NO SURRENDER

Para escoitar NO SURRENDER preme eiqui

Son:

Aaron - bateria
Carlos - guitarra e coros
Mikel - baixo e coros
Jorge - voz

"Comezamos a ensaiar en 2008 con máis ganas que aptitudes, co fin de formar unha banda e aportar algo á escasa escea punkrocker da nosa cidade, A Coruña. Tras uns meses sen baixista, únese ó grupo Mikel Post Mortem en abril do 2009 e a partir dese intre, xa con todos os postos cubertos, comezamos a tomarnos máis en serio os ensaios e ir incorporando progresivamente cancións propias ao repertorio. A banda bebe tanto da influencia de bandas galegas como Skacha, Keltoi!, Radio Océano, Skarmento ou Disturbio 77 entre outras, como tamén de bandas da escea punk estatal, inglesa e americana principalmente, dando lugar a un estilo punk rock aberto e melódico pero mantendo unha base clásica. Neste 2010 entramos por vez primeira a un estudo de gravación e realizamos o noso debut en directo acompañando a unha das lendas do punk galaico, os vigueses Skacha. Esta é ata o de agora a nosa curta historia."

Contacto:  nosurrender77@hotmail.com



musicaengalego nosurrender punk rock
musica en galego no surrender punk rock

A CAZA DO GHAZAFELLO

A caza do ghazafello
López Horro, Denís (Autor/a)
Payno, Marcos (Autor/a)
Torrado Blanco, Valentín (Autor/a)
López Díaz, Sara (Ilustrador/a)

Este non vai ser un paseo para preguiceiros. Vai ter que esforzarse moito o teu tacto, o teu gusto –haberá comida a eito–, encherás o teu ouvido con imaxes marabillosas... E sobre todo vai ter que traballar a feito o músculo de pensar, ese sentido que non se ve, que lle chaman imaxinación. Espero que a teñas ben adestrada porque lle imos ofrecer en doses moi altas o alimento que máis a excita: os debuxos, a música e as palabras. (Xurxo Souto) Música interpretada pola Orquestra das Ánimas Coas voces de: Antón Reixa - Xurxo Souto - Ugia Pedreira Pulpiño Viascón - Carcía MC, Ico Manolo Maseda - Coralie Yap-Chine 

Editorial Xerais




musicaenglaego a caza do ghazafello
nusica en galego a caza do ghazafello

IAGO FERNANDEZ

Para escoitar IAGO FERNANDEZ preme eiqui

Iniciou os estudos musicais no Conservatório Profesional de Música de Cangas, especialidade de Percusión. Entre 2002 e 2006 frecuenta o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (spjp) cos profesores Abe Rábade e Paco Charlín. En 2005 e 2006 assiste ao Workshop de Tavira (Portugal) onde recibe clases de Tony Moreno, John O'Gallagher, Allan Ferber, Dave Phillips, Rez Abasi, Russ Johnson e Russ Lossing.En xullo do 2007 é finalista do Concurso Internacional de grupos do Festival de Jazz de Getxo co grupo Mr. Chacho, teloneando ao mesmísimo Charlie Haden. Dito grupo tamén foi seleccionado polo instituto da xuventude (INJUVE). Ten participado en Master Classes con Miguel Zenón, E.J. Strickland, Jeff Williams, Donald Edwards, Jonathan Blake, Walter Smith III, Marcus Gilmore, Aaron Goldberg, Mike Moreno, Marcus Strickland, Lage Lund, Logan Richardson, Ambrose Akinmusire, Greg Rugiero, Jaleel Shaw, Jonathan Kreisberg, Jesús Santandreu, Bruno Pedroso, Carlos Barreto, Joao Moreira, Mario Barreiros e Ramón Angel Rey entre outros. En Agosto do 2009 participa no "Begues Jazz Camp" onde recibe clases de Ben Street, Mark Turner, Jordi Rossy, Ben Monder e Michael Kanan. En Xuño de 2010 gradúase no centro superior de música do País Basco (Musikene) na especialidade de jazz-batería, no cal recibiu clases de Jordi Rossy, Perico Sambeat, Jo Krause, Albert Sanz, Guillermo Klein, Chris Kase y Guillermo McGuill entre outros. Aos seus 23 anos xa ten tocado nos mais importantes festivais de jazz da península (Getxo, Madrid, Ibiza, Pontevedra, Lugo, San Sebastián, Vigo) ademáis de Guayaquil e Quito (Ecuador) con músicos moi reconocidos internacionalmente como son Perico Sambeat, Jesús Santandreu, Marcus Strickland, Lage Lund, Masa Kamaguchi, Javier Colina, Albert Sanz, Chris Kase, Judy Niemack, Jordi Rossy, Paco Charlín, Nelson Cascais, Abe Rábade, Guillermo Klein, Demian Caboud, André Fernandes, Pedro Moreira, Javier Vercher, Andrzej Olejniczak, Román Filiu, Vrxilio da Silva e Xan Campos entre outros. Tamén gravou xa unha decena de discos, entre os que destacan Sound Colors de J.Santandreu, Guruka de N.Cascais, Canjazz Reunion de Canjazz Reunion e Evolution de Vistel Brothers. ..


