REBELIOM DO INFRAMUNDO A SORPRESA


O DISCO DA REBELIOM DO INFRAMUNDO "A SORPRESA" JA ESTA DISPONIVEL!!

Por tan so 5€ disporedes dum formato fisico dum rap de qualidade ;)!!  CALQUER INTERESAD@ EM ADQUIRIR O DISCO podem contactar com migo mediante este evento no meu facebook perssoa,l no de Dj Rapu, na paxina da REBELIOM DO INFRAMUNDO https://www.facebook.com/RebeliomDoInframundo na paxina de TRACK ASEDIO https://www.facebook.com/trackasedio ou contactando no facebook de cada um dos 12 integrantes do colectivo e selo independiente Track Asedio,em Galiza Musica http://www.facebook.com/galizamusica.musicaemgalego. Pronto iremos colgando os pontos de venta do disco!!



AGARDAMOS DISFRUTEDES DO TRABALHO!!

pra mostra NOVO TEMA ADIANTO!! "PENSO" http://youtu.be/RmzPc-PiLGA




Disco grabado na X-REC por EBANNI E MOVEMENTS
Masterizaçom a cargo de ESTUDOS DESAMPARADOS
Voz: O´Nervo - Scratch: Dj Rapu - Produçoms a cargo de Dj Rapu agas SKIT2 Produçom po EBANNI e PUTA POLICIA produçom por ACID-LEMON
Fotografia maquetaçom e desenho por ALBERTO LORA "HASKPRODS" INFINITO CLAN

" A S O R P R E S A " (Tracklist)
1-INTRO
2-POLITICO CABRON
3-QUE A CRISSE A PAGUE O CAPITAL
4-MERDA REAL
5-SKIT
6-CALABOZO
7-OUTRA BIRRA
8-NOM SABEMOS NADA
9-MC DE ASFALTO
10-SKIT2
11-PUTA POLICIA
12-26 MINUTOS
13-VIDA HARDCORE
14-DEIXA QUE FLUA
15-PENSO


A parte de poder adquirir o disco da Rebeliom do Inframundo "A Sorpresa" por 5€ contactando comnosco mediante facebook da Rebeliom https://www.facebook.com/RebeliomDoInframundo ou no de Track Asedio https://www.facebook.com/trackasedio,tamen contactando com http://www.facebook.com/galizamusica.musicaemgalego
PODEDES ATOPAR O DISCO EM:

ATRIUM- Ponteareias

CASA DA TRIGA- Ponteareias

TENDA TIPO - Vigo

TENDA LP- Vigo

TABERNA O TOURAL- Vgo (Teis)

C.S.LUME- Vigo

O PRINCESA- Vigo

VIVA MARIA GROW SHOP- Vilagarcia de Arousa

GENTALHA DO PICHEL- Compostela (a partir do 20 de janeiro)

ARTABRIA- Ferrol (a partir do 20 de janeiro)

ULTRAQANS TEN NOVA PAXINA WEB

"estamos moi contentes de compartir con vós a nosa nova ulträpäxina web!! Pasade por alí e tomáde-lle unha, Sen rematar aínda pero feita coas nosas própias gadoupas!! :D http://ultraqans.jimdo.com/"
 

Os John Deeres - A lingua do mar


Hoxe hai dez anos que morreu Man de Camelle, din que pola tristeza que lle produciu a desfeita do Prestige. 

Esta é a cativa homenaxe dos John Deeres á súa figura, en forma dun tema incluído tamén no disco que verá a luz en xaneiro co nome de "8"



ENTREVISTA FAMILIA CAAMAGNO





A Familia Caamagno é ante todo unha banda de rock’n’roll “que non de rock, eh?”, indican ameazantes a familia máis mafiosa ao norte do Tambre, “dicía Jorge Explosión que o rock é aburrido e o rock’n’roll é diversión, e nós somos desa idea absolutamente. A nós o que nos gusta é facer música para bailar, para cantar, que a rapazada que nos veña a ver roquear aos nosos shows estea entretida durante toda a actuación, que é algo que nós botamos bastante en falta nos concertos de por aquí. Os rapaces queren rock’n’roll e nós ímosllo dar.” E, obviamente, todo eso é algo que intentan transmitir nas súas gravacións, “unha condición fundamental para nós é gravar ao vivo, nada de gravar por pistas e cada un por separado, eso é un puto atraso e un fodido aburrimento, nuabes?[non sabes?] Home, voces e demais caralladas si, pero o resto vai todo a canón coa nosa limitada pericia instrumental. Despois tamén perdémolo cu polas pandeiretas, as palmas, os coros con falsete… toda esa parafernalia tan pop da que somos megafanáticos e que intentamos que lle dea un aire festeiro e soul ao que facemos no estudio.”

E é ben certo que adoran esa “parafernalia pop” porque, maldita sexa, que diaños hai máis pop que un disco de Nadal coma o que acaban de lanzar? “Claro, meu, é que esa é a puta idea, nuabes? Nós somos moi fans da música británica pero quixemos facer algo que a nós nos parece xenuinamente americano, un sinxelo con cara A e cara B de cancións de Nadal, por suposto con toda a retranca e con todo o escepticismo que merecen esas datas do ano, pero tamén con todo o amor cara unha tradición do rock’n’roll que nos parece que se perdeu un pouquiño, nuabes? Botamos en falta este tipo de cancións, non exclusivamente de Nadal, cancións excitantes e con enerxía. Sempre recordamos con certa nostalxia cando pasabamos as noites de vran no noso porche escoitando a radio… esperando que soasen algún dos clasicos, xa sabes, antes de que a nosa nai chegara dos campos de algodón…”


 Falan entusiasmados e pisándose uns aos outros da súa derradeira entrega sonora, o “Cantan polo Nadal!”

que penduraron hai uns días no seu Bandcamp (http://familiacaamagno.bandcamp.com) e,  a diferenza da súa primeira homónima gravación editada o pasado outubro (http://familiacaamagno.bandcamp.com/album/familia-caamagno) , non haberá copias físicas.
“Ponlle aí que a baixe todo jesucristo pistolero, que é de balde” ordenan os de Sigüeiro. Proseguen con este novo sinxelo en liña ascendente dentro dese estilo guitarreiro e bailongo que caracteriza aos Caamagno. Garage? “Mira, esa etiqueta está completamente deturpada. Dígocho en serio, meu, estamos ata os ovos diso. Agora seica todo mariasantísima fai garage, nuabes? Calquera fodida banda que faga unha migha de fodido rock’n’roll ou de fodido punkrock cun sonido cotroso disque fai garage. Bueno, pois se para eles eso é garage, que lle chamen garage. Nós dende logo non facemos garage. Pallote como moito” rematan entre risadas. “Cousas de xornalistas!” Pois vós tampouco vos podedes queixar moito dos media, “Non, carallo! Todo o contrario, estamos superagradecidos por como nos soen tratar” e é que, na súa corta carreira como conxunto musical, xa saíron tocando en directo (en directo!) na TVG por dúas ocasións (A Solaina e Tourilandia), son habituais no Planeta Furancho “Vituco é de puta nai, é un puto ghuardián. Non somos dignos”, a súa “Panxoligna de amor R5” do “Cantan polo Nadal!” é a sintonía nestas datas do magacín radiofónico “Arredor de nós” de Radiofusión, ata os pincharon no programa de radio Intangible23 da emisora Todo Radio de Gran Canaria! Por non falar de todas as referencias que se poden atopar nas diferentes webs de música do país.

