DOUTOR SLUMP

Para escoitar DOUTOR SLUMP preme eiqui

integrantes:

- Iván Px á bateria:
- Edu ó baixo:
 - Lucho á guitarra:
 - Rafa á guitarra:
 - Bea como vocalista:
 - Mike DZ:  vocalista

 B I O G R A F I A

 Froito da súa paixón pola música e das ganas de dar a coñecer o seu traballo, no ano 2012, nace en San Sadurniño DOUTOR SLUMP, ó puro estilo Rocanrol actual.

As súas influencias musicais proveñen de grupos tan variados como son REINCIDENTES, PLATERO, PIXIES, MOTORHEAD, TITO Y TARÁNTULA, ELECTRIC SIX, entre outros…. Mesturando tanto temas propios como versionados.

DOUTOR SLUMP é un grupo creado por varios amigos, que intenta gustar á xente e pasar un rato agradable co mellor do Rocanrol do mundo.
Descripción
O rocanrol é un xénero musical derivado dunha mestura de diversos xéneros de música folclórica estadounidense (Doo Wop, Rhythm and Blues, hillbilly, Blues, Contry y Westerm son os máis destacados) que descatou nos anos 40-50 en zonas como Nueva Orleáns, St Louis, Boston e Texas, sendo o seu cantante máis influínte Elvis Presley.

Aquí en España, dende finais dos anos 50 o rocanrol calou con forza en certos sectores da xuventude, foi cando naceron os primeiros rockers, amantes do rockabilly e outros xéneros afíns. Todos estes xéneros sobreviviron ó pop, a época ye-yé española, a canción protesta e a músicos melódicos, para rexurdir con forza na década dos anos 80. Despois do receso que se produce nos anos 90, na actualidade o roncarol goza de escelente saúde, ainda que se pode dicir que segue totalmente ignorado polos medios de comunicación que non lle acaban de prestar a atención que se merece.

Coa creación do DOUTOR SLUMP intentamos reivindicar o valor deste tipo de música e a ignorancia da maioría do público xeral. É unha homenaxe a todos os músicos que nacen cada día dentro da nosa sociedade e que non son valorados como se merecen.
C O N T A C T O :

slumpdoutor@gmail.com