III CONCURSO DE CUARTETOS TRADICIONAIS organizado polo Real Coro "Toxos e Froles"



REAL CORO “TOXOS E FROLES”
Fundado en 1915
DECANO DOS COROS GALEGOS
MEDALLA DE OURO DE GALIZA
Magdalena, 220 Apdo. 72 · 15402 FERROL ℡ 650 788 374 / 881 122 074 info@toxosefroles.com








III CONCURSO DE CUARTETOS DO REAL CORO “TOXOS E FROLES”

1. Poderán participar tódolos instrumentistas que o desexen, independentemente da súa procedenza xeográfica.
2. Únicamente serán admitidos instrumentos tradicionais galegos.
3. Os cuartetos estarán conformados por dúas gaitas, tambor e bombo.
4. Os instrumentistas única e exclusivamente poderán formar parte dun cuarteto.
5. Os concursantes deberán vesti-lo traxe tradicional galego.
6. Un membro do cuarteto deberá vesti-lo traxe tradicional ata o remate do concurso.
7. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 10 grupos.
8. Para a selección dos grupos terase en conta as pezas presentadas a concurso, o curriculum e a orde de inscripción.
9. Os cuartetos que desexen participar deberán remiti-la folla de inscripción que se adxunta e que tamén pode ser atopada na páxina web do Real Coro “Toxos e Froles” (www.toxosefroles.com).
10.As inscripcións deberán ser remitidas á dirección postal seguinte:
- Real Coro “Toxos e Froles”, Rúa Magdalena 220, apdo 72, 15402 Ferrol
- Ou ó correo electrónico info@toxosefroles.com
O prazo de inscripción remata o Venres 14 de Febreiro de 2014.
11.O concurso terá lugar na Sede do Real Coro “Toxos e Froles”, na Rúa Magdalena 220 de Ferrol, o Sábado 22 de Febreiro de 2013 ás 20:30 horas.
12.Os cuartetos seleccionados deberán estar presentes na Sede do Real Coro “Toxos e Froles” ás 19:30 horas para confirma-la súa asistenza.
13.A orde de actuación farase por sorteo por membros da Xunta Directiva do Real Coro “Toxos e Froles” e será feita pública na páxina web da Entidade.
14.A actuación dos cuartetos terá unha duración mínima de 5 minutos e máxima de 6 minutos. Haberá que interpretar obrigatoriamente un ritmo de muiñeira ou xota, quedando á elección dos músicos a mostra doutras melodías.
15.As pezas a interpretar deberán ser tradicionais ou populares. No caso de non ser así o Real Coro “Toxos e Froles” remetirá á agrupación participante correspondente calquera gasto referido ós dereitos de autor no caso de seren requeridos pola SGAE.
16.O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación.
17.A folla de inscripción deberá ir acompañada coas partituras das melodías para gaita a interpretar polos concursantes. Asemade, adxuntarase un pequeno curriculum dos instrumentistas.
18.O concurso estará dotado dun único premio de 1.200 €.
19.Aos cuartetos admitidos para participar no concurso se lles fará entrega de 50€ en concepto de dietas de desplazamento o día do concurso.
20.As gravacións audiovisuais que faiga o Real Coro “Toxos e Froles” do concurso pasarán a formar parte do arquivo da Entidade, reservándose o seu dereito de uso.
21.O Xurado estará composto por persoas coñecedoras da música tradicional galega.
22.O Secretario Xeral do Real Coro “Toxos e Froles” será o encargado de levantar acta e facer públicas as decisións do Xurado.
23.O Xurado valorará a afinación, o emprego de dixitacións galegas, ornamentación, recursos interpretativos, dificultade das pezas, estética, … e o empaste entre os instrumentistas.
24.O Xurado será o encargado de xulga-las actuacións dos participantes seguindo o estipulado nas presentes bases e asignará o premio, que en ningún caso poderá quedar deserto.
25.A inscripción no concurso implica a aceptación das presentes bases. O Xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas bases.
26.A decisión do Xurado será inapelable.

Podedes descargar o formulario de inscripción no enlace:


https://mail.google.com/mail/u/1/?ui=2&ik=229aacf69f&view=att&th=1438d31b917075fd&attid=0.2&disp=safe&zw

IGMIG

Para escoitar IGMIG preme eiqui









Igmig somos un trio de músicos de Vigo:
Suso Feixón (A Roda, Welikings, Os Podridos...) na batería,
Nacho Muñoz (Mercedes Peón, Budiño, O.M.E.G.A...) e
Mig Seoane (Budiño, Blackingstones, mr Caracter, O.M.E.G.A...).