Iago Fernández, batería natural de Cangas, preséntanos o seu primeiro disco gravado nos Boom Studios en Vilanova de Gaia que leva por título Agromando. Exceptuando o saxofonista (neste caso Pablo Castaño) todos os músicos que o acompañarán son os mesmos que no disco, o cal se pode adquirir por só 10€. O espectáculo incluirá un decorado especial para a ocasión e promete moita enerxía e interacción entre os músicos.

Pablo Castaño (saxo alto)
André Fernandes (guitarra eléctrica e acústica)
Virxilio Da Silva (guitarra eléctrica)
Xan Campos (teclado)
Demian Caboud (contrabaixo)
Iago Fernández (batería e composicións)
Andrés (técnico de son)







musicaengalego iago fernandez


musica en galego iago fernandez

PALOMA SUANZES

Para escoitar PALOMA SUANZES preme eiqui


Paloma Suanzes é esencialmente música; arranxa, compón, interpreta e disfruta de cada faceta musical que se lle presenta no seu camiño artístico. Nútrese da música antigua, da tradición galega, da música folk (do mundo) ademáis das súas propias emocións e inquedanzas  e do que lle inspiran poemas de escritores novos pouco coñecidos  e dos xa consagrados.

DISCOGRAFÍA.


Feitizo
1999 «Feitizo» Disco grabado en As Pontes por Paco Jarel. Sen Editar de Momento.
músicos: Xurxo Lois Varela (arreglista), Alicia Valle (flautista), Ana Pérez (Voces e percusión tradicional) e Paloma Suanzes Voz e Guitarra.


 Feitizo
1.- CURUXA
2.- QUAND´ORA FOR...
3.- MANDAD'EL COMIGO
4.- ZÉFIRO
5.- DON GAIFEROS DE MORMALTÁN
6.- FEITIZO
7.- A FASQUI DE PEDRA
8.- VENTO
9.- ERVEDEIRO
10.- FIA NA ROCA
11.- FOLIADA DE FOLGOSO
12.- VAMOS INDO

  

1999. Agosto-outubro «Feitizo» editado por Runa Records.
productor artístico; Daniel Sisto.
productor executivo; Juan Felpeto Ventureira
Músicos que participaron;
Os principais arranxos musicais dos temas foron a cargo de Pablo Pérez e Ramón Feáns ademáis de Xurxo Lois Varela.  Cada músico participou no disco aportando novas ideas cos seus instrumentos. Os músicos deste Disco son;
Pablo Caramés ( percusión. Do grupo Dhais), Pablo Pérez (Baixo eléctrico),
 Ramón Feáns (Bouzouqui e guitarras acústicas), Xurxo Lois Varela ( Viola de Gamba e chelo. Membro de moitos grupos de música antigua entre eles Mal Andança),
Ana Pérez ( voz, pertencía ó grupo folklórico Donas e Galáns), Ana Jesús Sánchez (voz, cantante de Martin Codax), Bugliot (gaita Vulgara e flautas), Luis (Batería) , Xan (mandolina. Do grupo Fía na Roca), ALmudena ( piano), Roberto Grandal (Acordeón), Juncal ( Violín), Nuria de León ( Arpa e Flautas), Pablo Sax ( Saxofón soprano).

De todos estes músicos formouse unha Banda con Nuria de León, Pablo Pérez, Jacobo Gallego, Chiri  (Ramón Feáns), Pablo Caramés e Pablo Sax coa que se realizaron varios concertos de presentación do disco.

Presentación do Disco en Galicia:

Ferrol; na Concatedral de San Xiao , Neda; (Concello de Fene) con Nuria de León ( harpa e flautas), Fene; no Teatro Perla, Coruña; no Pub ?La Terraza?e no Forum Céltico, Vigo; na Sala Sete Mares Santiago de Compostela; no salón teatro da fundación Caixa Galicia ( Novembro, Decembro do 1999), Casa das Crechas ( Xaneiro do 2000).

As Pontes; no teatro Alovi (xaneiro do 2000).


Presentación do Disco fora de Galicia.

Xira de «Artistas en Ruta» organizada pola
A.I.E.( Asociación de Intérpretes e Executantes). Oviedo na Sala Santa Sebe, Valladolid no Pub Tio Molonio, Salamanca na Sala El Corrillo, Plasencia- Cáceres na Sala Salamandra, Madrid na Sala Clamores. (Abril- Maio do 2000)















musicaengalego paloma suanzes
musica en galego paloma suanzes

Concerto presentación do disco "Eirexado s/n" de Berros do Castro

 
Hora
Domingo, 4 de diciembre · 18:00 - 19:30

Lugar
Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño
 
 
Presentación do disco dos Berros do Castro, un paquete de música que nos chega da man dos nosos músicos populares. Achegate o día 4 a San Sadurniño e poderás escoitar o que soaba nas festas e bailes de antano.