Si amigos, a Familia Caamagno remata este ano 2012 como unha das bandas revelación que apareceron ó longo destes doce meses “Home, revelación… tampouco é que isto sexa un fervedoiro brutal de bandas emerxentes. Pero si que é certo que o panorama musical do país cada vez é máis xeitoso. É o tema de sempre, nuabes? Pero nós si que nos parece que cada vez se fan mellores cousas aquí. Creémolo realmente. Por poñer unha pega, apuntaríamos o que dicía Martiño de The Homens/Grampoder (que para nós é outro puto referente),o de que faltan cancións. Niso estamos fodidamente de acordo; si que faltan cancións, temas pop ben feitos que che emocionen, que che fagan cantar, brincar e ouvear, nuabes? E despois,” proseguen xa embalados os nosos protagonistas “tamén deberiamos ser máis ambiciosos respecto do público ao que queremos chegar. Sempre estamos movéndonos no mesmo circuíto, sempre predicando para os conversos. Se queremos que a escena medre non debemos limitarnos ao de toda a vida, nuabes? hai que ir onde non nos queren, coma dícían os Sex Pistols.” E para o 2013? “Tocar, tocar e tocar. É o que nos gusta, meu, é o que nos fai flipar a cabeza. E a ver se damos xuntado algo de pasta para gravar algo antes de que acabe o vindeiro fodido ano.” E que nos o vexamos, maldita sexa.

Estimados lectores, a Familia Caamagno está aquí para quedarse.






REPUBLICA BILLARDA a descarga gratuita

A Liga Nacional da Billarda pusoxe no papel de Papa Non É e desde o día 24 podese descargar do seu BandCamp o disco  Republica Billarda!! #musicagalegasempre http://t.co/uzlQXP0P

OS JOHN DEERES UN NOVO AMENCER



Chegounos o tema adianto do primeiro traballo discografico de OS JOHN DEERES.
Escoitade e disfrutade que ainda ven quentiño!!!

GARCIA MC


https://www.youtube.com/watch?v=pkJqsGbZmBU

García Mc & Nación Quilombo - É a Partida
VIDEOCLIP de Xoel Méndez/García Mc
Dron operator and Cameraman second: Aitor Domínguez
https://www.youtube.com/watch?v=pkJqsGbZmBU

Na maxica data 12.12.2012 publicouse Abaixo e De Pé  o titulo deste traballo de García Mc compoñente do Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew.

Para escoitar GARCIA MC preme eiqui

Neste EP García mostra amor e rabia nunha mirada rebelde e zapatista que conduce a través dos ciclos naturais: a expresión das loitas de abaixo, as apegadas á terra.

É un traballo de artesanía feito localmente e que respira globalmente.






 Todas as letras son propias, agás o poema “Amor e sangue en Chiapas” de Lois Pereiro; o libriño interior contén ademais as respectivas traducións das letras a lingua castelá e inglesa por Daniel Salgado, Patricia Janeiro ou Jonathan Dunne.

Está gravado e mesturado en Rapapoulo Estudio por Javier Mourón “Mou” tamén de DKTC que leva o peso ademais de case a totalidade da produción musical xunto co produtor Fredi Regos “Croma”; a masterización é do mítico Arturo Vaquero.

No extenso apartado gráfico-artístico teñen a súa pegada dous recoñecidos artistas, o mexicano Gran Om e Xúlio Zé de Arinspunk. Colaboran ademais neste disco curto o mestre do trombón Antonio Rodríguez, o beat boxer Gende Beat, Emiliano Siem e Pepa Yáñez e a máis que destacada colaboración de Lengualerta o famoso artista mexicano, amigo persoal de García que coñece nas súas travesías musicais por México.

“Rúa arriba e rúa abaixo faise o camiño” di, co oficio da palabra consciente expresándose ao redor da alegría e o amor, do sangue e de Chiapas e con toda a xente anónima que fai a digna historia dos pobos, a que non sempre está escrita e todo isto cun posicionamento claro: Abaixo, e de pé.


Xa podedes facervos cunha copia deste traballo, editado polo selo Vir, nalgún dos seguintes puntos de venta:
A Coruña: Baiuca Terra, Librería Sisargas, Patachim, O Mentireiro, A Repichoca e C.S. Gomes Gaioso.
Lugo: C.S. Mádia Leva.
Compostela: As Dúas, O Pozo, Avante, C.S. Gentalha do Pichel, Restaurante RúaCultura Urbana.
Ourense: Faíscas e Auriense.
Vigo: C.S. A Cova dos Ratos e C.S. Bou Eva.
Baiona: Taberna Marrucho.
Ordes: Nuada Wanda.

PARA MAIS VER AS LETRAS E MAIS INFO: 

CRISTINA PATO MIGRATIONS en 2013


A gaiteira galega Cristina Pato lanza o seu novo disco Migrations coa discográfica de jazz Americana SUNNYSIDE Records. Roots and Jazz  en 2013
Con :
Victor Prieto, Edward Perez, Eric Doob, Emilio Solla and GUESTS Edmar Castaneda, Mike Block, John Hadfield, Sandeep Das, Colin Jacobsen, Suso Vaamonde, Roberto Comesaña.

Despois de xirar este outono por EEUU con Yo Yo Ma e o Silk Road Ensemble, pola India con Sandeep Das e o HUM Ensemble e colaborar como artista invitada no Festival Internacional de Jazz de Barcelona con Omar Sosa; Cristina Pato continua a sua imparable andadura en solitario co lanzamento do seu novo disco MIGRATIONS en Xaneiro do 2013 (coa discográfica de jazz Americana Sunnyside Records).

A gaiteira acaba de regresar dunha xira por Texas patrocinada por Texas Performing Arts e Musical Bridges Around the World. Durante este mes Cristina Pato colaborou tamen en labores educativas con MBAW, Silk Road Connect e o Presidential Committee of the Arts and Humanities dos EEUU e Harvard University.

As próximas paradas da gaiteira inclúen Ourense o 20 de Decembro, Harvard University, e en Xaneiro o mítico Jazz Standard de NYC: o 15 de Xaneiro é o lanzamento oficial de “Migrations”, o novo disco da gaiteira, pianista y productora….

 Cristina Pato and The Migrations Band @Jazz Standard January 15th 2013: Victor Prieto accordion, Eric Doob drums, Edward Perez double bass, John Hadfield percussion and Cristina Pato on voice, piano, flutes and bagpipes.

