TOLEMIA


Para escoitar TOLEMIA preme eiqui

Compoñentes:
Ysleth-Voz
Arturo-Guitarra
Cristina-Guitarra
Alfonso- Baixo
Anxo-Bateria


  O grupo nace en xaneiro de 2011, cunha idea fundamental: Dar a escoitar a súa proposta e entemento tanto na música coma nas letras, ata chegar ata o maior número de persoas posibles.
Tras uns meses sen estabilizarse, Anxo e Robin consiguen levantar ó grupo durante o verán coa entrada da vocalista Ysleth, e con composicións como “Fóra” que será o primeiro tema grabado como banda e así poderán darse a escoitar. Tras varios cambios de formación, Robin(guitarra) decide marchar do grupo. A decisión desconcerta aos compoñentes, pero seguen a traballar no local de ensaio. Deste modo comeza unha nova etapa para Tolemia, o cal grabará o que será o seu primeiro EP(maqueta) durante o verán de 2012, entre os mese de Xullo e Agosto e que verçan a luz no 2013 producidos e grabados por eles mesmos. No mes de Outubro dan o paso cara os escenarios, o seu primeiro concerto en directo teloneando ao grupo de metal melódico galego “Tálesien” no Pub D´antón en A Laracha. Ao comezar o mes de Novembro incorpórase ao grupo Cristina Pena como segunda guitarra  para pechar de todo a formación do grupo.

CONTACTO:
Tlf:  689542705