Comparten escenario:
Berros do Castro (San Sadurniño)
Raparigos (Ferrol)
Duo Verdegaio (Santiago Compostela)

Entrada gratuita.

XANEIRO 14 CANTOS NA MARÉ PAZO DA CULTURA PONTEVEDRA

  • O Pazo da Cultura de Pontevedra celebra o 14 de xaneiro ás 21:00h a novena edición do máis importante festival internacional da lusofonía. 
  • Compartirán escenario figuras consagradas e talentos emerxentes das músicas do mundo, nunha noite na que soarán fado, morna, música popular brasileira e canción de autor galega. 
  • Cantos na Maré e unha produción de Nordesía co patrocinio do Concello de Pontevedra e a colaboración de Agadic e Novacaixagalicia
     
  • Uxía admitiu que, chegados á novena edición, “é difícil seguir sorprendendo, pero imos tratar de facelo unha vez máis”. Cantos na Maré é para a cantante e directora artística do evento “unha aposta polo contacto, o intercambio, a fusión, a investigación das raíces comúns. É unha oportunidade para reflexionar sobre a nosa identidade”.

    Os artistas participantes
    Carlos do Carmo é sinónimo de fado. Hai case medio século que iniciou unha carreira artística consagrada á canción de Lisboa, converténdose nunha das súas voces máis emblemáticas. A súa preocupación por evolucionar cos tempos fai que siga a ser un referente para as novas xeracións, que atopan nel o carisma, a elegancia e a frescura dun artista universal que levou a música portuguesa aos mellores escenarios dos cinco continentes.

    Mayra Andrade pode presumir aos seus 26 anos de ter compartido aventuras musicais con Charles Aznavour, Youssou N'Dour, Carlinhos Brown, Angélique Kidjo ou Lenine. Non é unha cantante máis: é a voz chamada a marcar unha nova etapa na música de Cabo Verde. Inconformista e atrevida, foxe de etiquetas explorando as vías menos transitadas, coa convicción de que é necesario experimentar para crecer.

    Socorro Lira xunta coñecemento do pasado e creatividade contemporánea. Vén do sertão brasileiro, ama as músicas do seu país e traballa arreo para divulgar as súas manifestacións máis xenuínas. Ao seu valioso traballo de recuperación do patrimonio musical do estado de Paraíba seguiu un proxecto ambicioso que a uniu para sempre a Galicia: é Cores do Atlántico, no que fai unha interpretación en clave actual das cantigas de amigo da lírica galego-portuguesa.

    Xoán Curiel fai pop galego libre de prexuízos. As súas cancións agochan sorpresas agradables: instrumentacións cálidas, arranxos atrevidos, influencias da música étnica e letras conectadas co presente. Magnético Zen é o seu último álbum, no que ofrece a súa particular visión crítica do caos no que se atopa inmersa a sociedade actual. Unha sacudida necesaria para espantar o medo de enfrontarse ao presente.


    Entradas xa á venda
    As entradas ao espectáculo están á venda desde hoxe a través do servizo de venda anticipada de Servinova (www.servinova.com e 902 504 500) a un prezo de 12 euros (gastos de xestión incluídos). Véndense por anticipado ata esgotar localidades. No despacho de billetes poderanse adquirir a 15 € o mesmo día do concerto, no Pazo da Cultura de 19:00h ao comezo do espectáculo.




    musica en galego cantos da mare
    musicaengalego cantos da mare

EXTENSION AGRARIA

Para escoitar EXTENSIÓN AGRARIA preme eiqui

son:
Hervy (voz),
Alejandro (guitarra),
Adrián (baixo), 
Nacho Eiros (batería),
Xermán Viluba (guitarra),



Un concerto improvisado na praia da Riboira de Baltar durante o Festival da Chaira da Pastoriza deu pé, ante o inesperado éxito desa actuación, á recuperación do grupo Extensión Agraria.
Retomar o nome dunha mítica banda meirega -operativa nos 90- foi unha aposta para axudar ós dous membros máis veteranos da banda, Xermán e Nacho, «a supera-la crise dos case 40 anos».

Malia a non ser ningún de alí, elixiron Bretoña como base. Ensaian nun local cedido no teleclube e só teñen palabras de agradecemento para os edís Elva Carreira e Carlos Riveira, para os veciños de Bretoña, que ata acoden aos ensaios, e para A Chaínza polo seu impulso.

Eles gostan defínirse coma unha banda bravú e xa están a traballar en Vegadeo na gravación do seu primeiro EP, cunha portada deseñada por Pirucha e cinco dos seus temas máis representatativos: ‘Parcelaria Nom’, que dá nome a xira ‘Parcelaria Nom Tour’; ‘Xompaina Arxina’ (compañeiro canteiro), unha peza cantada no antigo dialecto dos canteiros; ‘Pagaralo coa salú’, en agradecemento ao labor de NovaGalicia coas preferentes, e a balada que non pode faltar en ningún grupo de rock, ‘No esterco nacen as mellores flores’.
O quinto tema será unha sorpresa para os siareiros -chamados antifa-ns ex-tensión-, que compren o EP, e xa adiantan que se distribuirá por cauces pouco convencionais, coma os repartidores do pan ou os ultramarinos «de toda a vida».
O que queda claro é que teñen en que escoller: ‘Gusa’, o único tema que cantan da antiga formación; ‘Múxeme’, en solidaridade co sector agrogandeiro; ‘Ei Alcalde!’, un tributo ás corporacións municipais... E é que nin Feijóo, nin Urdangarín, nin o Rei, nin os pirómanos se escapan da súa ollada.

