SÉS Maria Xosé Silva

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. 


OPOÑERSE Á EXTINCIÓN é o cuarto álbum oficial de SES e chegará aos nosos ouvidos o vindeiro 2 de decembro.

SES é forza, incorformismo e paixón. Cantautora que viste as súas cancións de blues, rock e sons latinoamericanos acompañados dunhas letras de marcado carácter reivindicativo contra case todo o establecido.

Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… SÉS é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario: María Xosé Silvar,  lidera SÉS cun torrente de voz imposible, espontánea e chea do eclecticismo máis festeiro e bailable. 

OPOÑERSE Á EXTINCIÓN segue a liña do inconfundible estilo de SES coas novas composicións e diferentes temáticas onde fai demostración da gran voz que posúe. Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior. 

A SES compositora vai medrando e madurando, aínda que sigue a tratar os temas de sempre: o amor en todas as súas versións (inclúe unha canción dedicada á filla dunha das súas cantoras), sen esquecer un tema clave da súa personalidade como artista, a denuncia social.

LISTADO DE TEMAS:

1. Torre de Almasí
2. Desde o Altar
3. A Sodomita
4. Dúas Lúas
5. A Paz Esquiva
6. Con Tambores de Mar
7. Polo Teu Corazón
8. Co Sorriso Ante a Malicia
9. Bótanlle Leña
10. Se A Alma Non Me Doe
11. Romance Da Bela Rosa
12. Semente De Vencer
 
A PAZ ESQUIVA

https://www.youtube.com/watch?v=uiVh0t2fw_I
 

DISCOGRAFIA PREVIA:

TRONZAR OS VALOS (2015) editado por Fol Música reúne 12 novas cancións (tronzar os valos, opio barato, 2000 anos máis, Sentir Sen Pensar, Como Eu Canto, Novas Ganas de Soñar, Baixo o Cemento, Máis Que Quimera,
Humanamente , Iconoclasta, Un Pensamento, Un Xeito de Borrarte ).



“TRONZAR OS VALOS” un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo.


https://www.youtube.com/watch?v=_giwXzvr4t0
SES - TRONZAR OS VALOS

Dispoñible edición física e álbum dixital 

Zona de compras  |  Amazon
Spotify  |  Deezer  | iTunes  | Google Play




"Co xenio destrozado" 

Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia  SÉS,  neste traballo contou cos músicos: 
Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e 
Fran Sanz (baixo).
Un proxecto en feminino no que o carácter, a forza e a creatividade de María Xosé rompe o molde da muller na música galega. 






"Admirando a condición" (2011)
Logo de colaborar con grupos coma Zënzar ou Xabier Díaz, publica o primeiro disco de Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar), un proxecto 100% en galego e 100% en feminino.

Para escoita-LO preme eiqui



COLABORACIÓNS:

Sés, María Xosé Silvar ten colaborado con outros grupos e artistas, dos máis destacados do panorama galego.
Con Zënzar canta con Bocixa  da mítica banda rockeira de Cerceda a peza ‘Caneando ruainas’, escrita nunha antiga xerga empregada polos canteiros ourensáns, incluido no disco ‘A tribu’.

Con  Xabier Díaz e Guillerme Fernández,  participou no  álbum titulado ‘Arrolos de Salitre’, interpretando unha fermosa nana, ‘Caravel de mel’.

https://www.flickr.com/photos/24629645@N06/sets/72157643280111225/

Eiqui vos deixamos o enlace coas fotos do Concerto de SES na reconquista de Vigo. Agardo que vos gusten. O/A que queira algunha so ten que mandar un privado co seu correo electronico e mandamoslle un DropBox https://www.flickr.com/photos/24629645@N06/sets/72157643280111225/




CONTRATACIÓN SES

DZPro
 

ivan@dezetapro.com
 
T. +34 649381132
 

Máis info na sua páxina web SÉS



FORMACION PREVIA:

En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.


Chámalle Xis

https://www.youtube.com/watch?v=gY30_v5i7Ek

 https://www.youtube.com/watch?v=gY30_v5i7Ek


Chámalle Xis! Pepa

https://www.youtube.com/watch?v=oQml4G0VrGs

 https://www.youtube.com/watch?v=oQml4G0VrGs