HEREDEIROS DA CRUS



Heredeiros da Crus foi fundado no ano 1992 por Antón Axeitos (Tonhito de Poi),   Antonio Novo (Tuchiño) como guitarrista, Francisco Velo (O Jran fran) comobajo e Javier Vazquez Maneiro (Jarfuxo) como voz, en Castiñeiras, Riveira, provincia de A Coruña. Por él pasaron varios baterías, sendo o último Pedro Rodriguez-Trelles, e antes del Avelino, Benito, Pepe Santamaría "Medin" (a meirande parte da vida do grupo) ou Marcos Otero.



https://heredeirosdacrus.bandcamp.com/merch/1992-1999

HEREDEIROS DA CRUS reeditan catro dos seus primeiros discos no digipack 1992-1999:
A Cuadrilla de Pepa a Loba,
Está que te cajas,
Des Minutos e
Erecsións Munisipais
a un presio de risa! Xa está dispoñible nas vosas tendas habituais e se non queredes comervos o tarro e que volo manden a casa, aquí:

https://heredeirosdacrus.bandcamp.com/merch/1992-1999

eiqui tendes tres dos seus videos dadella a >| para pasar os outros
Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, ‘A Cuadrilla de Pepa a Loba’, un álbume que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como ‘Quero josar’ ou ‘O fillo de José’. Beni, alias ‘o fillo de Ampartio’ era o batería nesta formación inicial, un posto que logo ocuparon Pepe Santamaría (entre 1995 e 1999), Marcos Otero (no directo All right Chicago), Pedro Rodríguez alias ‘Trelles’ (no disco Chicarrón) e Manu para a xira de 2012.
As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse
Logo de converterse nun dos grupos insgina do Xabarín Club –o mítico programa infantil da TVG para o que gravaron temas e videoclips hoxe históricos como Que jallo é ou Íscalle Lura –, e de ofrecer ducias de concertos sempre memorables (e normalmente polémicos) por toda Galicia e parte do estranxeiro (chegaron a actuar en Londres e Nova York), en 1996 edítase o segundo disco de Heredeiros da Crus: Está que te cajas!!,  con temas emblemáticos como ‘O teu fillo fuma porros’, a melancólica ‘A chaqueta de lana’ ou Frenaso no calsonsillo’, unha peza na que colabora o mesmísimo Rosendo Mercado.
En 1997 os Heredeiros publican dous traballos: ‘Criatura’, un EP de cinco temas (entre eles, outro himno:  ‘Non quero nada de ti’) e ‘Des Minutos’, no que empezan a versionar cunha exitosa versión do ‘My Sharona’, que eles titularon ‘Vaiche boa’. O seguinte álbume publicouse dous anos despois, en 1999, baixo o título ‘Erecsiones munisipales’: un disco que por primeira vez conta con outros instrumentos e sonoridades como os metais nalgunhas pezas.
Un ano despois, en 2000, Heredeiros da Crus publican o seu sexto disco, un dobre álbume gravado en directo, titulado ‘All right Chicago” (que converteu a Heredeiros na primeira banda galega en editar un disco en directo), no que se pode apreciar a potencia do grupo de riba dos escenarios, un lugar onde todo é posible: disfraces, improvisacións, lanzamento de obxectos, colaboracións do público, mesmo stripteases…
Logo de catro nos que, entre outros proxectos, editaron un disco de versións baixo o nome de ‘Recambios Tucho’ (2001), en 2004 publicaron o seu sétimo (e último) disco como Heredeiros da Crus: ‘Chicarrón’, un traballo con sons máis pausados que incluía un dvd con material extra (unha iniciativa tamén pioneira na música en galego ).
En 2005, o grupo retírase dos escenarios e cada un dos heredeiros inicia os seus propios proxectos musicais: Javi funda o grupo Jabon Blue coa colaboración de Tucho (unha formación de rock contudente que xa vai camiño do seu cuarto disco), Tonhito fai o mesmo con A Banda de Poi  (un vangardista proxecto galaico-portugués), Fran participa nas bandas acústicas Mustang e The Lákazans…
En 2012, cando se cumpren 20 anos daquel primeiro concerto na Dorna, os Heredeiros da Crus, os máis jrandes, volven aos escenarios para dalo todo. Unha xira que comezou na discoteca LP45 Ordes (A Coruña) o 3 de marzo de 2012 cun concerto memorable para todos os asistentes. Despois de tocar nos principais festivais do país ese verán (Nordestazo, Brincadeira, Derrame, Music Way, Rías Baixas e Arreaocabo), en 2013 Heredeiros da Crus mantiveron a súa promesa de publicar un novo disco (o primeiro de estudo despois de nove anos) con 12 temas inéditos: Jard Rock con Fe, que se presenta en directo no verán 2013.
Jard Rock con Fe
Despois de case dez anos sen publicar temas novos, Heredeiros da Crus presenta Jard Rock con Fe, o noveno traballo discográfico da súa exitosa e prolongada carreira. Un traballo fiel ao seu título: con moito "jard", moito rock e tamén moita fe. Fe nos riffs poderosos de A Duquesa de Poi ou Non che teño medo, fe nas grandes baladas rock como María ou Corasón de Carballo, e sobre todo fe nas letras descaradas, o falar coloquial e a actitude irreverente pola que sempre se caracterizou a banda de Ribeira. Un feixe de 12 cancións, moi esperado polos fieis seguedores de Heredeiros da Crus, que levaban case dez anos sen publicar disco de estudo.



En 1993 presentan o seu primero traballo en directo, A cuadrilla de Pepa a loba, que publican no 1994. Nel incluense cancións que alcanzan popularidade entre a xuventude galega dos 90 como: Quero josar ou R7-O Jran batacaso, ainda que o éxito chegalles con Que jallo é , Íscalle Lura e O porquiño que se emitían no programa infantil da TVG Xabarín Club.


Con Está que te cajas Heredeiros da Crus conviertense no grupo galego con mellor aceptación comercial.
Tamén foron o primeiro grupo de rock en galego en grabar un dobre directo All Right Chicago ou un DVD Chicarrón.

Ademáis as suas escapadas o extranxeiro: Portugal, Nueva York, Londres ... contaron cunha boa afluencia de público.

No ano 2005 despois da marcha de Tonhito de Poi para formar A Banda de Tonhito de Poi o grupo desfaise.


Actualmente, os seus compoñentes atopanse noutros proxectos.

Tonhito de Poi está iniciando su carreira en solitario con "Maruja da cansela" despois de lanzar discos con "A Banda de Poi" e "Tonhito de Poi e Rasa Loba".

• Javi en "Jabon Blue" co  que xa ten 3 discos no mercado.

• Tuchiño con "Recambios Tucho", grupo que versiona os mismos Heredeiros e co que ten feito temas nuevos do mesmo estilo.

• Fran Velo con "Mustang", grupo que adaptan clásicos do rock en formato acústico.

Discografia:



A cuadrilla de Pepa a loba"1994"(Xurelo Roxo)






¡¡Está que te cajas!!" 1995" (Xurelo Roxo)





Criatura 1997 (Boa)





Des Minutos 1997 (Boa)





Erecsiones munisipales 1999 (Boa)






All Right Chicago 2000 (Boa)




Recambios tucho ou Cansiones Rcauchutadas 2001




Chicharrón 2004 (Boa)