CONTACTO:
 ex.tensionagraria2@gmail.com 
 tel: 627535993.  Rodrigo (Hervy. cantante)

REPUBLICA BILLARDA


A LNB LANZA SEU EXPLOSIVO PASAPORTE-SONORO CHAMADO "REPÚBLICA BILLARDA" >> sons , letras e actitudes!!


O colectivo socio-deportivo LNB ( Liga Nacional de Billarda ), que trata recuperar e difundir o deporte de esencia tradicional chamado billarda ademáis da acción nas pistas de xogo , confirma a súa alianza co máis raiboso entramado sonoro actual galego coa publicación do explosivo disco dóbel no que as principais bandas da escena nacional galega interpretan a súa visión da revolución billarda que implacábel estoura xa en cada recuncho do país enteiro ....morte ó Rey , viva a "REPÚBLICA BILLARDA"!!


República Billarda é
un disco doble de impactante escoita , visión , tacto e olfato xa que o espectacular libreto de 18 páginas condensa no seu interior unha intensidade tan brutal que pon en alerta todos os teus sentidos , foi realizado polo fotógrado experimental Nachok integrando imaxes e haikus de poetas galegos [ xabier cordal, sechu sende , mario regueiro , carlos negro , xavier campos , helena villar , matilde castro , arsenio iglesias pazos, maría lado , aduardo estévez ] que aportaron tamén a súa visión e actitude apoiando ista inaudita iniciativa de aliaza deportivo-sonora chamada "República Billarda" que tivo o seu brutal adianto na pasada edición do festival Liet International de línguas minorizadas en Lorient cuando Mafia Galega , o referencial grupo de hip-hop suizo-gallego , interpretou o tema Billarda Sempre .

O Culturgal de Pontevedra foi a presentación e posta de longo de longo oficial do República Billarda , un pasaporte-sonoro da Repúbica dos paus que condensa no seu interior o embravecido pulso vital da LNB e que chega a ti coma un poderoso monstruo de dúas cabezas , o disco billarda e disco palán:

Disco Billarda>> Narf, I Love I do , Aires do Padornelo, Fachenda Galega , Galegoz, Labazada , Miguel Alonso , Projecto Mourente, The Homens , Roper feat LNB , Hanom Ausse feat sak , Mapas sonoros -

Disco Palán>> Mafia Galega , Coro LNB , Ilegível , Fran Amil , Cuchufellos , Fanny-Alexander , Maghua , I Love I do , Montouto Sound Machine , Zënzär , Projecto Trepia, Reuxe Ruxe , Ulträqäns , ZIMMER103 , Mapas sonoros -


Para a edición do República Billarda a LNB puxo en marca un selo propio chamado OVaral-Records , sendo pois iste un lanzamento totalmente outoxestionado sen que nengunha institución lixe a contracapa dista xoia que non poderás atopar en negún centro comercial nen ambito afín senón que a distribución faise por canles alternativos coma a venda nos Abertos de Billarda , pola rede , nos puntos de venda-LNB ou na propia rúa nas explosivas accións-lótrego do Top-Mantelo . Prepárate pois porque o República Billarda non está pensado para ser ise obxecto de culto aparcado na túa estanteiría senón que pide terra e movemento a berros para estercar de sons, letras e actitudes o país enteiro nunha xeira de presentacións en espazos alternativos con pinchadas , concertos , abertinhos nocturnos, recitais de poétikos, catas de viño, licores e do que se poña por diante .... contamos contigo pois, porque non imos parar ate xogar e bruar en todas partes - Billarda Sempre, Adiante co Varal!!


Máis info: www.ovaral.blogspot.com

Roger de Flor elexido trovador do ano

Boas
Acabamos de recibila boa nova. O cantante galego Roger de flor  ven de ser  elexido trovador do ano pola prestixiosa revista francesa "Le Jongleur".

 
Unha  aperta,
 
Roger
 
 
http://www.myspace.com/rogerdeflor







musicaengalego novas

musica en galego novas

AGOSTO 25 NOITE DA LUA MEIGA O VISO REDONDELA




MEIGHACHIMPÍNS
Coma nos últimos anos, convidase ós veciños da parroquia a que decoren os seus chimpíns con motivos vexetais, como mostra do achegamento e da interdependencia coa natureza. Os chimpíns así engalanados concentranse no torreiro do festival e pola tardiña farán un percorrido festeiro pola zona, chamando a tódala xente á festa e a diversión.
XOEIRA
A asociación Xoeira colabora outro ano máis coa Noite da Lúa Meiga e nesta ocasión realizando un obradoiro para tódalas nenas e nenos titulado "Faia a Túa Meiga". Seguro que os máis cativos pasarano en grande construíndo unha "terrorífica" meigha.


