domínguez, Brais Vieites, Hugo Vieites, Pablo Lamosa, David Mourelos, Narda Rubianes, Nano Vázquez Estraviz, Cecilia Rubianes e Xesús Serantes
"Arder" extraída de "O disco vermello" de ATAQUE ESCAMPE (Discos da Máquina, 2014)
https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/arder

https://www.youtube.com/watch?v=ogjb3hjpqp4&feature=youtu.be
Ataque escampe - Estraña forma de vida
Videoclip da canción Estraña forma de vida (O disco vermello, 2014)
Imaxes do filme Solaris de Andréi Tarkovski, cedidas por Mosfilm.
Unha produción de Senhorito films.
https://www.youtube.com/watch?v=ogjb3hjpqp4&feature=youtu.be



Noites de agosto con Ataque Escampe 2012

Con este EP, os de Vista Alegre (Compostela) volveron o seu ollar irónico cara ao universo da verbena, recuperando o espírito das orquestras populares e convertendo o torreiro da festa nun lugar desde o que contemplar esta pequena traxedia persoal e colectiva que acabou por envolvelo todo.

O grupo visita con fachenda crooner xéneros tan variados como a cumbia e o krautrock, o bolero e o calipso, para celebrar o recordo das últimas noites do verán como ese momento no que os soños ou se fan realidade ou fican esquecidos para sempre no máis fondo do padal.
Con estas sete cancións, hedonistas e desesperadas, románticas e sempre de volta, feitas para bailar e aparearse, para botar unha gargallada veciñal ou para homenaxear a felicidade dun tempo de abundancia e paparota, o disco Noites de agosto con Ataque Escampe é, en definitiva, un palco desde o que entoar a coro a íntima melodía da resistencia, a promesa ambigua dunha estrela fugaz e derradeira.

Sommernachtstraum
Vista Alegre Social Club (vol. 1)
A vitoria
Noites de agosto
O amor en technicolor
La vita nuova
Vista Alegre Social Club (vol. 2)

Todos os temas compostos por Ataque Escampe Editado o 24 de decembro de 2012


Noites de agosto con Ataque Escampe é unha produción de Ataque Escampe / O longo adeus para Discos da máquina. Foi gravado e mesturado por Tomás Ageitos nos estudios A Ponte (Ames) en agosto e setembro de 2012 e masterizado polo Dr. Chou en outubro de 2012.


O grupo de coros estivo composto por: Paku Granxa, Mark Wiersma, Xoán Lois G. Carlín, Miguel Mosqueira e Roi Vidal.
Acompañáronnos: Álvaro Trillo (congas en “Noites de agosto”, “La vita nuova” e “Vista Alegre Social Club, vol. 2”; pailas en “Noites de agosto”), Tomás Ageitos (batería en “Noites de agosto”), Benxamín Otero (óboe en “La vita nuova” e “O amor en technicolor”) e Marcos Paino (bombo en “Vista Alegre Social Club, vol. 2”).

A fotografía foi tomada por David Silva coa colaboración de Alba Cacheda en Lariño (Carnota) en agosto de 2012.

O deseño gráfico é de David Silva.




Xa podedes ESCOITAR, MERCAR OU DESCARGAR NOITES DE AGOSTO CON ATAUQE ESCAMPE



VIOLENTOS ANOS DEZ 2011
O mundo arderá. Verémolo arder. É o momento de parar o xogo de forzas centrípetas (Galicia es una mierda) e centrífugas (A grande evasión) e debuxar algunhas outras constelacións. É o momento no que o ambiente que nos envolve é tan abafante que nos sentimos, curiosamente, máis despreocupadas e serenas que nunca. Os anos dez traen a cara engurrada dos policías xubilados. Tanto nos ten: nunca seremos policías e nunca estaremos xubiladas. Facemos cancións porque non temos emprego. Non queremos dicir, porque se trata case dun tópico, que o ritmo do baile son os latexos de milleiros de pequenos corazóns subalternos. Mais ímolo dicir: o ritmo do baile son os latexos de milleiros de pequenos corazóns subalternos. Desta vez si, ficamos na periferia. O Haití é aquí. Os negros aforcados balánzanse entre os eucaliptos. Doce fogar, Alabama. Pasaremos a bailar as noites no ghetto, e será importante. Estamos por todas as partes e somos invisíbeis desde os avións.

