RETROUSO



Compoñentes:

Noelia Bouzón: gaita
Cesar Vicente: gaita
Fon Chedas: gaita e acordeón
Pablo Neiro: gaita e acordeón
Oscar Durán: gaita
Martín Varela: gaita
Ines Bugallo: gaita e percusión
Manuel Anxo Rey: gaita
Manu Bouzón: gaita
Miriam de Castro: gaita
Marcos Varela: acordeón
Xosé Martíns: percusión e saxo
Manuel Bouzón: percusión
Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada)
Darío Balado: voz (Convidado)




RETROUSO
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR

            Nace no ano 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande, actuando por primeira vez nas Festas do Socorro da parroquia. A agrupación de música tradicional e popular participou en múltiples eventos musicais e festivos da máis diversa índole  como os Seráns da Sala Nasa, en Santiago de Compostela, nas Festas do Barrio de San Pedro, tamén en Santiago, de Música nas Rúas organizado polo Concello de Santiago.
            Participou tamén en dúas ocasións no desaparecido Festival Músicas da Terra de Ouzande, e outras dúas mais no prestixioso Folk de Raíz en Callobre, este mesmo ano 2012.
En 2008 foi o gañador do Concurso de música tradicional Xiradela na localidade coruñesa de Arteixo, participando noutros certames semellantes en Luou e na Coruña. No ano 2010 participou no prestixioso Festival As Nosas Músicas de Couso, repetindo cartel no presente ano 2012.
            No ano 2011 participou tamén con éxito no Manguelo Folk de Orazo. Ese mesmo ano, tivo a ocasión de participar no festival céltico de Saint Loup da localidade bretoa de Gwegamp, convidado polo grupo santiagués Pana Raiada.
            Ademais ten participado en numerosas festas e romarías en concellos como Trazo, Vedra, Barro, Ordes, Laxe, Caldas...., sen esquecer as súas múltiples participacións en celebracións festivas do Concello da Estradas e numerosas parroquias do mesmo.
 O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e será presentado oficialmente o próximo venres 30 de novembro no Teatro Principal da Estrada. O disco foi producido polo músico, acordeonista do grupo, Marcos Varela, que é o autor de varias pezas e dos arranxos de todos os temas.
            O grupo presenta unha ampla formación nos concertos , constituído por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus membros.


Toda a información e as fotos das actividades no seu blog

http://carreiros.blogspot.com

CONTACTO:
Xabier Camba Sanmartín 600325941