XABIER IGLESIAS
Para diversión tanto dos nenos e nenas como dos seus pais, Xabier Iglesias desenvolverá un obradoiro de Xogos Bailados. Un bo xeito de gozar da tradición e achegarse ó mundo do baile tradicional.

CE ORQUESTRA PANTASMA
Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.
AS CHISPAS DE COMPOSTELA
Espontaneidade, frescura, alegría, e xuventude son o que caracterizan a este grupo nado na escola do OCT Ultreia, onde seguen formándose co mestre Emilio Lois, quen as acompaña nas súas actuacións. Cris e Iria, a pesar dos seus 12 anos, levan máis da metade da súa vida subidas nos escenarios tanto de gaiteiras, como de cantareiras ou bailadoras, o que lles proporciona unha soltura impropia para a súa idade. Interpretan temas tradicionais, mesturados con algúns populares para que o público non deixe de cantar e bailar. Quedará demostrado logo de escoitalas, que o futuro está garantido e ven pisando forte, o que amosa a boa saúde da nosa música tradicional.
 
AS LAGHARTEIRAS
O grupo de pandereteiras “Lagharteiras” nace no ano 2008 en Vigo, co obxectivo de recuperar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego, así como, os distinto xeitos de tocar e de cantar que se dan por toda a comunidade, utilizando para a súa interpretación distintos instrumentos e obxectos cos que se acompañaba o canto.
O grupo confórmano 10 mulleres (normalmente actúan 5-6) que proseguen compilar, conservar e transmitir o legado cultural que durante xeracións foise conservando e que chegou a nós, co cal intentan interpretar as distintas pezas mantendo dentro das súas posibilidades a autenticidade e orixinalidade das recollidas de campo que realizaron durante anos de investigación.

CARAPAUS
Carapaus é o nome que reciben os xurelos no sur do país e en Portugal. Catro músicos formados durante anos na música tradicional, xúntanse para dar forma a este grupo de recente creación. o grupo fai soar nos seus concertos múltiples instrumentos (gaitas, acordeón, frautas, zanfona, percusións tradicionais, e sobor de todo voces) combinados en diferentes formacións; que non deixan de dar frescura e ritmo durante o tempo que dura o seu espectáculo. Preparando o seu primeiro disco, non deixarán que permanezamos sen bailar mentres os escoitamos e vemos.

ZURRUMALLA
Zurrumalla nace como grupo alá por febreiro do 2000, coa intención de dar resposta ás inquedanzas musicais da xente que o conforma. Dende os nosos inicios, con ensaios que foron variando de día e de lugar en función da disponibilidade particular, fomos quen de crear un pequeño mundo arredor da música da terra, no que nos sentimos ledos, unidos e satisfeitos. Pretendemos disfrutar e dignificar a música do noso país e que a nosa xente disfrute e se sinta identificada con ela.
Ao longo de todos estos anos temos tocado nun moi variado número de lugares, buscando sempre ofrecer o mellor que como gaiteiros podemos dar de nós.
Probablemente a primeira parte deste traballo –O que había… - xa debería ter saído á venda hai tres ao catro anos, pero a diligencia non é precisamente unha das nosas virtudes. De aí que cando Inquedazas Sonoras nos convence de sacar adiante este traballo nos atopamos na encrucillada de seleccionar o material normal para un CD, e constatamos que había un material musical ligado a nós ao longo destes anos, e que nos daba mágoa desbotar por excesivo. Por eso decidimos facer este doble CD, no que a primeira parte vai adicada ás pezas que tocamos ao longo dos primeiros sete ou oito anos de andanzas e a segunda parte vai máis adicada a temas dos últimos tempos, coa peculiaridade que son todos eles temas de composición propia.
Que … nada, que vos guste e que disfrutedes.
Grazas por estar dispostos e dispostas a entrar neste noso pequeño pero agarimoso mundo da nosa música tradicional.

DECEMBRO 23 WILLIAM FESTIVAL PONTEDEUME

Venres 23 de decembro as 22:30

Sala Coliseum Pontedeume

Con:

Nhió!

V de Burro

PunkZ

Polisong




musica en galego william festival
musicaengalego william festival

ABE RABADE

Para escoitar ABE RABADE preme eiqui

Nado en Compostela no 77, comexou a estudar música con 4 anos no Conservatorio Histórico de Santiago, onde a iniciación se impartía co método Kódaly -un xeito de aprendizaxe no que priman a creatividade e a intuición por riba de todo-. Seguiuse formando no centro de jazz “Estudio escola de música”, tamén en Compostela. Estudiábase o solfexo con standards de jazz e aló descubrín que a improvisación podía ser a expresión máxima desta forma de arte chamada música.

No ano 1995 proseguíu os seus estudos en EEUU, onde obtivo unha licenciatura Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EUA) en 1999. En 2000 voltei á cidade onde sempre quero seguir voltando: Santiago de Compostela.