O grupo comenzou no ano 2001 sendo un dúo formado por Nacho e Miguel de música puramente experimental, con enormes doses de performance e a utilización das últimas tecnoloxías en sonido, de feito crearon varios instrumentos musicais e algún de videoperformance (PERROGATO V1.0 presentado no festival SONAR2006).

No ano 2013 achégase Suso á formación e creamos un repertorio para directo totalmente ecléctico e libre de tabúes musicais, comezamos a facer directos e ante a boa consonancia co público decidimos grabar o noso primeiro disco, Shaishakarraskaishe.

O novo disco está grabado en estudio pero tocando simultaneamente para intentar acadar o resultado enerxético do directo, a posteriori grabaron os invitados: Alfonso Merino (violín), Rubén Petete (Trompa), Maria Lado (voces e algúns textos), Antia Sanchez(arte) e algunha sorpresa mais que revelaremos coa edición. Mantémonos no eclecticismo, no disco poderanse escoitar música progresiva, Jota tradicional, bolero, metal... pero con unha tímbrica moi electrónica.
 video:

IGMIG shaishakarraskaishe


QUILMA


Para escoitar QUILMA preme eiqui

Compoñentes

Carlos Agra guitarra, 
Jose Piñeiro Guitarra, 
Victor Karallada guitarra, 
Diego Martin batería, 
Gabriel Varela voz, 
Rusty Lorenzo baixo

Contan coa colaboración de Jorge Ortal nos arreglos de corda e piano



Influenzados por gran variedade de estilos musicais, Quilma defínese como unha banda de rock en constante evolución. Veteranía e xuventude Mesturase neste proxecto que nace da paixón pola música e a necesidade de expresar un son propio. Sparky&gloomy, Cobdrix, Debuxos reanimados, PhisisExMachina, Mahoney's playing entre Outros, forman parte da bagaxe musical dos seus integrantes, que nota a nota percorren por diferentes camiños, o son que leva a Quilma

Tamén podedes escoitar os  temas do grupo da A Illa de Arousa,  no Youtube

QUILMA Noso mar

https://www.youtube.com/watch?v=QWQRjI8ztsk



  "Chavaliño"

    http://www.youtube.com/watch?v=H3IPOY6lhmk&feature=youtu.be





Alas De Xapon

https://www.youtube.com/watch?v=_kTlvBh-y4c&app=desktop





CONTACTO:
 quilmabanda@gmail.com

PANDEIROMUS

Para escoitar PANDEIROMUS preme eiqui












Grupo de música tradicional nacido en Santiago no ano 1992. Composto nas suas diferentes etapas por un grupo de 3 a 7 membros, adicados á investigación e interpretación de música galega de tradición oral, tentando recoller o repertorio masculino existente. E dicir, cantamos, acompañados de instrumentos de percusión da tradición galega (palmas, cunchas, culleres, chaves, latas, tamboril, bombo, platillos, redoblante, ...) e tamén por gaitas en diferentes tonalidades e acordeón. Durante moitos anos un dos poucos, e por momentos único, grupo de pandereteiros (homes), mentres proliferaban os de pandereteiras (mulleres)

https://www.youtube.com/watch?v=mogHvxHynT0&x-yt-ts=1421914688&x-yt-cl=84503534
Pandeiromus Unha muller e outra muller
https://www.youtube.com/watch?v=mogHvxHynT0&x-yt-ts=1421914688&x-yt-cl=84503534


Hai xa tempo, sentimo-nos atraídos pola tradición oral, sobre todo pola que estaba asociada con melodias que encandilaban o noso ánimo. E decidimo-nos a parir Pandeiromus, e veña a cantar e pasa-lo ben, e danzar e ouvir historias das xentes de Galiza, e escoitar melodias, ritmos e instrumentos.
Fomos cantar e danzar por toda a Galiza, a recoller, aprender e clasificar o que oiamos e leiamos, e pouco a pouco incorporamos mais ritmos e melodias e instrumentos. Hoxe somos quen de cantar e bailar, e de tocar acordeón, gaitas (en do, re e si-bemol), pandeiretas, pandeiras, pandeiro, culleres, cunchas, botella de anís, lata de carburo, tamboril, caixa e bombo, e até as palmas.
Con todo fomos creando un amplo repertorio de música tradicional, que ao longo destes anos foi enchendo o noso ánimo e o de moitos amigos e amigas cos que o pasamos ben. Agora tamén nos deu por inventar, por compoñer letras e melodias arregladas por nós, baseadas no que levamos aprendido e na inspiración dos membros do grupo volcados nesta tarefa

