VICKY POLARD

Para escoita  VICKY POLARD preme eiqui
son:
Afonso Traficante batería
Carlos Gómez (Charli) guitarra
Yulián Sambade guitarra e voz
Fiz García baixo
Manuel González (Chicho) guitarra





Vicky Polard nace en outubro de 2010 cando dous rapaces se reencontran inesperadamente nun festival de música independente en Trazo despois de moitos anos. Na mesma noite deixan ver que os seus gustos musicais son similares e deciden comezar a ensaiar no conservatorio de Santiago. Máis tarde entra un baixista no grupo (Fiz García) e comezan a ensaiar de xeito regular. Barallan a posibilidade de incluir outra guitarra que lle daría potencia e achegaría novos sons á xa formada banda (Carlos Gómez).  Seguimos ás andadas dende aquela intentando achegar novos sons á música galega deixándonos levar polas influencias de grupos coma Joy Division, Nirvana, Pearl Jam,...etc.

2014 Mutt

Oh¡ Nico Grifo Seh
Si, il vio, verlo, usconi
19 de maio
Pensamento profundo (42)
Zacarías e o dragão zombi

Gravado e producido por (e con) Hevi en Laboratorios Soyuz.

Masterizado en SAE mastering por Roger Seibel.
Todos os temas compostos por Vicky Polard.

Realizado grazas ó Crowfounding. 


Gravacións Previas. Sen Säida.



Son un puto verme
nun mar de sangue
debaixo da terra
onde debo de estar

Son o teu escravo
un mártir da morte
inmerso no erro
do reino animal


Destrózame lentamente
arríncame a gorxa
ensina os teus estigmas
e inicia a revolta


Sinto os seus berros ó lonxe
sinto o meu sangue nos beizos
sinto as cadeas da morte
arrástranme cara o baleiro

 Grabado e producido por Vicky Polard, Adrian Hernández (Kr3cho) e Mou en A casa do Rock. Masterizado en Mastering Mansion (Madrid)

http://vickypolard.bandcamp.com/track/sem-s-ida 

03/11/2014 Queremos anunciar tamén que imos a deixar os escenarios xunto ao proxecto no que levamos traballando 4 anos e madurando con el. Foi para nós unha experiencia incrible compartir dende tan novos táboas con tantas bandas que remataron sendo irmáns, coñecer a tanta xente marabillosa e aprender tantísimo deles. Enriquecernos, pero de verdade. Neste anos medramos xuntos ate acabar sendo unha Familia que xamáis deixará de vivir por e para a música e de facer o que máis nos enche e nos satisfai: Tocar. Todo isto non sería posible sen todos aqueles que estiveron sempre ó noso carón, os nosos amigos, as familias, os locais, os músicos e todos aqueles que alguna vez vos achegáchedes a nos. Deixamos aqui o froito deste traballo que remata hoxe. Non queremos que esto sexa un adeus, se non un ata logo, un capítulo máis deste libro que para nós foi subirnos a un escenario por primeira vez. Moitas gracias a todos os que puxeron todas as súas gañas e ilusión en que esto funcionase e que por circunstancias alleas á nosa vontade nos vemos na obriga de poñer un punto e aparte. Dende o noso peito as máis sinceras gracias. Nada máis que decir ca iso: GRACIAS GRACIAS E GRACIAS.

CONTACTO:     vickypolardband@gmail.com