"Son músico porque penso que a música é unha das máis poderosas canles para a comunicación emocional e abre a vía da intuición. Tento non perder nunca de vista estes factores naqueles proxectos que emprendo.
O meu primeiro instrumento é o piano, o segundo a batería. Tamén compoño música e son docente. Desde 1996 dirixo un trío de jazz acústico, que está formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Tamén adoito facer concertos e gravacións con formatos musicais máis amplos; quinteto e septeto principalmente."

Discografia:

Zigurat (2010) / nuba records - karonte
(con Pablo Martín no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería). “Zigurat” foi elixido o Mellor Álbum de Jazz na III Edición dos Premios de la Música Independiente (UFI).








Open Doors Live (2009) / nuba records - karonte
DVD ao vivo que recolle a actuación do Abe Rábade Septeto no Teatro Principal de Compostela. Participaron Chris Kase (trompeta), Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Toni Belenguer (trombón), Pablo Martín (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería)






Piano Solo (2009) / nuba records - karonte Traballo que contén a música orixinal para o espectáculo Jazzia (co ilusionista Kiko Pastur) e parte dunha encomenda da USC co gallo do Ano Rodríguez Cadarso. "Piano Solo" foi seleccionado entre os 5 finalistas nos Premios da UFI como Mellor Disco de Jazz en España 2009.






Open Doors (2008) / nuba records - karonte Segunda entrega do GHU! Project nun formato a septeto con Chris Kase (trompeta), Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Alan Ferber (trombón), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería). O disco está ilustrado polo artista compostelán Deli Sánchez. Acadou o 2º posto na votación dos Premis Jaç 09 na categoría de Mellor Disco Internacional -Revista Jaç (Catalunya).





Playing on Light -7 sounding photos- (2006) / nuba records - karonte (con Paco Charlín no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería). É un traballo programático onde se musican sete fotografías en branco e negro de autores como Ralph Gibson, Dona Ferrato ou Mitsuaki Iwago. A crítica escolleuno Mellor Disco de Jazz en España de 2006 (Cuadernos de Jazz).

GHU! Project vol.1 (2004) / nuba records - karonte
O meu primeiro disco para Nuba Records / Karonte, discográfica coa que sigo vencellado. No álbum participaron Chris Kase (trompeta), Jesús Santandreu (saxo tenor), Michel González (guitarra), Paco Charlín (contrabaixo) e Ramón Ángel (batería).





Simetrías (2002) / xingra
Gravación coa mesma sección rítmica que en “Babel de Sons”. Foi estreado no Festival de Jazz Plaza de La Habana (Cuba).


Babel de Sons (2001) / xingra
Gravación a trío con Paco Charlín no contrabaixo e Ramón Ángel na batería. É un directo que recolle a actuación galardoada co 2º premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi).









Para máis info : Abe Rábade.com


musica en galego abe rábade
musicaengalego abe rabade

AGOSTO 25 FESTIPOTE


SABADO 25 DE AGOSTO

CAMPO DO POTE DE MAIÑOS  FENE

79 ANIVERSARIO FESTA DO POTE

ESTIMABA QUE VIÑERAS

OS TRES TREBÓNS

O SONORO MAXIN

BENEDICTO

Nado en Santiago d.C. en 1947, é un cantante, mestre e sindicalista galego que practicou a canción de autor de intervención política.
En maio de 1968 participa da fundación do colectivo Voces Ceibes, colectivo inspirado nas experiencias de Els Setze Jutges e dos vascos Ez dok amairu.
Os seus principios eran a lingua galega e o rexeitamento do franquismo.
En xullo do 68 no Silos Club de Pontevedra e detido por cantar "Carta a Fuco Buxán".A partir de ahi impdense varios concertos seus en Galiza.



A mediados do 68 vai a Barcelona e grava " Benedicto" tamen coñecido por No Vietnam.




Entre o 68 e o 74 xunto con outros compoñentes de Voces Ceibes dará concertos en Santiago (1 de decembro Cine Capitol), Ovieu, Xixón, Toulouse, Holanda ou Milan.

No ano 1974 desfanse voces ceibes e son sustituidos momentaneamente polo Movemento Popular da Cancion Galega que so acada un concerto no 1975 ante 2000 persoas en Santiago.

Benedicto e bibiano Ao vivo 1976




Pola Union 1977


O nome das cousas 1978











A partir do ano 80 adicase a sua faceta sindicalista e docente.