Non o dixemos, pero nestes anos chamaron-nos de canto sitio hai, para facer festas e romerias, para actuar en auditorios e festivais de toda caste, por Galiza, España, Portugal e tamén pola Europa dos doce, logo dos quince e pronto dos vintecinco.
E tamén gravamos dous discos compactos, En Conserva (1998) e Tolerías (2002). Claro, tamén colaboramos (e de paso aprendemos) con outros músicos e agrupacións para as suas grabacións e actuacións: cos Dhais do noso e de todos Luis Areán, coas Leilia, coa Uxia Senlle, co Son do Pao co Espírito 986 e co Jacobsland editado con motivo do ano xacobeo 1999.
O mais importante, sen dúbida, o que nos transmitiron e comunicaron persoas, a maioria xa de certa idade, por toda a Galiza.
TEÑO DIAS é a primeira  entrega do que será unha triloxía, que inicia este "Teño Días", que virá seguido  da 2ª parte "Teño noites", ata formar un corpo único na súa 3ª entrega, "TEño días e teño noites" a finais de 2015.
Con esta triloxía Pandeiromus volta, logo de varios anos, ao estudio de gravación.

Temas tradicionais e versións musicadas de textos de Sechu Sende ou Xabier Picallo compoñen a nova proposta do grupo, sempre baseada nas voces masculinas e na percusión.

Teño días,  inclúe os temas Teño días, Sempre Morgan, Sete cuncas e mais Unha muller e outra muller e que está á venda por so cinco euros.




https://www.youtube.com/watch?v=SBo3q3VLlP0
PANDEIROMUS Teño días...



CONTACTO: pandeiromus@gmail.com
MÁIS INFO EN: http://www.pandeiromus.com

X.M. LAGO E ÓSCAR MARTÍNEZ ONDE COMEZA A VIDA



Podedes disfrutar do adianto de "onde comeza a vida" premendo eiqui

Participaron:

X. M. Lago e
Oscar Martinez
coa colaboración de Cris Morquillas ós teclados

O disco "Onde comeza a vida" baseado nos poemas de X.M. López "Ardeiro" e foi gravado e masterizado nos Estudios Broño no Val de Barcala en Negreira.

Somos un dúo pop-folk afincado en Negreira. O noso proxecto, sen nós sabelo naceu nunha taberna. Coincidimos en gustos musicais e polo puro pracer de tocar quedamos para ensaiar á semana seguinte. En pouco tempo, xurdiu a idea de musicar poemas de Ardeiro, un poeta da comarca do Barcala, que pola súa calidade e alma literaria nos foi interesando canto máis profundizabamos na súa obra.

contacto:
acordesardeiro@yahoo.es

AFI PEDACIÑOS DE CEO

A Aula Folque Infatil nace na cidade de Pontevedra durante o curso escolar de 2002-2003, no marco do Ano da Música de Pontevedra, coma espazo de experimentación para nenas e nenos tomando coma punto de partida a tradición musical galega. Na AFI o profesorado foi a guía, que dá e recebe coñecemento, enerxia e ledicia, e que se esforza en potenciar a liberdade de exploración do alunado.


Pedaciños de ceo é o titulo do disco, publicado en Decembro de 2013 nunha edición especial en vinilo. Festexan así o X aniversário da Aula Folque Infantil de Pontevedra, uma experiencia creativa para os nenos e nenas de entre 5 e 12 anos de idade.
Este disco guarda todas aa ilusións, forza creativa e calidade musical de varias xeracións de alumnas e alumnos da escola de creación experimental desde o curso 2002-03.
A cara A (temas 1-4) está dirixido e arranxado por José Manuel Díaz e foi gravado no curso 2012-2013 para formar parte deste disco;
A cara B foi gravado por Nacho Muñoz entre os anos 2005 e 2009 en distintas experiencias da aula.
Pedaciños de ceo deixa ver a atmosfera sonora que envolve o proxecto. Non é unha coleción de cantos infantis, é unha série de momentos musicais elaborados polo alumnado e profesorado nos dez últimos anos. Adultos e nenos van da man en equilibrio. O xogo como dinámica que relaciona e achega felicidade, e autoestima. O son como materia prima e o património musical galego como fonte de inspiración, son os principios fundamentais da AFI e constituen a semente de Pedaciños de ceo, trabalho altermundist, cheo de exploración, paisaxes sonoras e viaxes.

Podes mercar o vinilo escrevendo um mail a info@folque.com. Precio: 18€ + gastos de envio

Podedes descargar gratuitamente os temas en mp3  en commons.folque.com.

