ABE RABADE

Para escoitar ABE RABADE preme eiqui

Nado en Compostela no 77, comexou a estudar música con 4 anos no Conservatorio Histórico de Santiago, onde a iniciación se impartía co método Kódaly -un xeito de aprendizaxe no que priman a creatividade e a intuición por riba de todo-. Seguiuse formando no centro de jazz “Estudio escola de música”, tamén en Compostela. Estudiábase o solfexo con standards de jazz e aló descubrín que a improvisación podía ser a expresión máxima desta forma de arte chamada música.

No ano 1995 proseguíu os seus estudos en EEUU, onde obtivo unha licenciatura Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EUA) en 1999. En 2000 voltei á cidade onde sempre quero seguir voltando: Santiago de Compostela.

"Son músico porque penso que a música é unha das máis poderosas canles para a comunicación emocional e abre a vía da intuición. Tento non perder nunca de vista estes factores naqueles proxectos que emprendo.
O meu primeiro instrumento é o piano, o segundo a batería. Tamén compoño música e son docente. Desde 1996 dirixo un trío de jazz acústico, que está formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería. Tamén adoito facer concertos e gravacións con formatos musicais máis amplos; quinteto e septeto principalmente."

Discografia:

Zigurat (2010) / nuba records - karonte
(con Pablo Martín no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería). “Zigurat” foi elixido o Mellor Álbum de Jazz na III Edición dos Premios de la Música Independiente (UFI).








Open Doors Live (2009) / nuba records - karonte
DVD ao vivo que recolle a actuación do Abe Rábade Septeto no Teatro Principal de Compostela. Participaron Chris Kase (trompeta), Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Toni Belenguer (trombón), Pablo Martín (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería)






Piano Solo (2009) / nuba records - karonte Traballo que contén a música orixinal para o espectáculo Jazzia (co ilusionista Kiko Pastur) e parte dunha encomenda da USC co gallo do Ano Rodríguez Cadarso. "Piano Solo" foi seleccionado entre os 5 finalistas nos Premios da UFI como Mellor Disco de Jazz en España 2009.






Open Doors (2008) / nuba records - karonte Segunda entrega do GHU! Project nun formato a septeto con Chris Kase (trompeta), Perico Sambeat (saxo alto), Jesús Santandreu (saxo tenor), Alan Ferber (trombón), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería). O disco está ilustrado polo artista compostelán Deli Sánchez. Acadou o 2º posto na votación dos Premis Jaç 09 na categoría de Mellor Disco Internacional -Revista Jaç (Catalunya).





Playing on Light -7 sounding photos- (2006) / nuba records - karonte (con Paco Charlín no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería). É un traballo programático onde se musican sete fotografías en branco e negro de autores como Ralph Gibson, Dona Ferrato ou Mitsuaki Iwago. A crítica escolleuno Mellor Disco de Jazz en España de 2006 (Cuadernos de Jazz).

GHU! Project vol.1 (2004) / nuba records - karonte
O meu primeiro disco para Nuba Records / Karonte, discográfica coa que sigo vencellado. No álbum participaron Chris Kase (trompeta), Jesús Santandreu (saxo tenor), Michel González (guitarra), Paco Charlín (contrabaixo) e Ramón Ángel (batería).





Simetrías (2002) / xingra
Gravación coa mesma sección rítmica que en “Babel de Sons”. Foi estreado no Festival de Jazz Plaza de La Habana (Cuba).


Babel de Sons (2001) / xingra
Gravación a trío con Paco Charlín no contrabaixo e Ramón Ángel na batería. É un directo que recolle a actuación galardoada co 2º premio do Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi).









Para máis info : Abe Rábade.com


musica en galego abe rábade
musicaengalego abe rabade