OS IRMANDIÑOS DE VINCIOS

Para escoitar OS IRMANDIÑOS DE VINCIOS preme eiqui
son:
 Rosa - Saxo soprano, percusión e voz
Ana - Clarinete e percusión
Paula - Pandeireta e percusión
Javi - Tamboril e voz
Isma - Acordeón diatónico e voz
Gonzalo - Bombo con pratos
Moreno - Gaita e voz
Félix - Gaita, percusión e voz

 O grupo formouse en Vincios hai uns cinco anos coa pretensión de divertirse tocando xuntos en furanchos e seráns. Ainda que variou o número de compoñentes , nestes momentos está formado por oito músicos que proveñen da música tradicional galega e da música de banda.
A formación contaba nun principio con dúas gaitas e percusión engadindo posteriormente o acordeón diatónico. Nos dous últimos anos incorporan ademais clarinete e saxo soprano, co cal o grupo ten un son semellante a unha murga. Nos seus comenzos tocaban coñecidas pezas tradicionais e populares adaptadas aos instrumentos da formación. Na actualidade “Os Irmandiños” contan xa con pezas propias a maiores do repertorio tradicional galego.

 En xullo de 2012 presentaron o seu primeiro  disco Monte Galiñeiro no que se poden escoitar pezas como:

Os Chaíñas,
A Nosa ou
Jota de Floreano.











Para mais info preme : os irmandiños de vincios
contacto:   irmandinhosdevincios@hotmail.com