E para os que teñan curiosidade….”MIGRATIONS” VIDEO novo disco!

http://www.youtube.com/watch?v=00M0cq4FoJM&list=UL

Para máis info: web Cristina Pato

CoraSons



"Quen ve coraçoes" é unha páxina na internet onde a fotógrafa portuguesa Isabel Valentim foi publicando unha serie de textos e fotografías co leiv motiv dos ‘corazóns casuaies’, figuras de corazóns achadas na natureza e espalladas polo mundo. Deste xeito, pintadas nas paredes, portas, area o incluso xelo coa forma de corazón,  foronse incorporando á páxina.

Uxía, cantante galega xa coñecía a Isabel desde años atrás, namorouse das fotos e propusolle facer unha exposición na Casa das Crechas de Santiago de Compostela.

A partir de ali, ol proxecto foi incorporando amigos incondicionais, namorados dos corazóns que non dubidaron en por o mellor deles mesmos e do seu arte ó servizo da causa.

Estes dias volcese a repetir a esperienzia con concertos en Coruña e Teo coa presenza de :

 Uxía, Isabel Leal, Carlos Blanco, María Pujalte, Xoan Curiel, Magín Blanco, Tatán Cunha, Belen Cid, Pablo Vidal, Sergio Tannus, Joâo Afonso, Najla Shami, Ugia Pedreira, Quiné Teles, Sergio Sales, Alfredo Teixeira, Rui David, Chus Domínguez, Ana Senlle, Couple Coffee, Bruno Cardoso, Manuel e Inés Salselas e Aline Frazâo.

ARRHYTHMIA


Banda luguesa composta por:
Alvaro Barreiro - Batería
Alex Maciñeiras - Baixo Eléctrico
Alberto Busto - Guitarra eléctrica


II (2016) é o segundo traballo discográfico de Arrhythmia, o power trío de Lugo.

Gravado en Master Key Estudios, o disco son 8 temas:

Orixe
Tan só notas
Mensaxe
Mil xeitos
O pasado non é unha opción
Onde todo empeza
Morte
Resurrección.

Deles seis temas estan cantados en galego mentres que o primeiro e o último son instrumentais.

Mezclado por Álvaro L. Barreiro e autoproducido por Arrhythmia.



A idea básica é como os poderes xogan cos tempos e espremen o sangue do pobo para navegar sobre ela nun barco de cartos a costa de morte e explotación. Tentamos plasmar do xeito máis gráfico posible esa cadea de inxustizas, na que para que uns poidan vivir con excesos, outros teñen que morrer.





Escoitaos en bandcamp:

https://osarrhythmia.bandcamp.com/album/ii

Escoitaos no Youtube

 
Arrhythmia - Mensaxe

https://www.youtube.com/watch?v=U-ziR7NOnGQ&index=1&
Video realizado por Álvaro L. Barreiro



Arrhythmia - Onde todo empeza

https://www.youtube.com/watch?v=RuYbvEHY9aU
Video realizado por Álvaro L. Barreiro.


DISCOGRAFIA PREVIA:


III  foi o primeiro traballo da banda coa formación actual e íntegramente en galego o que supuxo unha ruptura con todo o anterior.

O E.P composto por 3 cancións (Diñeiro, Ninguén, Non quero) que conforman a mesma historia vista dende tres puntos de vista diferentes.

Gravado en Abrigueiro Estudios en Outubro de 2012.

Mezclado por Álvaro L. Barreiro.

Autoproducido por Arrhythmia

Arrhythmia - Diñeiro


https://www.youtube.com/watch?v=issyr6ELeNM

"Adicado ós afectados polas preferentes. Rompamos a baralla, mudemos a un xogo diferente".




Pódese obter información ou seguir ó grupo en:

http://www.facebook.com/osarrhythmia

https://twitter.com/osarrhythmia



CONTACTO:
  
osarrhythmia@gmail.com

MAMA CABRA XIRA NADAL 2012







O grupo de música infantil Mamá Cabra inicia a súa xira de concertos de Nadal repartindo música e diversión por toda a xeografía galega.



Despois de encher todolos auditorios polos que xirou no 2011, Mamá Cabra volve con máis forza e máis cancións para os máis pequenos. Para rematar o ano Mamá Cabra sorprendernos coa publicación dun novo libro-disco-dvd titulado Bicos de Música, unha vez máis da man da editorial Galaxia. Este traballo vai acompañado dun novo espectáculo, cheo de sorpresas, anécdotas, bromas, bailes, xogos e diversión sen límite, sen esquecer a súa clara vocación didáctica e educativa.

Con Bicos de Música, xa son tres os espectáculos que o grupo galego ten activos neste intre, xunto con Ola ola lá! e o especial panxoliñas Xa me tardan estes Magos.

CALENDARIO DE CONCERTOS

21 decembro BOIRO - Xa me tardan estes Magos

22 decembro A CORUÑA (Forum Metropolitano) - Cantos Pequenos

23 decembro VIGO (Auditorio Municipal) - Cantos Pequenos

26 decembro RIBADEO (Auditorio Hernán Naval) - Cantos Pequenos

27 decembro CANGAS (Auditotorio Municipal) - Bicos de Música

28 decembro CARBALLO (Pazo da Cultura) - Cantos Pequenos

29 decembro OLEIROS (A Fábrica) - Xa me tardan estes Magos

30 decembro GONDOMAR (Auditorio Lois Tobío) - Cantos Pequenos

2 xaneiro AS PONTES (Casa do Peso) - O mellor de Mamá Cabra

3 xaneiro AMES (Casa da Cultura de Bertamiráns) - Xa me tardan estes Magos

4 xaneiro REDONDELA (Auditorio da Xunqueira) - Xa me tardan estes Magos

4 xaneiro RIBEIRA (Auditorio Municipal) - Bicos de Música
 

OBRADOIRO E CONCERTO DE
PESDELÁN

OBRADOIRO: Mércores 19 de decembro de 2012 ás 18:30h
Centro Sociocultural Fontiñas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Programa de Nadal da Concellería de Centros Socioculturais,
Rede Cultural da Deputación da Coruña 2012

CONCERTO: Xoves 27 de decembro de 2012 ás 18:30h
Centro Sociocultural Fontiñas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Programa de Nadal da Concellería de Centros Socioculturais,
Rede Cultural da Deputación da Coruña 2012

Pesdelán é un proxeto de música para baile
Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante


Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos,
bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal
(Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo
e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador
polo de público participante, e como non, pasalo ben.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema:
o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas,
para despois bailalos todos xuntos."

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán.
Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués
dun xeito divertido e participativo.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka,
conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes
do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias.

