I CONCURSO DE BANDAS SON DAS MAMOAS

Rapazada!!
Neste III Son das Mámoas, queremos anunciarvos o noso concurso de bandas.
Se tes un grupo e queredes darvos a coñecer, non perdades o tempo e presentádevos! A

Aquí quedan as bases para os que querades participar!
Muita sorte a todos os participantes!!
Saúde e terra!!!

BASES DO I CONCURSO DE BANDAS DO FESTIVAL SON DAS MÁMOAS

1. Poderá presentarse ao concurso calquera banda que o desexe. Malia isto, o xurado valorará positivamente o feito de que sexan bandas de ESTILOS MUSICAIS ALTERNATIVOS/ NON-COMERCIAIS e afíns ao estilo do festival.

Tamén se valorará de maneira positiva o feito de que as bandas non teñan NINGÚN TIPO DE TRABALLO EDITADO.

2. As bandas TERÁN un mínimo de 40-45 MINUTOS DE REPERTORIO E ALOMENOS 3 TEMAS PROPIOS.

3. As bandas poderán inscribirse enviando un mail a osondasmámoas@gmail.com cos seguintes datos:

-Nome da banda
-Número e nome completo de todos os compoñentes
-email, teléfono móbil ou outro contacto
-myspace, bandcamp, facebook, web, enlaces ou arquivos onde se poidan escoitar os temas do grupo.

4. O concurso contará cunha SEMIFINAL o día 17 DE AGOSTO na que se convocará a 10 grupos (preseleccionados entre os participantes polos membros da organización) e dos cales 4 pasarán á FINAL, que terá lugar o día 24 DE AGOSTO en O Torreiro da Festa.

5. O gañador do concurso TOCARÁ NO III SON DAS MÁMOAS, que terá lugar o 21 DE SETEMBRO en Candeán, e contará con un nº (aínda por determinar) de HORAS DE GRABACIÓN en estudio a cargo de Elite Musical.

6. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ O DÍA MARTES 12 DE AGOSTO ÁS 00:00.