VAS SACER NOTA 2012

Benvidos a unha nova edición do VAS SACAR NOTA?, e xa van tres! Este ano, de novo, a Radio Galega vai facer unha forte aposta polos músicos galegos buscando a nosa canción do verán.  Agardamos as vosas propostas musicais dende XA, sempre tendo un ollo no aire desenfadado,  a alegría e o bo roio que transmite esta época do ano. Podedes consultar as bases neste mesmo blog do VAS SACAR NOTA? Como novidade, este ano temos catro categorías de premios: o premio do xurado (Premio dos Druídas), o premio do voto por internet (Premio da Bancada), o premio do voto por teléfono (Premio Telefonazo) e o premio do voto por SMS (Premio SáeSeMe). Cada unha destas categorías terá os seus respectivos agasallos que podedes consultar nas bases.
Agardamos as vosas propostas. Debedes enviarnos os temas (tede en conta que a calidade será fundamental; os formatos de audio comprimido terán que ter un Bitrate mínimo de 256kbps e os formatos nos que admitiremos os temas son MP2, MP3 ou WAV), unha foto do grupo ou solista, a letra da canción e unha pequena biografía do grupo a:
 vas-sacar-nota@crtvg.es.
 Tedes ata o 22 de xullo 
 (incluído) para facernos chegar as vosas cancións do verán, que por suposto serán radiadas durante estas semanas en varios programas da Radio Galega e de Radio Galega Música. Se o preferides, podedes mandarnos o tema en CD, coa foto, a letra e a biografía por correo postal ao seguinte enderezo:  VAS SACAR NOTA? Programa Somos quen. Radio Galega. Bando. San Marcos S/N 15820 Santiago de Compostela. IMPORTANTE!: se mandades as cancións por correo ordinario deben ter como data límite de saída o 15 de xullo!
Cando se vaia achegando o final da FASE DE RECEPCIÓN, anunciaremos tanto vía web como na radio, o comezo do prazo de votacións.
Damos o pistoletazo de saída a esta edición 2012 do VAS SACAR NOTA? Que comece a música!!!

MÁIS INFO EN: VAS SACAR NOTA