A MAGNIFIQUE BANDE

Para escoitar A MAGNIFIQUE BANDE preme eiqui

Se vostede atopa algun destes persoeiros non dude en avisar:
Miguelon: caixa
Alex Salgueiro: Bombo e charles
Abel Leonardo: Guitarra electrica
Bochu: Tuba
Justo Alcalde: Fagot
Manoliño: Trombon
Olivier Cano: Saxo Alto
Martiño: Saxo Tenor
Manu Paino: Tromp
eta

Prepárense vostedes para sucumbir ós encantos dos homes sen medo da Magnifique Bande, uns pintorescos á par que elegantes persoeiros que motivados polo seu voraz ego decidiron utilizar os seus coñecementos (son xente con estudos, algúns deles incluso musicais) para o deleite da plebe, paseantes, melómanos, festeiros… en definitiva, a chusma que non ten qué facer. Formada por tuba, trombón, trompeta, saxo alto, saxo tenor, fagot, guitarra e percusións, a Magnifique Bande defínese como unha NON CHARANGA!!!. E vostedes se preguntarán o que é unha “non charanga”. Pois é moi simple: unha “non charanga” é unha banda de vento e percusión que non toca nin pasodobres, muiñeiras ou cumbias, ou sexa, todo o contrario do que vostedes poden entender por unha charanga. Se atopan algún home sen medo, eviten achegarse demasiado a eles pois debido á sua falta de civismo porán en perigo a súa integridade sexual, sexa o que iso sexa. Recomendamos, por último, non perder de vista a súa carteira en presencia dos enxendros que forman a MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEEEEEN MEDO!!!


Para mais info amagnifiquebande.net