SANTOS MORCEGOS!!!

 Para escoitar SANTOS MORCEGOS !!! preme eiqui

Compoñentes:
Victor Fuggetto, guitarra.
Gustavo "Tonono", teclados.
Iván Granja, baixo.
Iván "pikytrumpet", trompeta.
Álvaro de Cordero, batería.
Jose Manuel, guitarra.




A pesar de algúns dos títulos de anteriores edicións, alí onde imos sempre decimos que Santos Morcegos!!! é unha banda galega, instrumental, pero "en galego".

Somos do pobo mariñeiro da Guarda, e se puiderades botar unha ollada ó interior dos nosos discos, poderíades ver que os seus textos están adicados ós pobos e xentes do mar, coma nós. Tamén os nosos carteis de concertos reflexan gaivotas, anclas, nasas... e por suposto están en galego.

Facemos música surf, reivindicamos a nosa procedencia, humilde, sufrida e traballadora, en contraposición ós estereotipos da música surf tales coma as praias idílicas, as xentes guapas, as ondas perfectas... (a nosa praia, Fedorento, está chea de merda)

No novo disco  Raios e Centolas hai varios temas co título en inglés-galaico, porque nos fixo gracia mezclar galego con inglés (por exemplo "Fedorento Five-O")

Este novo disco tamén será subido o noso bandcamp pasada a presentación oficial o día 29 de marzo no  Marouco de Palla, Fedorento, A Guarda










 The Abrecadaver EP

.













Ecstasy Of Fedorento

















CONTACTO: 
santosmorcegos@gmail.com
Podes poñer tamén o noso bandcamp: www.santosmorcegos.bandcamp.com