SES NO DECIMO ANIVERSARIO DE CANTOS NA MARE

Sés, Rui Veloso, Chico César,e  Cheny Wa Gune  , protagonistas do décimo aniversario de Cantos na Maré.


  • O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle o 12 de xaneiro ás 21:00h esta celebración especial do máis importante festival internacional da lusofonía
  • Compartirán escenario figuras consagradas e talentos emerxentes de Portugal, Brasil, Mozambique e Galicia, que construirán xuntos un repertorio orixinal, o que fai de Cantos na Maré un espectáculo único
  • Cantos na Maré e unha produción de Nordesía co patrocinio do Concello de Pontevedra e Agadic
  •  
  • Xuntar no escenario algunhas das voces máis interesantes das músicas de lingua galega e portuguesa para crear un repertorio único e un vínculo musical que perdure no tempo. Ese é un dos principais atractivos de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que o sábado 12 de xaneiro ás 21:00h volve ao Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar un aniversario redondo: o décimo.
     
  • De novo conta coa dirección artística de Uxía.
    Rui Veloso, considerado o pai do rock portugués e con máis de trinta anos de carreira que o converten en toda unha institución, será unha das principais referencias desta edición. Igualmente o será Chico César, unhas das voces brasileiras máis enérxicas e
    recoñecidas mundialmente, que mantén un vínculo moi especial con Galicia e con Cantos na Maré, pois na primeira edición exerceu como director musical. Xunto a eles estarán
    Cheny Wa Gune, o mago da fusión dos ritmos tradicionais mozambicanos coa música moderna e embaixador mundial da timbila, o instrumentro tradicional máis destacado do seu país, e máis Sés, unha das novas promesas musicais de Galicia, coñecida polos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino.
    O espectáculo virá, coma sempre, precedido de varios días de ensaios para que os convidados se coñezan e constrúan xuntos un repertorio orixinal que fai de Cantos na Maré un espectáculo único. Contará coa dirección musical de Paulo Borges (Azores-
    Portugal), que tocará o piano e estará á fronte dunha banda tamén de carácter internacional.
  • Venda de entradas
    As entradas ao espectáculo estarán á venda desde o vindeiro a mércores día 5 de
    decembro a través do servizo de venda anticipada de Servinova (www.servinova.com e
    902 504 500) a un prezo de 25 euros. Vénderanse por anticipado ata esgotar localidades.
    No despacho de billetes poderanse adquirir a 30 € o mesmo día do concerto, no Pazo da
    Cultura dende as 19:00h ata o comezo do espectáculo.