NORDESTINAS

No Teatro Principal de Compostela gravouse, en setembro do 2006, o único disco das Nordestin@s.
Todo o público presente naquel concerto aínda lembramos hoxe ese momento cheo de elegancia e de emoción intensa.

Os concertos son todos momentos de luxo, intimidade e beleza.
En cada un dos concertos, as Nordestin@s sempre nos deleitaron con algún detalle especial, unha flor, un traxe, un tema, unha poesía, un perfume, unhas medias, uns zapatos, unha camiseta, unha adicatoria...
Todos os concertos son únicos, impresionantes, cheos de glamour e gardámolos con emoción e agarimo na nosa memoria.
Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade, as Nordestin@

Eiquí vos queda o seu disco de presentación.


musicaengalego nordestinas
musica en galego mordestinas