O KE OH


Para escoitar O KE OH preme eiqui


AdolFITO (batera)(voz)
Angel NORTE (baixo)(voz)
MARKOS (guitarra)(voz)
JuanFANDI (guitarra)(voz)
FABIANO elGrone (voz principal)


BIO:
“OKEOH” formouse a principios de 2010,co obxetivo de facer musica e pasalo ben. Fundámolo Fito; Markos, Norte e Rubén. Comezamos a ensaiar na antiga escola de Trobe tocando versións e compoñendo temas propios. Aos 4 meses, xa tocabamos en locais e festas da zona ata que a mediados de ano Rubén abandonou o grupo por motivos persoais, cousa que nos obrigou a continuar os tres en solitario. Xuntos sacamos adiante varios concertos que tiñamos programados. A principios de 2011 uníronse dous novos membros ó grupo, FANDI e GRONE, completando a formación de 5 membros.
A partir de aí, dado que empezaron a xurdir moitas ideas e os temas fluían rápido, decidimos centrarnos en compoñer a nosa propia música. A mediados de ano gravamos a nosa primeira maqueta en POUSADA SON, o que nos sirveu de aprendizaxe e experiencia para seguir traballando e mellorar e a finais de ano gravamos o noso primeiro tema de estudio, para colaborar dentro dun recopilatorio do concello de Teo con outros grupos da comarca que tamén, coma nós, cantan en galego chamado EXPRESATE-OH. O 2012 foi un ano moi produtivo a nivel de composición e concertos, que nos levaron a coñecer sitios como O Grove, Arbo ou Lariño, e atoparnos con xente de puta nai que nos trataron de forma exemplar en cada pobo que visitamos. Moitas grazas a todos!! En Febreiro de 2013 entramos no estudo de A CASA DO ROCK, e gravamos "Balas de Goma" e "Virus" (podédelo escoitar en www.okeoh.bandcamp.com). En Abril, FANDI decidiu deixar o grupo. A el sempre lle estaremos agradecidos por todo o que fixemos xuntos e por compartir experiencias e outras cousas que non imos nombrar. Os catro continuamos compoñendo novos temas e facendo concertos dende o 2013 ata o presente, e seguirémolo facendo por moitos mais. A nosa música ten moitas influencias dende rock. punk, harcore ou metal, e as letras son reivindicativas.

Contacto:  
o_que_o@hotamail.es
633101182 / 663443659




























































musica en galego o ke oh
musicaengalego okeoh