COLLOADA SALVAXE

Para escoitar COLLOADA SALVAXE preme eiqui

Compoñentes:

Lois, voz
Aira, guitarra
Dyango, baixo
Mabushka, Teclado
Chellene, Bateria


Colloada Salvaxe nace a comenzos do ano 2007 en Sarria, Lugo, cunha formación integrada por Lois, baixo e voz; Aira, guitarra e Chellene, batería. Este proxecto surxe coa idea de formar unha agrupación musical para traballar nun novo estilo, a tecno-salsa. Pero, vistas as limitacións musicais dos componentes, víronse na obriga de decantarse por un estilo de música de tres, ou como moito catro acordes. O punk-rock-ská. Esta banda aborda dende o seu comenzo a filosofía de compoñer temas propios, sendo o compositor das letras, Lois, un okupa en Londres. Dada a cantidade de temas xerados en poucos meses, decidiron grabar unha maqueta no ano 2008 nun pequeño estudio local, ToupiRecords. Esta grabación consta de quince temas, cunha duración aprox. de trinta minutos e titulada: El Príncipe tiene el SIDA. Xunto coa grabación, incorpórase, como novo baixista, Dyango. Tras unha decena de concertos ofrecidos na comarca sarriana únese á formación Manoliño, un clarinetista de metro e medio que, por motivos estudantís, tivo que abandoar a formación tempo despois. Tras un período de tempo, no que a banda anda na procura de introcir estilos novos nas suas composicións, xurde a necesidade de incorporar outro membro. Éstes atópanse con Mabushka no 2012, que incorporará os teclados para pouco a pouco acadar o obxectivo común, a Tecno-Salsa...

 

O seu disco do 2193 titulado San Martiño Canibal conten 20 temas e podedes descargalo de balde desde O TOSO RABUDO

http://otoxorabudonetlabel.blogspot.com.es/2013/12/colloada-salvaxe-san-martino-canibal.html









 

 
  Portada da maqueta do 2008 "el principe tiene el sida"

Pornorrescatadores

Manoliño de A´Casa

Eu Estaba Alí

Hoxe é o Día

Murrer


Son algúns dos 15 temas que conforman esta grabación.

 

Contactos:
Lois 628 710 673
http://www.facebook.com/colloadasalvaxe

dyango.percusionista@gmail.com