GENTE POTA o novo video de CAXADE

Gente Pota é a segunda peza coa que o músico galego Alonso Caxade (acordeonista em PELdeNOZ, Cuarteto Caramuxo e cabRaret, e bombardinista na Orquestra Os Modernos) avanza un mes despois no seu novo proxecto persoal, Caxade. A proposta musical e visual de Caxade segue adiante agora coa axuda de Iria Pinheiro e Javier Antelo na creación deste novo vídeo que, logo dunha semana, acada perto de 1000 visualizacións en Vimeo e YouTube, incrementando incluso a boa acollida recibida na súa peza debut "Dança dos Moscas" Con ton elegante, modesto e sinxelo, onde se liga a música e a imaxe, coa súa "Gente Pota" Caxade achégase a un discurso metafórico e mesmo ao do surrealismo posmodernista que parece encaixar coas reivindicacións e demandas da sociedade actual. Nesta liña de traballo seguiralle "Sr. Xorda" a súa próxima entrega. Gente Pota: s.f. (1) Xente que manexa fíos, poderes reais que semellan irreais. (2) Están pero non se ven facilmente. (3) Non teñen caras, senón potas, e sonan a choco. (4) Descendentes dos potas. (5) Mestúranse ca xente de ben e incluso poden chegar a parecer boa xente.  Desprendámonos da súa influencia. Vos non vedes xente pota?


Gente Pota pódese ver en :  

YouTube (http://www.youtube.com/watch?v=YNhOR98LgDk&feature=relmfu) 
Vimeo (https://vimeo.com/51424623), con calidade HD