LUIS EMILIO BATALLAN XIRA HABIA QUE CHEGAR

Luis Emilio Batallán presenta as cancións
do seu novo disco na súa xira por Galicia
O artista responsable do disco con maior éxito de todos os tempos da música galega volve aos escenarios.
O compositor e cantautor de Moraña regresa con “Había que chegar”, un novo traballo musical que presenta a fusión de novos ritmos e melodías.

Dende o 16 ata o 18 de outubro ofrece concertos en Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra.



Xa pasaron máis de 35 anos dende que Luis Emilio Batallán publicou o seu álbum Ahí ven o maio. Este álbum converteuse no disco máis vendido da historia da música en Galicia, con grandes temas como “Quen puidera namorala” (baseada no poema “No niño do voo do vento” de Álvaro Cunqueiro).
Batallán estivo presente nos escenarios durante catro décadas de música con álbums recoñecidos como “Ballet da nena”, “Eres un fármaco” e en 2007, “Tu retrato”. Luis Emilio é coñecido polo público pola súa habilidade ao musicar poemas de grandes referentes da literatura galega como Rosalía de Castro, Uxío Novoneyra, Celso Emilio Ferreiro ou Manuel Antonio entre outros.

O intérprete morañés regresa aos escenarios cun traballo máis íntimo, máis coidado e máis persoal no que introduce ritmos jazz e blues.

Gravado e editado en Estados Unidos, Cuba, Suíza e España, por fin chega aos escenarios galegos a presentación das cancións do disco “Había que chegar” durante este mes de Outubro.

O vindeiro mércores 16 de outubro, Luis Emilio estará no Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Vigo en concerto e acudirá ao Teatro Principal de Santiago de Compostela o xoves 17 e ao Teatro Principal pontevedrés o venres 18 de outubro para pechar unha mini-xira por algunhas das principais cidades da comunidade. O inicio dos tres concertos está previsto para as 21.00 horas.

Tras as súas actuacións durante 2012 na súa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en Vigo e Celanova, e actuacións ao longo deste ano en Casa das Crechas (Santiago), Bar con Uve (Moaña) ou Liceum de Porriño, Luis Emilio Batallán volve á primeira liña da música galega nunha serie de actuacións na que ofrecerá os seus novos temas e interpretará clásicos da súa traxectoria.


CONTACTO:
batallanluisemilio@gmail.com // 648 70 55 79 (Bibiano) -- 679 71 05 40 (Andrés)

Venda de entradas:

Luis Emilio Batallán en Vigo, 16 de outubro.
Luis Emilio Batallán en Santiago de Compostela, 17 de outubro.
Luis Emilio Batallán en Pontevedra, 18 de outubro.