CRONICA DUN SEPELIO BEN LEDO

Como xa vos quedou claro o longo do tempo que levamos facendo este espazo, nos non facemos críticas, comentarios ... sobre os espectaculos os que asistimos. Isto debese a que nos seria imposible asistir a tódolos que hai en Galiza cada dia, e ir a un supon deixar de asistir a outros moitos que poderían se preguntar por que non reseñamos o seu.

Hoxe imos face unha excepción. Vimos de asistir a un funeral, a unha morte cruenta, as risas xocosas dos asistentes no tanatorio, neste caso no Cafe Bar La Historia en Vigo.
Tivemos a honrra de asisitir a última funcion de C A B R A R E T. O seu espectáculo estibo cheo de ironia, risos, ledicia, musica, todo elo maxistralmente executado, e misturado. Máis agora que tivemos a sorte de coñecelo, como sabíamos previamente que o grupo decidirá  que esa sería a súa derradeira posta en escea. Tan seguros estaban da súa decisión que diante dos meus ollos nos camerinos unha em,presaria tentou contratalos para o seu local e lle dixeron que non podia ser, que ese morto polo de agora non reviviría.
Magoa.
Non podemos por menos que sentilo por todas e todos aqueles que non tiveron a sorte de velos ao vivo, xa que ademais, os temas na súa maioria non están editados. Ousease que tamén morreron para a posteridade. Tamaña perda para a humanidade!!! I é que neste pais a cultura non esta nin estará apoiada desde as institucións. Quixera eu saber cantos grupos que canten en galego recibiron subencións para gravar as súas musicas que o fin e o cabo son patrimonio de todos nós, como conciencia colectiva de pobo, cunha lingua, e un xeito de facer as cousas que, por sorte, nos diferencian do resto do mundo.

En fin espero saibades disculpar o vello que chochea e fai reseñas de  mortos e non dos vivos.
A historia rematou!!