ESCOLA INFANTIL DE MÚSICA POPULAR GALEGA

AFI e Laboratorio de Sons abren un ano máis as súas aulas ás rapazas e rapaces de Pontevedra. Un proxecto único en Galiza e dos mais interesantes pedagóxicos do mundo no eido creacional para crianzas. Unha escola aberta á cidade e integrada con ela, pois os pontevedreses e pontevedresas desfrutan da Afi na rúa, no seu relevante fin de curso, na Feira do Libro, en discos como a " Nena e o Grilo"...A Afi é  totalmente compatibel con conservatorios e escolas de música públicas ou privadas por ser un ensino complementario a elas. Ambos proxectos celebran este ano unha década de existencia abrindo portas interiores ao artista que todos levamos dentro e difundindo a música popular galega, baixo unha visión aberta e creativa desde a própria imaginación e capacidades do neno-a. Este ano o equipo de profesores conta coa incorporación de Mónica de Nut como mestra de canto, unha grande artista da voz con maiúsculas que sen dúbida fará un estupendo traballo.

Monica de Nut canta jazz, ópera, música de raiz e experimental.Desde nena foi atraida pola música e comezou estudando no Conservatorio de Vigo. E desde entón son relevantes todas as suas andainas vocais no teatro, na danza contemporanea, os seus propios discos.
mais info, videos e fotos _http://www.monicadenut.com/


Os Profesores veñen tenen un bagaxe artístico importante que se multiplica ao retroalimentarse cos nenos. Venen dos palcos, das asociacións musicais de base, dos ensinos reglados e non reglados. O seu curriculum musical é amplo e variado, iso aporta á Afi diversidade e mais frescura. Eles son: Marcelo Gonzalez ( Primordiais), Xurxo Troncoso ( Trópico de Grelos), Jose Diaz (Jazzologia) e Monica de Nut.



Matrícula aberta____________________________
Idades: para nenas e nenos de 5 a 15 anos
Horario: venres pola tarde e sábados pola mañá
Lugar: Antigo Conservatorio de Pontevedra (R/Alfonso XIII nº7, 36002, Pontevedra)
Comezo das aulas: 9 de novembro
Inscricións na Concellaría de Cultura (Edificio Churruchaos, 2, 1º andar)
 
+ info: afi@folque.com
+34 881 031 829