AGOSTO 17,18 V FESTA GALEGA MALPICA

17, 18 e 19 de agosto 
no Porto de Malpica 

 Venres 17
11.00 h Feira Medieval Mariñeira
22.00 h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación da Coral de Malpica
22.30 h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación do grupo Media Ducia

Sábado 18

11.00 h Feira Medieval Mariñeira
11.30 h Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
17.00 h Pasarrúas mariñeiro
19.15 h II Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica)
22.00 h Ilalelo (Carlos Blando e Budiño)
23.15 h Bellón Maceiras Quinteto
00.45 h Treixadura
02.30 h Fol de Veneno
03.45 h Remate da festa

ABOBRIGA

Para escoitar ABÓBRIGA preme eiqui





Marcos Gallego (bombo con pratos)           José Carlos Estevez (gaita, tambor/caixa)
 

Ramón Soto (gaita)                                     Ramón Pazos (gaita, voz e requinta)
 

Alfonso Davila (acordeón)                          Armando Viñas (clarinete)
 

Rubén Troitiño (saxofón alto, voz e gaita)    Patricia Sobreira (pandeireta e voz - "Grialia")

Sara Abalde (pandeireta e voz - "Grialia")   Laura Vila (pandeireta e voz - "Grialia")



Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi (Baiona) contactamos con varios músicos para facer unha colaboracion nunhas actuacions informais, e tanto gustou o resultado que decidimos formalizar o grupo.

Durante o noso pequeno tempo de vida demos diversas actuacións: Furancho Malaherba (Matamá), Furancho da Balsa (Matamá), Sala Clandestino (Ramallosa), Sala Farandula (Vigo) para a caravana solidaria "Galicia non se vende", Festa do marisco 2010 de Vigo, actividades culturais do BaiVerán 2009 e 2010 de Baiona na Praza do Concello...



O noso repertorio é amplo tanto en pezas tradicionais coma de “cosecha propia”. Temos tamén cancións nas que colaboran coa súa voz as rapazas de “Grialia”.O nome do grupo, "Abóbriga", provén dos antigos gregos, que denominaban así ao pobo onde naceu a nosa agrupación, a actual Baiona.
Abóbriga xorde a finais do ano 2008, durante este tempo demos diversas actuacións: Furancho Malaherba (Matamá), Furancho da Balsa (Matamá), Sala Clandestino (Ramallosa), Sala Farandula (Vigo) para a caravana solidaria "Galicia non se vende", Festa do marisco 2010 de Vigo, actividades culturais do BaiVerán 2009 e 2010 de Baiona na Praza do Concello..

 DISCOGRAFIA:


1. Pasodobre dos compañeiros
2. Foliada de Baiona
3. Rumba da Balsa e muiñeira das entretelas
4. Pichondobre
5. Pintinhos no terreiro
6. Muiñeira de Baiona
7. Pasacorredoiras de Abóbriga
8. Danza das espadas
9. Foliada de Velle
10. Ximauma
11. Muiñeira do deprimido
12. Tres cantos
13. Rumbóbriga
14. Pasodobre do Punta Balea
15. Foliada da señora Xoana
16. Matache o porco


O disco conta con 16 temas onde ofrecen una mostra da historia da música tradicional do municipio mesturados con composicións propios coma o “Pasodobre Punta Balea” e con cancións populares coma a “Foliada de Baiona” ou a “Muiñeira de Baiona”, recopiladas da tradición oral. Tamén destacamos a presencia dunha peza inédita, una danza de espadas encontrada no Arquivo Provincial de Pontevedra.

Prezo do disco: 10€

Máis información:

www.abobriga.com



.









ABÓBRIGA ven de presentar o videoclip do seu tema "Chíngala" gravado en Baiona , mesturado e masterizado en ChisPún! Estudio
Dirixido e realizado por David Ramos para Animaxes
http://www.youtube.com/watch?v=rZdJ4RRYWj4&desktop_uri=%2Fwatch%3Fv%3DrZdJ4RRYWj4&app=desktop


Contacto
Marcos Gallego (+34) 625.682.189

VIVA O FU REMOL

 Pedro Feijoo, produtor musical e actual baixo de Lamatumba e anteriormente de Los Feliz e Kgben, neste libro desmiúza desde dentro o mundo da música popular en Galicia. Prologado polo escritor Suso de Toro e contando cun epílogo do músico e compositor Miguel Costas (Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Feliz) ¡Viva o Fu Remol! ofrece de forma divertida, aguda e moi documentada un repaso á historia doméstica da música pop, ou popular, en Galicia e no noso tempo, de Jimi Hendrix e os Clash a Suso Vaamonde e Andrés Dobarro ou dos Ramones e Beatles a Resentidos e Diplomáticos... Consti-túe, ademais, unha auténtica guía e libro de instrucións para os mozos e mozas que pretendan adentrar-se no mundo do rocanrol, sexa analizando os problemas para formar unha banda, as posibilidades existentes para gravar as súas maquetas ou cómo realizar os primeiros concertos. Unha reivindicación da dignidade do traballo dos músicos. Un libro imprescindible para coñecer os acordes secretos do Fu Remol.

  • Editor : Xerais
  • Lingua : Galego
  • Lanzamiento : 2005
  musicaengalego viva o fu remol
musica en galego viva o fu remol

AGOSTO 10 FESTIVAL PONTE LOUCO CASTRO CALDELAS

O 18 DE AGOSTO NO CASTELO DE CASTRO CALDELAS
SACHA NA HORTA
FALPERRYS
ALPARGATA
Quen se apunta pois???? Veña, veña, veñaaaaa q hai festa garantida!!! Recordade q hai zona de acampada libre na piscina fluvial do pobo (foto nun dos comentarios) onde despois dos concertos, a celebrar no castelo, seguiremos disfrutando cunha especie de Rave post-festival con musica variada. Apertas!!
O QUE VAI POR PRIMEIRA VEZ A ESTE FESTI.......REPITE!!!!!

