COVALBLU

Para escoitar COVALBÚ preme eiqui

Esta banda naceu en 2007 por mor das inquedanzas que os seus cinco compoñentes amosan pola música tradicional galega. A súa orixinal proposta musical baséase nunha persoal mestura de folk, música tradicional galega e de fusión de diversos estilos coma bossanova ou blues, coa que Covalblú irrompe con forza no actual panorama musical galego. Os cinco instrumentos que compoñen Covalblú (arpa celta, violín, guitarra clásica, violoncello e percusión) xunto con dúas voces (unha masculina e outra feminina), permítenlle apostar fortemente por un formato acústico.

Agora veñen de editar en autoprodución,  o disco Mai. A proposta desta formación incide nas cancións cantadas, coas voces da arpista Clara Pino e o violoncelista Alfonso Abel, nun concepto musical moderno.As pezas propias misturanse coas tradicionais, cunha versión do gran artista portugués Fausto e cun tema creado para eles por Rodrigo Romaní.


musica en galego covalblú