CE ORQUESTRA PANTASMA

Para escoitar a CE ORQUESTRA PANTASMA preme eiqui

O seu nome é César Freiría Prado e naceu no Barrio Vigués do Freixo  alá polo ano 1975 no seo dunha familia ben coñecida na parroquia de Valladares pola sua vinculación á música: Os Cipriáns. A sua andaina musical comezou con oito anos como alumno do mestre “Moxenas” dentro do campo da Musica tradicional. Foron nesas clases donde ademáis de aprender a tocar a gaita e percusións galegas, espertou a inquedanza e curiosidade por experimentar con canto instrumento pasase perto del. Ao longo da sua vida musical trebellou con instrumentos diversos aprendidos a tocar a maioria de xeito autodidacta, pasaron polas suas mans: o clarinete, o baixo, acordeón diatónico e cromático, guitarra, mandolina, armónica.… e gran variedade de instrumentos de percusión. A sua curiosidade foi ampliándose cando se propuxo inventar algún instrumento para chegar a tocar en solitario como home orquestra: o batepés, a kalímba baixo e  a guitarra de acordes fixos foron os instrumentos inventados naquel momento.

Traballou durante dez anos como carpinteiro ata que con 28 anos abandoa esta profesión e marcha para Santiago de Compostela donde fai a carreira de Maxisterio musical e unha vez rematada exerce como mestre de música nunha escola da cidade durante dous anos.


Despois de pasar por diferentes grupos dentro da música folc-tradicional como: A Roda, Aradouro, O Ciprián e mailo can, Aturuxo, Os Cipriáns…  rondallas de nadal, coros infantís e  grupos de punk como: Oxtiax Ke Te Pariu, decidiu armarse en solitario como home orquestra. Con máis de catrocentos concertos en catro anos , este músico  leva percorrido toda a xeografía galega dende comenzos do ano 2008 paseándose polos mellores festivais e festas do país  levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.






PAXINA WEB CE ORQUESTRA PANTASMA 

CONTACTO
✆ 653 025 708
contacto@ceorquestrapantasma.com

POP NOVO DISCO DE PEIXOTO E BARROSO


O MÉRCORE 19 AS 19:00h en A Regueifa (Vigo)

Presentase o novo CD de Fernando Barroso e Luis Peixoto para mecenas (próximos que queiran recoller o seu CD), para responsables de cultura dos diferentes medios de información e para amigos que queran acompañarnos neste día. 

Falaran do disco, tocaran un par de pezas e beberán un viño con todos vos.

- Presentación do disco . Luis e Fernando falan sobre a experiencia de gravar POP
- 2 músicas en semiacústico.
- Reparto de discos aos mecenas que por alí se queran achegar.
- Convidamos a un viño e un pincho aos amigos e prensa






FAMILIA CAAMAGNO CANTAN POLO NADAL

Familia Caamagno ven de presentar “Cantan polo Nadal”, un E.P no que os mafiosos de Sigüeiro continúan fieis ó seu rock de inspiración 60's, bailongo e guitarreiro.

 





Pódelo descargar de balde no seu bandcamp : http://familiacaamagno.bandcamp.com/

REBELIOM DO INFRAMUNDO A SORPRESA

REBELIOM DO INFRAMUNDO entreganos un video de adianto do que será o seu disco A SORPRESA



Tema adianto do proximo disco da REBELIOM DO INFRAMUNDO,em poucos dias O DISCO NAS RUAS!! A SORPRESA!!!

http://youtu.be/otDmB-5GsbY

NHIO! COIDADO PALIATIVOS

COIDADOS PALIATIVOS é o titulo do dico de NHIO!

Foi gravado no seu  local e cos seus medios (escasos) , e logo auto mixturado.

Os temas son todos de Nhió! agás:
As Encrobas que é: "Cantiga de as Encrobas" unha letra de Manuel María/popular que musicou Fuxan os Ventos, e
 "Dar armas ós nenos" que é de Carlos "Fraghi" un amigo noso.


Estas son as ligazóns para descargalas imaxes https://www.rapidshare.com/files/2704212175/Nhi%C3%B3%21%21%20-%20Tratamentos%20Paliativos%20-%20Imaxes.rar 

ou o a maqueta coas imaxes https://www.rapidshare.com/files/3928868507/Nhi%C3%B3%21%21%20-%20Tratamentos%20Paliativos.rar

ENTREVISTA A GUEZOS

Por que Guezos?

Un día despois dun ensaio xa hai 12 anos, decidimos que xa era hora de poñerlle nome ao que andabamos a facer. Como non tiñamos nada pensado, abrimos un diccionario de barallete-galego ó chou e saíu “Guezos” que significa rapaces de entre 12- 14 anos.

Cal é a formación actual?

2 voces, unha batería, un baixo, acordeón e teclado, guitarra acústica e eléctrica 2 gaitas, flauta traveseira e whistle.

Que vai escoitar alguén que poña un disco voso ou vaia a un concerto de Guezos.

Melodías directas, voces que cantan letras meditadas, moita potencia na maioría das ocasións, ritmos variados, estilos diversos, algunha que outra versión e nos concertos tempo para escoitar atento e tempo para participar co grupo da festa.

Que ofrecedes vós distinto aos demais grupos de folk ou de rock.

Vemos grandísimos grupos de folk tradicional ou máis experimental ou bos grupos de rock que utilizan tamén gaitas en plan residual ou secundario. Non coñecemos a case nengunha formación galega que empregue un instrumento coma a gaita co respeto e a importancia que nós lle damos dentro dun contexto rock. Tan só o temos observado en formacións estranxeiras e a verdade, chámanos moito a atención. Cremos que esa é a diferenza e a marca do grupo.

A onde queredes chegar?

Está claro que cando se fai un grupo non o fas para tocar só diante da familia e dos amigos. Existe a vocación de darse a coñecer, de tocar en grandes festivais, de editar moitos discos máis, de ser un grupo repectado polo menos dentro de Galicia, e sobre todo de manter esta formación coa que xa levamos 5 anos durante moito máis tempo si é posible.

De que falan as vosas cancións?

De medo, de ecoloxía, de amor, da vida en xeral.

Como se fai unha canción no voso grupo?

Normalmente un ten unha idea xa bastante desenvolvida e fai unha maquetiña na casa que presenta aos demáis via email ou nun ensaio. Falamos das impresións que nos da a canción e decidimos traballar nela ou non. Despois cada un aporta no seu campo todo o que pode e traballámola en equipo. A única premisa é que “si nos gusta, nos la quedamos”, sin importarnos o xénero, o ritmo ou o estilo.
A verdade é que temos un sistema bastante automatizado que nos funciona bastante ben, pero agora queremos introducir novos métodos de composición para experimentar que pasa si se fai doutro xeito.


Que importancia lle dades o son nos directos?

O obxecivo final sempre é soar potentes pero nítidos á vez, para elo estamos sempre invertindo en mellorar o noso equipo de son, micros, mellores instrumentos, novos sistemas “in ear” para lograr mellor afinación nas voces e instrumentos de vento, e sobre todo sempre levamos con nós un técnico de son que sabe perfectamente como queremos sonar e que se adapta a calquera sala ou equipo de festival que se lle presente.

Cales son os vosos proxectos de futuro máis cercano?

Temos que seguir a presentar por Galicia “O histérico Latexo” o último disco co que levamos xirado por toda Galicia e estamos en negoiciacións con grandes festivais, a ver si dunha vez por todas entramos nese tipo de circuítos. Logo virá posiblemente a gravación dun disco en directo con temas novos e algún dos de sempre rescatado en novo formato para o 2013 ou principios do 2014.

