VICONCURSO DE MAKETAS MILLO VERDE

BASES VICONCURSO DE MAKETAS MILLO VERDE

1. Poden participar tódolos grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscrición dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.

2. O prazo de inscrición ábrese o 1 de xaneiro de 2013 e finalizará o 1 de marzal de 2013.

3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.

4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia que terán que ser enviados en formato mp3 nunha calidade mínima de 128 kpbs acompañados dunha breve reseña biográfica en formato pdf (compoñentes,estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindibel indicar o nome, nº de teléfono e correo electrónico da persoa de contacto. Todo este material debe ser enviado ao enderezo electrónico concursodemaquetas@gmail.com.

5. De tódolos traballos seleccionaranse un mínimo de 3 finalistas que participarán nunha festa concerto o día 19 de abril do 2013. Decidirase o gañador do concurso por votación dos asistentes á festa concerto. Os finalistas daranse a coñecer no blog milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.

6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde, que terá lugar os días 7 e 8 de xuño, percibindo 300 € como contrapartida pola súa participación