ABOBRIGA "FOLIADA DE BAIONA"

1. Pasodobre dos compañeiros
2. Foliada de Baiona
3. Rumba da Balsa e muiñeira das entretelas
4. Pichondobre
5. Pintinhos no terreiro
6. Muiñeira de Baiona
7. Pasacorredoiras de Abóbriga
8. Danza das espadas
9. Foliada de Velle
10. Ximauma
11. Muiñeira do deprimido
12. Tres cantos
13. Rumbóbriga
14. Pasodobre do Punta Balea
15. Foliada da señora Xoana
16. Matache o porco


O disco conta con 16 temas onde ofrecen una mostra da historia da música tradicional do municipio mesturados con composicións propios coma o “Pasodobre Punta Balea” e con cancións populares coma a “Foliada de Baiona” ou a “Muiñeira de Baiona”, recopiladas da tradición oral. Tamén destacamos a presencia dunha peza inédita, una danza de espadas encontrada no Arquivo Provincial de Pontevedra.

Prezo do disco: 10€

Máis información:

www.abobriga.com



Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi (Baiona) contactamos con varios músicos para facer unha colaboracion nunhas actuacions informais, e tanto gustou o resultado que decidimos formalizar o grupo.

Durante o noso pequeno tempo de vida demos diversas actuacións: Furancho Malaherba (Matamá), Furancho da Balsa (Matamá), Sala Clandestino (Ramallosa), Sala Farandula (Vigo) para a caravana solidaria "Galicia non se vende", Festa do marisco 2010 de Vigo, actividades culturais do BaiVerán 2009 e 2010 de Baiona na Praza do Concello...



O noso repertorio é amplo tanto en pezas tradicionais coma de “cosecha propia”. Temos tamén cancións nas que colaboran coa súa voz as rapazas de “Grialia”.O nome do grupo, "Abóbriga", provén dos antigos gregos, que denominaban así ao pobo onde naceu a nosa agrupación, a actual Baiona.