MONOULIOUS DOP



Somos unha banda do mundo. De vez en cando tocamos por Venus ou Marte pero o que nos gusta é ter os pés na terra.


Empezamos xa fai 10 anos, pero foi ata fai 7 que comezamos a gañar seguidores coas nosas parodias de Gente de Zona (La Cagalera) e Enrique Iglesias (Jalando)

Monoulious DOP sobe un chanzo na súa carreira artística, que comezou en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fixo daquela que empezasen a subir videoclips que eles mesmos producían e que, coa forza das redes sociais, pronto contaron co apoio do público. Este empuxe da xente foi o que os incitou a montar unha banda en clave de rock formada por Beny á batería, Torroncho ao baixo, Carba e Pla ás guitarras e os propios Ula e Mon ás voces.


Monoulious DOP
Sábado

Sábado é o primeiro adianto do seu novo álbum, “Disco Disko”

Composto por: Monoulious DOP

Produción e arranxos: Pla Vinseiro

Vídeo: Tipi Broadcasting

Gravado en: Bungalow Studio

Podedes disfrutalo en ... En:

https://www.youtube.com/watch?v=mi1HGIBYTx0


Monoulious DOP
Ti e eu

Tema incluido no Disco Disko



https://www.youtube.com/watch?v=KSjS2PqJnI4

Black Album (2020)

Corazón brutal

Oporto vice

Candela

Para toda a familia

Non te cases

Tinder Bueno

non podo vivir

Micción imposible

Redes sociales

Non volvo a beber

Mira que ven nos vai

Milennial

Ojala

Solo queria darte amor


  Non volvo a beber

https://www.youtube.com/watch?v=ufEcQDqBKhg
 

Non te cases

https://www.youtube.com/watch?v=QradNz5SVY4&feature=em-subs_digest 

LP Padre (2017)

Levamos anos tocando e subindo videos á nosa canle de youtube e páxina de facebook pero esta vez imos a presentar o noso disco "LP Padre"

Agora estamos mais enfocados a temas propios para poder estar presentes en todos os festivais e venues de Galicia co noso estilo ó que chamamos Golden Broza Athletic (GBA), o que ven sendo, broza de ouro atleta (BOA). Consiste en temas con estribillos pegadizos e música contundente que vos faga brincar. A temática dos nosos temas é gastronómica, desamorosa e climatolóxica. Tamén decir que non olvidamos, nin deixaremos de facer parodias de temas do verán, nin baladas gastroamorosas, que ó fín e ó cabo, son coas que empezamos.

Boas quixera saber de onde podo descargar os vosos temas en galego para subilos a nosa radio on line??
En youtube. Buscando a monoulious dop, faiche falla un descargador de videos de youtube. ou un convertor a mp3, hainos online, serca de padrón.

Veranito en Jalisia

 




 

 

 

Festa Nadaltrónica





 

 

 

 

 

 

Que nome lle poño os compoñentes?
Chamámonos Mon e Ula, e para os directos contratamos a uns mercenarios que non queren que aparezan os seus nomes por problemas ca xustiza colombiana.


Cantos tendes en galego??
Temos tres e vamos por un cuarto, xa sabes, non hai quinto malo ...

Tendes myspace bandcamp...?
Non, movemonos en autobus.

Cantas vacas ten teu pai ??
Deso quería falar contigo, temos 24, pero a peneca e a choncha non dan leite este ano.


https://www.youtube.com/watch?v=qz3cwdnJjYU

MONOULIOUS DOPP Cal é area?
Videocómic dos chinos elaborado artesanalmente e distribuido comercialmente por Pein máxima S.L. en colaboración con Roncaje extremo S.A. --MONOULIOUSDOP2015--
https://www.youtube.com/watch?v=qz3cwdnJjYU




Que lle pomos de bio?
Monoulious Dop, o teu grupo favorito e cada día o de menos xente


Queres casar conmigho ??
no puedo, tengo novio

E agora a que estilo dentro de grupos vos mando ?
Freestyle, porsuposto





 C O N T A C T O : 

Contacto prensa e contratación: 

Elena Mareque, Seispés, tel. 686 679 897