AGOSTO 25 NOITE DA LUA MEIGA O VISO REDONDELA




MEIGHACHIMPÍNS
Coma nos últimos anos, convidase ós veciños da parroquia a que decoren os seus chimpíns con motivos vexetais, como mostra do achegamento e da interdependencia coa natureza. Os chimpíns así engalanados concentranse no torreiro do festival e pola tardiña farán un percorrido festeiro pola zona, chamando a tódala xente á festa e a diversión.
XOEIRA
A asociación Xoeira colabora outro ano máis coa Noite da Lúa Meiga e nesta ocasión realizando un obradoiro para tódalas nenas e nenos titulado "Faia a Túa Meiga". Seguro que os máis cativos pasarano en grande construíndo unha "terrorífica" meigha.


XABIER IGLESIAS
Para diversión tanto dos nenos e nenas como dos seus pais, Xabier Iglesias desenvolverá un obradoiro de Xogos Bailados. Un bo xeito de gozar da tradición e achegarse ó mundo do baile tradicional.

CE ORQUESTRA PANTASMA
Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.
AS CHISPAS DE COMPOSTELA
Espontaneidade, frescura, alegría, e xuventude son o que caracterizan a este grupo nado na escola do OCT Ultreia, onde seguen formándose co mestre Emilio Lois, quen as acompaña nas súas actuacións. Cris e Iria, a pesar dos seus 12 anos, levan máis da metade da súa vida subidas nos escenarios tanto de gaiteiras, como de cantareiras ou bailadoras, o que lles proporciona unha soltura impropia para a súa idade. Interpretan temas tradicionais, mesturados con algúns populares para que o público non deixe de cantar e bailar. Quedará demostrado logo de escoitalas, que o futuro está garantido e ven pisando forte, o que amosa a boa saúde da nosa música tradicional.
 
AS LAGHARTEIRAS
O grupo de pandereteiras “Lagharteiras” nace no ano 2008 en Vigo, co obxectivo de recuperar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego, así como, os distinto xeitos de tocar e de cantar que se dan por toda a comunidade, utilizando para a súa interpretación distintos instrumentos e obxectos cos que se acompañaba o canto.
O grupo confórmano 10 mulleres (normalmente actúan 5-6) que proseguen compilar, conservar e transmitir o legado cultural que durante xeracións foise conservando e que chegou a nós, co cal intentan interpretar as distintas pezas mantendo dentro das súas posibilidades a autenticidade e orixinalidade das recollidas de campo que realizaron durante anos de investigación.

CARAPAUS
Carapaus é o nome que reciben os xurelos no sur do país e en Portugal. Catro músicos formados durante anos na música tradicional, xúntanse para dar forma a este grupo de recente creación. o grupo fai soar nos seus concertos múltiples instrumentos (gaitas, acordeón, frautas, zanfona, percusións tradicionais, e sobor de todo voces) combinados en diferentes formacións; que non deixan de dar frescura e ritmo durante o tempo que dura o seu espectáculo. Preparando o seu primeiro disco, non deixarán que permanezamos sen bailar mentres os escoitamos e vemos.

ZURRUMALLA
Zurrumalla nace como grupo alá por febreiro do 2000, coa intención de dar resposta ás inquedanzas musicais da xente que o conforma. Dende os nosos inicios, con ensaios que foron variando de día e de lugar en función da disponibilidade particular, fomos quen de crear un pequeño mundo arredor da música da terra, no que nos sentimos ledos, unidos e satisfeitos. Pretendemos disfrutar e dignificar a música do noso país e que a nosa xente disfrute e se sinta identificada con ela.
Ao longo de todos estos anos temos tocado nun moi variado número de lugares, buscando sempre ofrecer o mellor que como gaiteiros podemos dar de nós.
Probablemente a primeira parte deste traballo –O que había… - xa debería ter saído á venda hai tres ao catro anos, pero a diligencia non é precisamente unha das nosas virtudes. De aí que cando Inquedazas Sonoras nos convence de sacar adiante este traballo nos atopamos na encrucillada de seleccionar o material normal para un CD, e constatamos que había un material musical ligado a nós ao longo destes anos, e que nos daba mágoa desbotar por excesivo. Por eso decidimos facer este doble CD, no que a primeira parte vai adicada ás pezas que tocamos ao longo dos primeiros sete ou oito anos de andanzas e a segunda parte vai máis adicada a temas dos últimos tempos, coa peculiaridade que son todos eles temas de composición propia.
Que … nada, que vos guste e que disfrutedes.
Grazas por estar dispostos e dispostas a entrar neste noso pequeño pero agarimoso mundo da nosa música tradicional.