SALTA NO CRIBO

Para escoitar SALTA NO CRIBO preme eiqui
son:
Luis: gaita e clarinete         Pablo: violín
José Manuél: acordeón       Carolina: voz e pandeireta
Ismael: percusión               Rebeca: bombo e percusión
Suso: frauta e gaita            Braulio: guitarra

Dende as bretemas mornas do val, da montaña, que abriga as músicas dos nosos ancellos, músicas que aínda resoan, cantigas e notas que arrecenden a outrora. Traspasando as fronteiras do pasado e do agora, atopados na fala e atopaos na escoita, co murmurio do Sarria que acariña o pasar As Aceas nace Saltanocribo. ¿ Qué é Saltanocribo? E unha nova formación musical da que forman parte músicos cun longo percorrido: Membros de Xarín, gaiteiros do Incio, membros de Os Eoas, de A Quenlla; que actuaron en distintos lugares de Galicia, Francia e Portugal. Estamos unidos pola inquedenza de remexer nas nosas músicas de raiz, e pola ilusión de facer algo novo,abríndonos a novas influencias, e na espera de gustar, fundamentalmente de gustar a todos os que nos escoiten. Gracias polo voso tempo. ..

Para máis info www.saltanocribo.net