ANTON SEOANE DE VOCES CEIBES A MILLADOIRO




Da man de Antón Seoane, un dos nosos músicos máis importantes e peza fundamental de Milladoiro, viaxamos polos anos anteriores á saída do primeiro disdo da mítica formación, ao tempo que se revisa unha época (a fin do franquismo) e un proxecto: o intento por construír unha música de nós e botar a andar un proxecto absolutamente diferente: Milladoiro.


…”A medio camiño entre a ditadura e a democracia cabalgaron os anos intermedios da música en Galicia, aqueles que case ficaron como follas en branco, como fóra de temporada, a xeito da tan manida verba outlet. Un lapso de tempo no que, non obstante, tamén había vida,  e que vai dende o final de Voces Ceibes, entendido como colectivo definido, xa ben andados os anos 70, ata a creación de Milladoiro, e dicir, o período primavera 1973 outono de 1978.”  (“Introdución ao Disco-Libro”)

 
O libro acompáñase dun CD no que Antón Seoane, Pilocha e Rodrigo Romaní, coa participación de Nando Casal, Bibiano, Miro Casabella, X. Quintas Canella, Dónal Lunny, Harry C, Roi Casal, Manú Conde, Pancho Álvarez, Anxo Pintos, Segundo Grandío, Laura Amado, Quico de Cariño, Natalia Zoltan e outros compañeiros de viaxe e aventuras, volven gravar, dándolles nova vida, cancións emblemáticas do período 1973-1978, algunhas delas rexitradas para este proxecto por vez primeira.

Editorial Galaxia, 2013
Descripción Capa dura, 126 páxs.; 24,5 x 22 + CD

Información xentileza de libreria andel