CANTIGAS DE MULLERES

Dispoñible hoxe 12/12/12

Mulleres sol na musica gálega
Cantigas de Mulleres é unha colección de 17 fermosas cancións interpretadas por grandes artistas da escena musical galega, cun amplo abanico que vai dende as novísimas Sonia Lebedinsky ou Sés, deica a veterana Señora Carmen.
Un disco que se engade á colección "Cantigas" do selo Fol Música e que reivindica o talento, a creatividade e a forza cultural das mulleres galegas na música.
Coa direccion artística de Uxía e deseño de O Pastor, esta edición trilingüe (galego, castelán e inglés) está tamén pensada para o público internacional.

TRACK LIST: 1 - UXÍA - As Nosas Cores 2 - GUADI GALEGO - Madama
3 - MARFUL - Tris Tras 4 - SÉS - Fala de Mel 5 - MERCEDES PEON - Derorán
6 - IALMA - 6 AM 7 - ROSA CEDRÓN e CRISTINA PATO – Mirabella 8 - SONDESEU - Espadelada de Penosiños 9 - LEILÍA - Voz das amigas 10 - SUSANA SEIVANE – Xoaniña 11 - LOBALÚ - Cantar 22 12 - SEÑORA CARMEN - Rosiña do mes de maio 13 - DOA - Levousa Fremousa 14 - MARIA MANUELA - Ven que te levo 15 - MÓNICA DE NUT - Por que hei de cantare 16 - FÍA NA ROCA - Noite Negra 17 - MALVELA - Pola Rúa de San Pedro

Fol Musica quere agradecer os selos e artistas participantes nesta compilacion

Gañamos a pulso unha visibilidade que hai uns anos non tiñamos e logramos un amplo abano de público feminino de todas as idades. Boa parte do público que acode aos nosos concertos son mulleres que entenden o que outras mulleres cantamos, que se senten identificadas coas letras das nosas composicións, que descobren, ao escoitarnos, a súa propia voz.
Somos moitas as mulleres na composición, non só as intérpretes. Non somos só voces transmisoras do que outros escriben....cada vez somos máis as mulleres autoras: creadoras de textos e melodías que nos expresan e reivindican; voces que atronan contra o silenciamento e entoan cántigas tecidas coas nosas emocións.
Mulleres plurais, diferentes entre nós, con discursos propios e postas en escena intensas e apaixonadas, actualizándonos e reinventándonos na sonoridade, na necesaria complicidade entre as mulleres galegas do canto, a voz das amigas.
Tamén sentimos a necesidade imperiosa de desmitificar, rachar tabús e retratar unha visión renovada da muller, fóra do eterno cliché, fuxindo dos estereotipos obsoletos.
Así somos nós no canto....forza matriz, mulleres-sol das que non se arredan, das que non temos pelos na lingua, das que non cantamos só ás pombas e as flores, das que facemos cantigas na nosa língua e coidamos a valiosa herdanza das cantigas das nosas avoas, pandeireta en man.
Morganas que berramos forte ou docemente susurramos unha nana, mulleres que sabemos que a revolución pendente, a do século XXI, é a nosa, cando mostremos as nosas cores e en todas partes resoe o cantar forte e poderoso das mulleres deste país que, tamén, ten nome de muller.

Uxía
Novembro 2012

ESCOITA CANTIGAS DE MULLERES EN SPOTIFY

MERCA CANTIGAS DE MULLERES EN ITUNES

MERCA O CD EN CALQUER LUGAR DO MUNDO

PROCESION DA SANTA BOLAÑA

Chega a "Procesión da Santa Bolaña. De tazas con Roberto Vidal Bolaño", a proposta dalgúns veciños de Santiago de Compostela, e impulsada pola Candidatura do Povo e outros colectivos sociais. A procesión vaise realizar o vindeiro sábado dia 15 de Decembro, e facendo fe de puro paganismo recorrerá as rúas de Compostela entre cánticos e ladaíñas profanas facendo parada e via crucis en distintos bares da zona vella, onde o público asistente vai recrear, entre viño e viño, varios fragmentos da obra de Roberto.


As recreacións estarán monitorizadas por varias persoas ligadas ao teatro galego como Víctor Mosqueira, Clara Gayo, Chiqui Pereira, Xesús Ron e Carlos Santiago. Pola mañá haberá unha charla sobre a figura do dramaturgo, "Conversas con Roberto", na Libraria Couceiro coa presenza de Paco Macías. A procesión vai partir da Asociación Veciñal "As Brañas de Andrés", nos Pelamios, por volta das seis da tarde, para logo visitar o Café Bar Trece, o Restaurante Rúa, o Xa Chegou, o Bar As Dúas e O Pozo, para rematar no Pub Avante, cunha foliada e o concerto de Leo Arremecaghoná e García DKTC.

No contexto da iniciativa, a Candidatura do Povo, xunto con outros colectivos sociais, vanse sumar á proposta de atribuír o nome de Roberto Vidal Bolaño ao Salón Teatro, que estes días será anunciada aos medios.

XOAN CURIEL "NOVAS"



DENTRO DO CICLO “ÍNTIMO E ACÚSTICO”

Un Xoán Curiel inédito e lírico chega a Compostela con 'Novas'

'Novas' é o máis recente espectáculo de Xoán Curiel. O artista defíneo como “unha paréntese” no seu segundo traballo discográfico, Magnético Zen, e co culminará un ano que foi e aínda será “intenso” canto a presentacións, participacións en eventos e en diferentes discos. Nova formación, novo repertorio e nova propostas artística caracterizan un proxecto que se poderá ver os próximos días 11 e 12 de decembro na galería compostelana Zona C.

En 'Novas', Curiel detense para cantar temas inéditos que perfilan un novo disco e algunha outra peza das súas colaboracións en traballos doutros artistas; cancións líricas que “teñen unha emocionalidade”, apunta. Ademais, tal e como indica o propio cantor, este concerto amosa a súa útlima creación “cun formato musical e espacial diferente”. 'Novas' xorde como “unha necesidade de agasallarme o feito de experimentar algo novo na música, algo diferente e dun xeito diferente” arriscando a explorar, sinala.

Estes concertos, que se celebrarán na galería de arte Zona C sita en San Domingos de Bonaval número 1, ás 21:00 horas, encádranse no ciclo "Íntimo e acústico" do Concello de Santiago. As entradas xa se poden adquirir no Teatro Principal compostelán en horario de billeteira, de martes a sábado de 18 a 21h a un prezo de oito euros.

Para quen se achegue ao evento, a cada entrada corresponderalle unha infusión e un petisco doce caseiro elaborados por M* Café & Copas.

