LIVIAO DE MARRAO MATANÇA ETA FILLOAK

Disco /Título: Matança Eta Filhoak!

Lista de temas.

  1. Rock Liviao. (letra e música Liviao de Marrao)
  2. Garabatos. (letra e música Liviao de Marrao)
  3. Narco-corrido ribeirao. (letra: adaptación de un romance popular; música: Liviao de Marrao)
  4. Canción para cantar todos os días. (Letra: poema de Manuel María, música Liviao de Marrao).
  5. Opus Dei. (letra e música de Liviao de Marrao)
  6. Salmo 2009. (letra e música de Liviao de Marrao)
  7. O Piloto. (letra e música de Liviao de Marrao)
  8. Cantiga de escarnho. (letra: cantiga de Afonso Eanes de Coton, música: Liviao de Marrao).
  9. Galiza cunilingüe. (Letra e música Liviao de Marrao)
  10. Galiza quere (sobres en B). (letra e música de Liviao de Marrao)
  11. Castanhaço Rock. (letra e música de Liviao de Marrao)


Gravación.

Este disco gravouse entre KAO Records en Celanova, ónde fomos gravar o “Narco-Corrido Ribeirao” no mes de Febreiro de 2013; e a Radio Galega, a onde fomos gravar nos meses de Marzo e Abril de 2013 grazas ao premio do público e do teléfono que recibimos no concurso Novo Son EN 2012. Masterizado por Toño Vézquez en Maio de 2013 na Radio Galega.

Videoclip.


O tema Narco-Corrido Ribeirao conta cun videclip dirixido Alfredo Pardo e producido por Chantada Films. Dispoñible en plataformas web (Youtube).

 http://www.youtube.com/watch?v=QvtoF8rMcIs

 

Deseño e ilustracións.

Jon González Art-Studio (Chantada).

Edita e distribúe Liviao de Marrao.

Licencia Creative Commons.



Biografía disco.

Matança eta filhoak!

ADRO:

Ergueito como o pino que as outas nubes fende,
os brazos sarmentosos so bardo aos ceos tende.
E escóitase na noite solene resoar
a súa voz bruante, sonora como o mar.

Ramón Cabanillas: Na noite estrelecida.

Liviao de Marrao. Coradas de cocho. Pulmão de porco. O cheiro da carne sem castrar. O cheiro das arelas, do monte, do estadulho e do autêntico. O arrecendo duma geração. O aroma da liberdade comesta pelos papéis numerados. Liviao de Marrao 9 rapazes que expressam ainda no meio do obscuro lírica cheia de retranca na homenagem aos dom Celidónios pós-modernos.

Liviao para escrever com Garabatos as ausências e faltas duma geração que ainda não demonstrou nada. A bateria de acenos e força de Marcos Fernández Varela. Rock Liviao para ceivar laios descarnados na memória dos devanceiros como O Piloto, onde toca o requiem da trompete de Luís Miguel Crepo Caride. A guitarra que nunca pára de ranger de Xurxo Novoa Salgado. Porque Chantada é tão grande como o mundo que nós podemos imaginar a ritmo de Narco-corrido ribeirao com os requintes da gaita de Jorge Pérez Árias. Este Matança eta filhoak é a Canção para cantar todos os dias, a harmonia do violino de Héctor Rodríguez Vidal acompanha com afoiteza a dignidade do bravú.

Matança eta filhoak é o primeiro, o primogénito da força com que pedimos auxílio desde a ruínas da Galiza esquecida e muribunda. É a máxima síntese a que chegamos após pensar sobre as contradições da nossa geração. O universo escuta em silêncio reverencial um solo de Chema Blanco López num souto e no fundo do val, desde uma carvalheira, retruca o saxo tenor de Vítor Fernández Caseiro.

Opus Dei. Os ídolos de papel criados para roubar o direito a inventar a nossa própria conceção do mundo, a língua furtada prostituindo as palavras como numa Cantiga d'escarnho para a mocidade galega puxada à emigração para que o galego volte a ser um povo bíblico. Já se sente pelo baixo Adrián Levices Casal na noite estrelecida.

Emerge rouca e fera a voz do
Antom Fente Parada neste Salmo desde Viana ao céu deixando nos tesos cumes do Faro o facho do porvir. Galiza quere vida, quer esperança, quer mocidade e quer futuro. Galiza não é a Galiza cuninlingüe dum calibanismo impostado pelos rendistas pollitos bien. Lírica intitulada pós-neo-bravú, com retranca, porque nós também estamos aqui, nós também vivemos e lemos o presente como história.

Estes onze temas são a nossa homenagem a quem aposta pela música galega. A centos de moças e moços que partem o lombo cada ano para manter festivais sem ânimo de lucro como o Castanhaço-rock. Desde a Serra do Faro, gora o ponteiro em FA e gora Liviao de Marrao, Matança eta filhoak!


Cancións que podes escoitar en internet:

Narco-Corrido Ribeirao videoclip: http://www.youtube.com/watch?v=QvtoF8rMcIs

Puntos de venta.