Todos os temas compostos por Ataque Escampe agás “Festa malandrómica” (Hevi / Caldeirada)

Violentos anos dez foi gravado, mesturado e masterizado por Arturo Vaquero e Jahel Piñeiro nos estudios Abrigueiro (Friol) do 7 ao 16 de marzo de 2011. Algúns instrumentos graváronse nas casas de Marcos Payno, Carlos Quintá, Mark Wiersma e Miguel Mosqueira.
Deseño gráfico: cherylsinner@gmail.com
Fotografía interior: Alba Viñas
Producido por Ataque Escampe / O longo adeus (Miguel Mosqueira e Samuel Solleiro)
Coa colaboración especial de: Pandeireteiras Bouba (pandeiretas en “Spiritual 2019”), Carlos Quintá (xoguetes en “Once Upon a Time: a Terra Cha”), Manuel Paino (arranxos de vento, trompeta en “Pel de serpe” e “Spiritual 2019”), Marcos Paino (saxo barítono en “Pel de serpe”), Martiño Domínguez (saxo tenor en “Pel de serpe” e “Segunda división”), Marco Gelpi (berimbau en “Once Upon a Time: a Terra Cha” e “Pel de serpe”) e Francesc 'Paq' Esteve (acordeón en “Festa malandrómica”). 

Nunca saberán que participaron neste disco: Raoul Walsh, Billie Holiday, Juan Luis Guerra, Sabrina Salerno, Los Enemigos, Howard Hawks, Bobby Womack, Toni Morrison, Rosalía de Castro, Sergio Leone, The Staple Singers, Robert Haas, Celia Gámez, Xiana Arias Rego, Angelo Badalamenti, James Clavell, Tony Joe White, Curtis Mayfield, San Paulo, Bob Kelljan, Xosé Luís Méndez Ferrín, Banda Blanca, Manuel Vilas, Gloria Gaynor, Robert Louis Stevenson, ABBA, Chus Pato, John Ashbery, The Supremes, Sylvie Vartan, John Ford, Yoichi Takahashi, Clint Eastwood, Harriet Beecher Stowe, Martha Reeves, John Coltrane, George Stevens e Cantinflas. Respecto. A propiedade intelectual é un roubo.

Segunda división

https://www.youtube.com/watch?v=S-xjk9HlDeo
 


A cabana do tío Tom

https://www.youtube.com/watch?v=Z7G9UEH_9G4
 


Para descargar violentos anos dez da Plataforma a Regueifa : ATAQUE ESCAMPE - Violentos anos dez (2011).zip



 A grande evasión (2009)

1.A grande evasión
2.Europa e o ballet
3.Turnip Fields Forever
4.Narval
5.Lavacolla
6.A febre
7.Sempre nos matan
8.Os vingativos
9.Ti es Lawrence?
10.Alvedro
11.O futuro da navegación
12.O último vampiro
13.No estómago dun crocodilo
14.Estrela errante

Todos os temas compostos por Ataque Escampe
Grabadonos estudos do edificio Avante (Santiago de Compostela), por  Marcos Payno y Tomás Axeitos
Mezclas: Tomás Axeitos y Marcos Payno
Masterización: Chou
Fotografía: Alba Viñas
Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo



Galicia es una fiesta (2008)

1.Anakiro Toriyama
2.3 bailes con Lenin
3.Galicia es una fiesta
4.Nadina en Bristol
5.Canción para pechar a parte de abaixo do Ruta ...


http://discosdamaquina.com/portfolio/ataque-escampe-meets-dr-painkiller-galicia-es-una-fiesta-2008/?lang=es








Galicia es una mierda (2008)

1.Akira Toriyama
2.A granxa de Alexandre
3.Nadina
4.A banda desdenhada (entre O Leo e o mamoneo)
5.Serafín
6.I'm Not Your Man
7.Canción para pechar o Ruta
8.Quero ser o malo da película
9.Vista Alegre
10.Arredor da cuestión nacional

Todos os temas compostos por Ataque Escampe
Gravouse nol estudo Pousada Son (Ames)


Son e misturas: Yago Pico

Masterización: Noel Feáns

Producción: Ataque Escampe

Ilustración e deseño: Adrián Solleiro

Fotografía: Alba Viñas
http://discosdamaquina.com/portfolio/ataque-escampe-galicia-es-una-mierda-2008/?lang=es



Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (2007)
1.Ourizo
2.Tango do sintasol
3.Móbel-bar
4.Afganistán canto
5.Ana e o caracol
6.Verdadeiro muro de Berlín
7.Mira
8.Rock de serie B

Todos os temas compostos por Ataque Escampe, excepto “Mira” (sobre un poema de Chus Pato).

Cara A: Grabado en Brántega (Agolada)

Técnico de son: Benxamín Otero

Misturas: Benxamín Otero

Producción: Ataque Escampe

Serie B: Grabado ao vivo no café Uf (Vigo),en mini-disc. Retocado por Benxamín Otero

Deseño da capa: Xosé Carlos Hidalgo




Contacto:  
ataqueescampe@gmail.com 
(+34) 625789363
 

Myspace: http://www.myspace.com/ataquescampe
 

Blog: http://ataqueescampe.blogspot.com

bandcamp:ataque escampe Bandcamp

Mais info en: Discos da maquina
 http://discosdamaquina.com/portfolio/ataque-escampe-o-disco-vermello-2014/?lang=gl