Nova formación

A formación que porá son a 'Novas' está composta por Serginho Sales ao teclado, acordeón e efectos, Alberte Rodríguez no contrabaixo e baixo eléctrico, e como cantante convidada Nastasia Zürcher. É a primeira vez que estes músicos se reúnen “porque non levo percusión -será electrónica- que é algo inusual cando toca con mais músicos, indica Xoán Curiel, o cal quere dicir que vai ser un formato mais lírico. Ademais, a posta en escena vai ser tamén diferente, xa que as persoas que asistan mesturaranse cos músicos ”para que o público nos poida ver de moitos ángulos”, di.

Canto á relación cos músicos que o acompañarán nestes concertos, con Serginho Sales ten colaborado en A Nena e o Grilo. Pola súa banda, Alberte Rodríguez entrou na banda habitual de Xoán Curiel para substituír nalgún concerto de Magnético Zen o baixista do grupo, Xabier Olite.

Talento en varios proxectos

O cantor afincado en Teo ten feito numerosas colaboracións nos últimos anos. Sen ir máis lonxe, en xaneiro deste ano cantou xunto a Carlos do Carmo, entre outros artistas, en Cantos na Maré; xa en outubro, participou no Festival Estou Lá como artista e director artístico compartindo escenario con figuras coma Eneida Marta ou João Afonso, entre outros moitos. Tamén ten colaborado con Xabier Díaz e Guillerme Fernández no disco Arrolos de salitre ou coa cantora angolana Aline Frazão no seu traballo A minha embala, por mencionar só algúns.

GUITARRA CLASICA GALEGA NOVO CD SAMUEL DIZ

Guitarra Clásica Galega, novo traballo discográfico do selo Ouvirmos, fai un percorrido polo pasado, presente e futuro do instrumento na nosa cultura. Unha viaxe pola nosa historia, da man do recoñecido intérprete Samuel Diz, ao tempo que un canto á guitarra galega que inexplicablemente non fora formulado até o de agora.
Presentamos así unha recompilación de pezas fundamentais que nos levarán desde a década dos 30 no exilio cubano até o século XXI coa nova xeración de compositores galegos. Unha obra que constitúe o primeiro traballo destas características en Galicia realizado desde unha perspectiva viva e universal da nosa cultura. Diz comparte unha visión da guitarra non só a partir dos compositores e intérpretes galegos, senón tamén a través da pegada "que a nosa paisaxe gravou na retina doutros creadores non 'autóctonos'".

O guitarrista e musicólogo Leopoldo Neri destaca o labor de Samuel Diz na recuperación dun patrimonio esquecido ou descoñecido da tradición guitarrística galega. Segundo Neri, "este crisol caleidoscópico de pezas para guitarra, tan esplendidamente interpretadas polo tudense, desvélanos un íntimo e sensual espazo da historia musical galega e, á vez, o vigor compositivo dos nosos días”.

Este proxecto discográfico reúne nun só disco pezas como Violetas, de José Fernández Vide -que nos retrotraen ás veladas musicais ofrecidas polos compositores galegos exiliados en La Habana-, composicións neoclásicas como Pastoral, de Jesús Bay y Gay e da súa esposa Rosita García Ascot, Española -exemplos do renacemento da guitarra nas primeiras décadas do século XX-, a monumental Suite Compostelana de Frederic Mompou, ou Nocturnal (Bal y Gay) de Fernando Buide, primeira peza escrita para guitarra soa en comisión para este disco por un dos autores con maior proxección dentro dos novos compositores galegos.
Guitarra Clásica Galega nace pois como unha obra fundamental para recuperar e preservar unha parte esencial da nosa historia musical.


Track List


Rosa García Ascot (Madrid, 1902 – 2002)
01 Española

Jesús Bal y Gay (Lugo, 1905 – 1993)
02 Pastoral
Fernando Buide (Santiago de Compostela, n.1980)
03 Nocturnal (Bal y Gay)  (escrita en comisión para este disco) 
Frederic Mompou (Barcelona, 1893 – 1987)
Suite Compostelana
04 Preludio

05 Coral

06 Cuna

07 Recitativo

08 Canción

09 Muiñeira
José Chás (San Pedro de Nós, 1908 – 1947)
10 Preludio no3
Paco Barreiro (Vigo, 1953)
11 Berce
Tino Prados (Lugo, 1924 – 1981)
12 Sarita
Manuel Herminio Iglesias (Ourense, n. 1949)
13 Froles d’Ouro 
José Fernández Vide (Ourense, 1893 – 1981)
14 Violetas
Hermelindo Ruiz Mestre (San Sebastián – Porto Rico, n.1987)
15 Zidur
Oswaldo Oro (Vigo, n.1980)
16 Labas





Únete en Facebook á Presentación 'Guitarra Clásica Galega'

Para máis info: Samuel Diz

ENTREVISTA A GENDEBEAT/XENDERAL

Antes de nada ,como me dirixo a ti, por Gendebeat ou por Xenderal? Estou confuso!
Gendebeat é o nome que adoptei nos comezos, cando xa cantaba rap e comezaba a facer beatbox. Agora uso o nome de Xenderal dende que canto ragga, ainda que non deixo de facer rap e beatbox!
Amin pódeseme chamar por calquera, incluso por Carlos ou pola corda.

Como comezaches na música?
Creo comecei nesto por estar algo reodeado por grupos Comecei facendo algunha letra de rap e cantando co meu primo Nitram no seu local. Era por pasar o rato, se saia algo mellor e se nos invitaban a algures, alí íamos. Para meu primo creo que era como un complemento pois el ten o seu propio proxecto moi lonxe do HipHop, é o cantante de Machina. A pesar de non haber traballado en conxunto máis tempo creo que os dous nos foi ben e fumos aprendendo, eu dende logo , xa que polo menos non teño tanta vergoña ou pánico escénico e podo facer as miñas cousiñas.

Entón Machina é unha influencia para ti?
Máis que me influenciara a sua música ou estilo, o cal aprecio e me sinto orgulloso, influenciome a sua compaña e o poder ir ao local de ensaio a velos. Non tanto Machina como grupo e a sua música senon os seus compoñentes como músicos. Si ben eu consideronme un analfabeto, falando en termos de teoria musical, creo que o compartir local e momentos me convenceu para que dera o paso, pois eu sempre quixen formar parte dunha maneira ou outra do mundo da música.

Eso do beatbox, que é e como o aprendiches?
O beatbox, ou máis correctamente beatbox humano é a denominación que se lle da á percusión vocal no ámbito do HipHop e músicas urbanas. É unha técnica vocal pola cal se chegan a imitar instrumentos e facer ritmos. Comeceino a aprender de maneira autodidácta coa axuda de Internet pois caíame de caixón ao ser un dos piares que forman o cultura do HipHop. Como o breakdance non fun capaz de sacalo adiante...
O haber aprendido beatbox fixo, en parte, que me dera a coñecer pois daquela comezaba a ser algo novo aquí na Galiza. Grazas a el gañara daquela o concurso da concellería de xuventude do Concello de Vigo co himno galego versionado en beatbox. A dia de hoxe son eu quen o amosa á xuventude en diferentes obradoiros que fago polos institutos.