(pódese atopar o disco á venda nos seguintes lugares)
CHANTADA: MEIGO e RIBEIRINHA

A LAGOA: CASA DO CHIQUITO.

TABUADA: MÁRIO

CARVALHEDO: Supermercado TANDI (A Tolda, paróquia d' A Aguada) e MANCHO em Castro.

MONFORTE DE LEMOS: Lechu

FERREIRA DE PANTOM: Mesón da Feira

MONTEROSSO: BRUXELAS

LALIM: Rúa.

MELIDE: PUB GATOS

CAMBADOS: Fonte do Vinho (a partir de agosto)

RODEIRO: QUIRÓS e BRUXAS

VIGO: KALEIDOSKOPIO, MARINHEIRO, BOU EVA, FAÍSCA E LUME

FERROL: CS ARTÁBRIA

CRUNHA: MAXI

COMPOSTELA: A GENTALHA DO PICHEL, Avante Compostela Galiza, BAR-TOLO, EMBORA.
 

Grupo: Liviao de Marrao

Membros.

  1. Cantante: Antom Fente Parada
  2. Batería: Marcos Fernández Varela
  3. Baixo: Adrian Levices Casal
  4. Guitarra: Xurxo Novoa Salgado
  5. Violino: Héctor Rodríguez
  6. Gaita: Xorxe Pérez Arias
  7. Trompeta: Luis Miguel Crespo Caride
  8. Saxo tenor: Víctor Fernández Caseiro
  9. Saxo alto: Chema Blanco López
  10. Porco mascota: Odmin Suarez Lale

Formación.

O comando bravú da Serra do Faro formouse no ano 2011 coa intención de poñer o fin da tregua á que estaba sometida a loita musical do noso país. Nesa época a banda estaba composta por seis membros, batería, baixo, guitarra, gaita, violino e voz. Foi no 2012 cando se incorporaron a sección de metais, trompeta e saxos tenor e alto. No ano 2013 incorporamos á mascota porcina que nos acompaña a tódolos concertos atinxindo na actualidade un total de 10 membros.

Discografía previa.

Maqueta que leva por nome Á machada. Foi gravada en Lalín nas instalacións do local NSAIO coa axuda de Bieito Barreira de Sonlleira Records.

Biografía.

Liviao de marrao nace, por fuciños e por cachuchas, fai un feixe de anos entre un cortello de Vilaúxe (Chantada) e a Compostela posmoderna de Bugallo e Conde Roa.
Na fusión de acordes, compases e voces emerxen músicas e letras que beben do espírito que impregnou o sistema-musical galego da década de 90, especialmente o movemento bravú.
Desde o inconformismo, o dereito ao patalexo e a ironía propuxémonos apostar pola música galega xusto cando está a sofrir novamente duros ataques, aínda atopándose nun momento de forma (canto a grupos e festivais) mellor que o dos últimos tempos.
Traxectoria.

En maio de 2011 demos o noso primeiro concerto no pub Besto Bravo S.L. de Chantada e incorporamos aos últimos integrantes até atinxir un total de 6 membros (batería, baixo, guitarra, voz, gaita e violino). Desde entón, actuamos con Raiba por vivir no pre-Castañazo de 2011 e en decembro en Monforte de Lemos no local "Los Goya".


Nos primeiros do ano 2012 gravamos en Lalín, com a axuda de Bieto Barreira, algúns temas á machada que recibiron o premio do público e de internet do concurso Novoson da Radio Galega. Logo de gañar o concurso reformamos o plantel e incorporamos unha nova sección de metais, saxo tenor, saxo alto e trompeta ate comformar o versión de Liviao 2.0. Continuamos a tocar polos bares e pubs da vila ate o verán, cando participamos no festival Noalla Viva de Sanxenxo con, Zënzar, Familia Camagnho e Skarnivals. No mes dos magostos tivemos a gran oportunidade de compartir escenario na X edición do Castañazo Rock con eminencias do Bravú da tallaxe dos Diplomáticos de Montealto, Rastreros, Papaqueixos e Cuchufellos.


Este ano 2013 preparamos o noso primeiro disco (Matanza eta Filhoak!!!) grabado por Toño Vázquez nos estudos da Radio Galega, na súa maior parte, mais Rubén de KAO Records o tema Narcocorrido ribeirao. No mes de Xunho presentamos o videoclip do tema Narcocorrido baixo a dirección de Alfredo Pardo de Chantada Films.


Neste ano faremos unha xira polas parroquias da comarca (SAn Ramón de Esmoríz, Pantón, 15 en Castro, SanXoán de Milleirós...) e xa temos tamén confirmadas a participación no San Ramón en Louseiro (Sarria) e No Pontelouco de Castrocaldelas
Actuaremos no programa LUAR da TVG, ademais de participar de novo no Concurso de RG NovoSon e Vas a Sacar Nota.
Desde a Serrra do Faro: gora o punteiro en fá e gora Liviao de marrao, matanza eta filloak!
Sede social.

Liviao de Marrao, Lagoa-Vilaúxe, nº2, Chantada (Lugo) cp/ 27514

Contacto:
666 28 91 22 (Xurxo), 626 08 00 82 (Antón).
xurxons@hotmail.com