CARLOS NUÑEZ DISCOVER

Carlos Núñez presentará o seu novo disco nun concerto en Vigo o 27 de decembro.
O 6 de novembro publicouse, un 2-CD que inclúe 4 inéditos así como moitas colaboracións con artistas amigos gravadas ao longo dos anos fora da súa propia discografía, que agora se unifican neste disco. Como escribiu recentemente un xornalista durante a súa xira norteamericana, máis que unha antoloxía ao uso é “un disco gravado durante 15 anos”, tal é a coherencia da viaxe que descrebe.
Contén >39 temas que percorren a obra dun artista na procura das conexións da música galega con outras culturas, exploradas sempre con primeiras figuras de cada xénero: o celta cos Chieftains, Sinéad O’Connor ou The Waterboys; o son cubano con Omara Portuondo ouCompay Segundo; o mexicano con Los Lobos; o brasileiro con Carlinhos Brown; o flamenco con Carmen Linares, Vicente Amigo, ou Carles Benavent; o medieval con Montserrat Caballé ou Jordi Savall e tamén aparecen conexións menos evidentes a primeira vista, pero fácilmente comprendibles no fluir do disco e da carreira de Carlos, como por exemplo: Luz Casal, Ry Cooder, Jackson Browne, Ryuichi Sakamoto Laurie Anderson, ou Roger Hodgson de Supertramp.