AMESMALUA

Para escoitar AMESMALUA preme eiqui
Manuela Elena (voz principal) Cáceres.
Delfi na Rolán (coros) Ourense.
Juan Maya (guitarra flamenca solista) Jaén.
Julián Olivares (guitarra flamenca E tres
cubano) Madrid.
Yago Salorio (baixo e contrabaixo) A Coruña.
Gautama del Campo (saxos e flautas) Sevilla.
Jose Luís Congosto (cajón e percusions) Madrid.
Paco Botía (pandeiros e percusións) Murcia.
Jose Luís Calandria “Tristón” (surdo e percusións) Montevideo.
  “A mesma lua é a que nos ilumina, a que nos observa, a que nos une. Un círculo inagotabel de inspiración, un espello de enorme influencia, que foi e será”.
amesmalua
A  lua , un mesmo astro que perfuma coa súa luz cancións que se marmuran a orillas do mar de Cádiz e de Pontevedra, na noite. Sons dunha noite de lua feiticiera, entre arena branca e cheiro o musgo, baixo a mesma luna.
Amesmalúa é unha banda de músicos de distintas oríxes que propón unha viaxe de encontros, unha maridaxe de memoria e paisón entre o fl amenco e a canción popular galega, nunha proposta ligada ás músicas improvisadas con raíces no folclore.
Ademáis de coplas populares, cantigas e adaptacións, Amesmalúa tamén ten  temas propios, coa impronta do seu carácter aberto, mestizo e creador.

BIOGRAFÍA
A historia da banda comeza no 2009 en Madrid, cando Gautama del  Campo e Manuela Elena deciden por
en común con outros músicos amigos, o traballo que venían favendo xuntas. Tiñan grabado varias cancións
mezcolando dous conceptos aparentemente moi lonxanos... cantes tradicionais galegos en clave flamenca.

A memoria, como o amor, non precisa atallos nin senalizacións. Quizáis por iso Manuela Elena (Sara Carbonero), extremeña de Cáceres que adoitaba pasar os vrans de sua infancia na Galiza do seu pai, canta na lingua de Rosalía de Castro facendolle as veiras co saxo  Gautama del Campo, espíritu ceibe e barroco dun jazz nado entre Gibraltar e a Giralda, cun pe no blues do Guadalquivir.
Eles son os fundadores deste proxecto que completa Juan Maya, un ecléctico músico de raza xitana, que coa sua persoal sensibilidade e inconfundibel “toque” á guitarra flamenca, arroupa e redondea estes cantes.

A banda é apoiada tamén dende os comezos por músicos de distintas oríxes, como Yago Salorio ó baixo eléctrico, Josito Congosto ó caixón, Paco Botía e Jose Luís Calandria ás percusións, que continúan en
Amesmalúa actualmente, xunto con outros novos membros como Delfi na Rolán nos coros, ou Julián Olivares á guitarra e ó tres cubano.



CONTACTO:

 amesmalua@live.com

  REDES SOCIAIS
http://www.facebook.com/amesmalua 
http://twitter.com/#!/AMESMALUA

 LINKS DOS  DIRECTOS                              
http://www.youtube.com/watch?v=vtNhPvIwb1k
http://www.youtube.com/watch?v=6VGW6SBC0&feature=relmfu
http://www.youtube.com/watch?v=g1cF1trdi7s&feature=relmfu
http://www.youtube.com/watchv=wMgHMgxQBJc&feature=relmfu
http://www.facebook.com/video/video.php?v=185688121476896

SKARALLAOS

Para escoitar SKARALLAOS   preme eiqui  

- Moncho: Guitarra eléctrica e voz
- Jose: Clarinete, saxo, g.acústica e voz
- Lydia: Teclado, percusiones e voz
- Alex: Batería e coros
- Luciano: Bajo e coros


Biografía:
Ska, reggae, punk, latin, balkan… A fusión de estilos e ritmos é unha das marcas de identidade de Skarallaos, unha banda orixinal, enérxica e por enriba de todo festeira. Enerxias positivas que transmiten nos seus directos non deixando a ninguen indiferente.

A comenzos do 2008 un grupo de amigos intentan facer algo de música para pouco a pouco ir gañando en calidade e capacidade de contaxiar ledicia. Polo mundo no que se moven as suas letras falan  de problemáticas sociaies, e dos seus dia a dia máis cotiáns como medio de liberación.
Na súa breve pero intensa historia, Skarallaos ten feito ducias de concertos tyanto dentro coma fora de  Galicia.
Participóu como convidado en festivaies coma o Foundation Reggae Festival , Cantabria Ska-punk, Festival Solidario Nicaragua, Meigas Fóra, Brincadeira Festival, Busker´s Festival Barcelona, Rerkusión....

Discografia:














contacto:  skarallaos@hotmail.com