Esto do HipHop e os diferentes elementos soame de DiosKeTeCrew. Coñécelos?
Por suposto e teño boa relación con eles. Escoitaba aos seus compoñentes, xunto con outros grupos, facer rap en galego e para min foron unha influencia ben clara. O de poder facer o que che gusta da maneira que che guste. Colaborei coa DKTC nunha serie de concertos nos que eu me dedicaba ao 5º piar do HipHop, ou sexa o beatbox.

Colaboraches con máis grupos?
Si, por suposto cos da casa:. os “neo-vellos” Zënzar. Un grupo que sabe combinar moi ben o que leva facendo xa 25 anos! rock en galego coa máis dispares colaboracións, entre elas eu. Cos carbelleses K-raxe, de estilo metal, tamén grabei nun tema que se chama “Control do mal”. Como ves, colaboro máis con grupos de estilos diferentes aos meus. Será porque cadro máis con eles, e eles agradecen que haxa unha pincelada diferente nos seus concertos.

Eu escoiteite nalgún concerto e exactamente rap non fas. Explicame iso?
Non, pois o haber escoitado reggae e tódolos estilos derivados del ata ser o tipo de música preferida fixo que cambiara un chisco a maneira de rapear. Sigo dicindo as mesmas cousas pero en termos musicais doutro xeito. Agora canto nunha soundsystem de Vigo chamada Selectah in Helicopter que forma parte do colectivo Soundkilla. Nela uso estilos como o ragga para cantar e o beatbox como complemento.


Que é exactamente unha soundsystem?
Trátase dun sistema de son autoxestionado e autónomo. Un conxunto de selectores, o que no HipHop se coñece como Dj, que teñen un equipo de música coas suas etapas e altavoces e que xunto cun xerador de corrente poden, coma quen di, montar a festa en calquer lado!
Selecta in Helicopter xa somos expertos neso e ben coñecidos no mundo das raves galegas.

Para cando un traballo editado de Xenderal?
Si ben neste sentido son un vago, non quere dicir que non estea a facer cousas. Eu sempre invito a virme ver en concerto máis que esperar un cd ou algo así. Ulir a sudor do cantante é algo que a tecnoloxia ainda non nos proporcionou! Despois de todo, o tardar tanto tempo fai que non quede moito para que saque algún traballo.

E por último e para que marches roñando, por que cantas en galego?
Vai rañalo carallo!

Entrevista a OS CANTAREIROS DO MAR


¿Que son “Os cantareiros do mar”?
Os cantareiros do mar” somos un trío musical formado en Barcelona. Somos dous galegos “emigrados” Anxo (guitarra e barítono) e Gabriel (tenor) e un catalán “galeguizado”, Aleix (acordión e voz de baixo).
¿Cal é a vosa proposta?
Todos sabemos que ó estar fóra da terra a morriña sempre é algo que levas dentro. Nos queriamos escoitar música en galego, e que mellor que nós mesmos para facelo, e para mostrala fóra das nosas fronteiras, con orgullo e con adicación. Anxo é de Marín, Gabriel de Vigo, o mar sempre nos marcou, e por iso escollimos ese nome. Interpretamos temas de música popular, e cancións mariñeiras, respetando a tradición, pero sempre cun punto de modernidade, e coa calidade interpretativa que merecen estas pezas.
¿Algún exemplo dos temas que interpretades?
Gústanos variar, facer temas con máis ritmo como “A folíada de Santiago”, ou “Catro vellos mariñeiros”, “A Santiago vou”… e temas máis lentos e melódicos como “Unha noite na eira do trigo…”, “Ahí ven o maio…”; tamén facemos adaptacións dos clásicos da música galega como “Negra sombra” ou “Lela”…
Todo con voces masculinas.
Sí, queremos que a voz masculina teña máis importancia na tradición da música galega. Temos un gran exemplo en “A Roda”, (do recente e tristemente finado FITO). Son un referente para nós. Queremos que as voces dos mariñeiros cantando e pasando unha boa noite nas tabernas, volvan a escoitarse nesas melodías nostras.
¿Actuaredes só por Barcelona, ou tedes pensado abrir fronteiras?
Un dos nosos obxetivos principais é dar a coñecer a música galega en Cataluña, e tamén no resto de España, e se pode ser en calqueira lugar do mundo. Pero tamén recoñecemos que sería para nós unha grandísima ilusión poder ser profetas na nosa terra. Hai proxectos de tocar en Galicia, pero xa se sabe que ata que non estean seguros… mellor calar.
En Cataluña hai unha gran tradición das cancións mariñeiras e habaneras, ¿pode a vosa formación encaixar nese xénero?
Non podemos dicir nin que si nin que non. Tentamos ofrecer algo novidoso, o primeiro no idioma. Nós usamos o galego, e polo tanto o noso repertorio xa é de entrada diferente. Pero por outra banda a nosa formación (acordión, guitarra e voces) sí que é unha formación típica de grupo de habaneras. De todas formas preferimos que nos coñezan simplemente como “Os cantareiros do mar”, e cando nos escoiten que cada un decida. Sí que é certo que esa tradición de música mariñeira en Cataluña está moi instaurada, e ten prestixio, algo que nos gustaría moito que puidésemos asentar en Galiza.
Faládenos un pouco de vós.
Pois Anxo é guitarrista nun par de grupos de boa tirada en Barcelona, e tivo ocasión de xirar con eles por escenarios míticos de Cataluña. Aleix é acordeonista en grupos de habaneras en Cataluña, tamén é profesor de música, e participa en diferentes actos das casas galegas. Gabriel é tenor lírico e ten actuado en zarzuelas e musicais en Barcelona. Pero ós tres nos une a paixón pola música galega, por iso fundamos o grupo.
¿Onde podemos saber máis de vós?
Temos una web en construcción : www.cantareirosdomar.wix.com/cantareirosdomar
onde podedes saber máis de nós, e escoitar algunh cousiña. E despois nas redes sociales, se nos buscades ahí estaremos.
Grazas e moita sorte co proxecto.
Grazas a vós… e ¡A CANTAR¡

21 DECEMBRO V ANIVERSARIO COLECTIVO BERRA!


BERRA! V ANIVERSARIO -
Festival de Inverno no Val Miñor

Casa da Cultura de Camos - Nigrán   [CARPA CUBERTA]

Cartel completo:
 
HABEAS CORPUS
SEGISMUNDO TOXICÓMANO
DAKIDARRÍA
KONFLIKTO
KALLAIKOI



BONO AXUDA--> ANTICIPADA 10€ / TAQUILLA 12€


Anticipada en:

Taberna Marrucho (Baiona)
Tenda Tipo (Vigo)
Bar Berlín (Vigo)
Espira trece (Vigo)
A Regueifa (Ponteareas)
Guerrilla Radio (Cangas)
Mahara (Coruña)
Peggy Records (Ourense)
Centro Social Fuscalho (A Garda)
on-line en Marearockticket.com:

http://www.marearockticket.com/V-Aniversario-Berra-Camos-santa-baia-Centro-Cultural-A-Camoesa-Conciertos-Festival-21-Dic-2012_show_136.html#.UMEZe4PFB8E

