GALIZA MAIS PERTO

O “Galiza mais perto”  (http://www.rum.pt/index.php?option=com_conteudo&task=item_list&catid=214) é un programa da Rádio Universitária do Minho que pretende aproximar, a través das ondas, a cultura e a música da Galiza ao Norte de Portugal. Todos os xoves durante unha hora, das 20h ás 21h, damos a coñecer as mellores músicas da Galiza e informamos das novidades discográficas, concertos... así como das actividades culturais que poden ser de interese para os nosos ouvintes.
O programa é unha iniciativa da Rádio Universitária do Minho (www.rum.pt), unha radio cunha forte compoñente cultural e de divulgación científica, das novas correntes da música, da literatura, do cinema e das artes.
Desde o “Galiza mais perto” queremos aproveitar para convidar a tod@s os músic@s da Galiza a participaren no programa (enviando músicas, noticias, gravacións...), pois  pretendemos que este programa funcione como elo entre as dúas bandas do Miño.
Podedes contactarnos a través da páxina do facebook ou enviando un email a ceg@ilch.uminho.pt
AGARDÁMOSVOS NO GALIZA MAIS PERTO!!!!

 Marisa