HEREDEIROS DA CRUS GRAVARÁ NOVO DISCO NO 2013

Durante o concerto acústico na feira Culturgal (Pontevedra), os membros do mítico grupo Heredeiros da Crus confirmaron en exclusvia unha das noticias máis esperadas pola cultura galega nos últimos tempos: nove anos despois do seu último traballo de estudio ('Chicarrón', 2004) Heredeiros da Crus publicará un disco novo con temas orixinais no ano 2013.
O novo traballo publicarase previsiblemente na primavera de 2013 e moi pronto haberá máis novidades...

Javi, Tucho, Tonhito de Poi e Fran confirmárono ante os seus fans hai uns minutos no Culturgal, durante un miniconcerto acústico

tamén podedes descargar as fotos do concerto en acustico na conta eufunoconcerto@gmail.com coa contraseña concerto