Non esquezades Que as primeiras 100 entradas levan gratis o último cd de Segismundo Toxicomano "ke no cunda el pánico"**

**Non válido para anticipadas on-line




www.colectivoberra.org

CANTAREIROS DO MAR

Para escoitar CANTAREIROS DO MAR preme eiqui
Compoñentes
ALEIX MARTINEZ, acordión e baixo
ANXO SANTIAGO, guitarra e barítono
GABRIEL LEZCANO, tenor



"Cantareiros do mar" é un grupo musical que pretende dar a coñecer á música popular galega dentro e fóra das nosas fronteiras. Queremos diginificar a música que noutras épocas se cantaban nas tabernas da nosa terra. Outra das nosas intencións é achegar á música galega pero cun toque persoal e distintivo de outras formacións.
Creado en Barcelona, por compoñentes galegos e cataláns, tentamos que Galiza se sínta orgullosa da súa música, tanto a xente que coñeceu estas cancións de seu, como a xente nova que aínda non puido desfrutar dunha tradición musical rica en contidos e melodías.

Cancións


O noso repertorio inclúe clásicos como "Catro vellos mariñeiros", "La bella Lola", "Pousa, pousa", "A foliada de Santiago", etc. 
Tamén queremos engadir temas máis recentes como "Unha noite na eira do trigo", "A santiago vou", "Lela"...
Por outra banda a nosa labor de recuperación dos   clásicos, déixanos abertos a suxerencias e ideas que podedes facernos chegar ó noso correo.


C o n t a c t o

cantareirosdomar@gmail.com
Tlfno: 650 128 341


Web:Cantareiros do mar

SERGIO TANNUS NOVO DISCO SON BRASILEGO


SON BRASILEGO O NOVO DISCO DE SERGIO TANNUS

Á VENDA A PARTIR DO 18 DE DECEMBRO 2012

A edición dixital estará dispoñible a partir do 12/12/12

Sérgio Tannus é un dos músicos máis completos da safra brasileira. Mora en Compostela dende hai 6 anos, e en todo este tempo non parou de traballar e traballar, compartindo escenarios cos máis grandes. Pero agora é el o que presenta o seu traballo propio, onde conta ca compañía de moitos destes grandes amigos músicos. Uxía, Antonio Zambujo, Joao Afonso, Ugia Pedreira, Narf, Ceumar, Couple Coffee... e así ate 40 colaboradores. “SON BRASILEGO” é un proxecto de grande porte constituíndo unha auténtica ponte musical entre os países da lusofonía, especialmente entre Galiza e Brasil.

“SON BRASILEGO” aposta polo intercambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns. Trae a marxe da música intuitiva a reflexión sobre a nosa identidade e irmandade, e sobre todo sobre o futuro da mesma a través da música e desa sonoridade atlántica que nos torna "brasilegos". Pero sobre todo é un agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico de Sergio Tannus neste lado do Atlántico.


"Dentro das letras das cancións, hai algunha integramente en galego. Por exemplo "Setembro", a que canta Xabier (que creemos que vai a ser o "hit" do disco...). Logo hai outras que están escritas en galego e en portugues, mezclando un pouco as linguas porque son cancións que están interpretadas por duos de cantantes galegos e portugueses.
E incluso outros temas que orixinariamente estaban escritos en brasileiro fixéronselles pequenos cambios para adecualos ao portugués, como o caso da colaboración de Carlos do Carmo,na  que el mesmo cambiou un par expresións para facelas máis propias do portugues de Portugal, e que non quedase raro el decindo eso en brasileiro.
E logo hai outros temas totalmente en brasileiro, nos cales ademais se perciben distintos sotaques  (de Rio cando canta Sergio, e de Bahía cando o fai Paulo)

É o fermoso deste disco, que é unha mostra perfecta dos diferentes sotaques, gramáticas, formas de falar, expresións... de algo que realmente non deixa de ser un mesmo idioma (ou que ao menos nalgún momento, o foi).
Non é un disco brasileiro, ni portugués, ni sequera galego, é un disco brasilego!!  :- )   É o mellor exemplo para explicarlle á xente que é a lusofonía, e para demostrarlles as similitudes culturais e lingüisticas que temos, porque como pode ser entón que cada un falando da súa forma ( portugués, brasileiro de Río, brasileiro de Bahía, galego, portugués de angola....) nos entendamos? 

Déixamos os enlaces promocionais

SES NO DECIMO ANIVERSARIO DE CANTOS NA MARE

Sés, Rui Veloso, Chico César,e  Cheny Wa Gune  , protagonistas do décimo aniversario de Cantos na Maré.


  • O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle o 12 de xaneiro ás 21:00h esta celebración especial do máis importante festival internacional da lusofonía
  • Compartirán escenario figuras consagradas e talentos emerxentes de Portugal, Brasil, Mozambique e Galicia, que construirán xuntos un repertorio orixinal, o que fai de Cantos na Maré un espectáculo único
  • Cantos na Maré e unha produción de Nordesía co patrocinio do Concello de Pontevedra e Agadic
  •  
  • Xuntar no escenario algunhas das voces máis interesantes das músicas de lingua galega e portuguesa para crear un repertorio único e un vínculo musical que perdure no tempo. Ese é un dos principais atractivos de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que o sábado 12 de xaneiro ás 21:00h volve ao Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar un aniversario redondo: o décimo.
     
  • De novo conta coa dirección artística de Uxía.
    Rui Veloso, considerado o pai do rock portugués e con máis de trinta anos de carreira que o converten en toda unha institución, será unha das principais referencias desta edición. Igualmente o será Chico César, unhas das voces brasileiras máis enérxicas e
    recoñecidas mundialmente, que mantén un vínculo moi especial con Galicia e con Cantos na Maré, pois na primeira edición exerceu como director musical. Xunto a eles estarán
    Cheny Wa Gune, o mago da fusión dos ritmos tradicionais mozambicanos coa música moderna e embaixador mundial da timbila, o instrumentro tradicional máis destacado do seu país, e máis Sés, unha das novas promesas musicais de Galicia, coñecida polos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino.
    O espectáculo virá, coma sempre, precedido de varios días de ensaios para que os convidados se coñezan e constrúan xuntos un repertorio orixinal que fai de Cantos na Maré un espectáculo único. Contará coa dirección musical de Paulo Borges (Azores-
    Portugal), que tocará o piano e estará á fronte dunha banda tamén de carácter internacional.
  • Venda de entradas
    As entradas ao espectáculo estarán á venda desde o vindeiro a mércores día 5 de
    decembro a través do servizo de venda anticipada de Servinova (www.servinova.com e
    902 504 500) a un prezo de 25 euros. Vénderanse por anticipado ata esgotar localidades.
    No despacho de billetes poderanse adquirir a 30 € o mesmo día do concerto, no Pazo da
    Cultura dende as 19:00h ata o comezo do espectáculo.