Pedaciños de ceo é unha edición especial de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, con a axuda e patrocínio do Concelho de Pontevedra.

M.J. PEREZ OLLOS QUE NON VEN... SINTOMA DE CEGUEIRA


M.J. Pérez

Solista: guitarra e voz


Nada en Arzúa. María aprende a tocar a guitarra aos 14 anos. Pronto comeza a descubrir un xeito diferente de expresarse creando as súas propias cancións.





“Ollos que non ven, síntoma de cegueira”

É o título que María escolle para este álbum. Trátase dunha demo, un disco que está todavía en creación e ao que María vai engandindo temas novos.

Tanto as letras como a música son creadas pola autora, así como a propia gravación e edición dos temas.

Este disco nace da intención de compartir os temas creados co público. María utiliza as cancións como un medio de expresión artística..

A autora fai das súas cancións “un xeito coma outro calquera de ciencia-ficción”. Dende o amor ata a frustración, son moitos os temas e as historias que nos presenta María nos seus temas, dende a ironía ou a picardía unhas veces e dende a sinxeleza noutras.

Nestes momentos, o disco está dispoñible para a súa escoita na rede a través de Bandcamp no seguinte enlace: https://mjperez.bandcamp.com 
ou en 
http://discosmodernos.bandcamp.com/album/mj-p-rez-lp-2013

Evidencia

https://www.youtube.com/watch?v=XJkNzHCok34
 MJ Pérez e Joshua Kenneth
Este video nace dunha idea común de MJ e Joshua que perseguían facer un proxecto en colaboración, mesturando a música co ilusionismo


Sempre

https://www.youtube.com/watch?v=trcPxvburoU

 https://www.youtube.com/watch?v=trcPxvburoU





C O N T A C T O:

Correo electrónico: 
mj.perez.ferreira@gmail.com

Teléfono de contacto: 
664728707

A VECES CICLON

Para escoitar A VECES CICLON preme eiqui

A Veces Ciclón son:

Marcos Junquera (Batería),
Óscar Vilariño (guitarra, voz) e
Xavier Muñoz (bajo, teclados).







A Veces Ciclón según Toño Rodríguez baixista na banda pontevedresa Unicornibot.

"Como no parto dunha res nunha corte ou no zoar dun valado electrificado no monte, unha desconcertante mais agradable tensión late subxacente baixo a aparentemente tranquila topografía sonora de A Veces Ciclón.
Non é gratuita a concesión ao rural: Óscar Vilariño (Musel) quere falar dos cambios de estación (Primaveira), do cotián (Servilletas), da obsesiva distorsión do habitual (Siesta). O coruñés, lonxe de quedarse niso, riza o rizo i emprega a súa omnipresente guitarra e a súa tímida voz entrante e saínte como vehículo para un pasaxeiro que é máis unha sensación que unha idea: o ruxe ruxe das emocións que, por cocerse a lume lento, son devastadoras, nos efectos que puidesen chegar a causar.
Gran parte da culpa é da base rítmica maxistralmente regalada polo batería Marcos Junquera (Betunizer, La Orquesta del Caballo Ganador) e o baixista/teclista Xavi Muñoz (Laetitia Sadier), que fan vibrar o chan sensitivo de A Veces Ciclón, aportando a chispa de violencia contida que remata unha amalgama elegante, brilante i enerxética redondeada polo cálido son dos Estudios da CRTVG con Toño Vázquez aos mandos."

Toño Rodríguez toca o baixo na banda pontevedresa Unicornibot.

Acuarela é quen lles edita os discos.

A VECES CICLON

Dos sete temas do disco, 3 son en galego: Primavera, Xalundes e lonxe


lonxe

"Batendo o vento decidido
Abondoso, práctico, moi enoxado.
Calquera emoción despistada
A máis vella das demandas
Estaba moi lonxe
Segue moi lonxe"






CONTACTO:
 avecesciclon@gmail.com

I CERTAME DE CANCION DE AUTOR Concello de Teo


¿Es cantante novel e compós as túas cancións en galego? Pois anímate a participar!!
Queremos escoitar as túas propostas independentemente do estilo musical: gústanos o folk, pop, rock, blues... Toda a música feita en galego.

Informamos que:

- Poderán participar no Certame todos aqueles cantautores ou cantautoras que non posúan ningún disco editado en solitario. (Non se terá en conta se ten publicados discos como membro de outras bandas)

- As composicións terán que ser orixinais e de creación propia.

- Será requisito imprescindible que as letras estean escritas en galego.

¡Correde a voz e ide preparando as vosas cancións, que xa está aberto o prazo de inscrición!

Velaquí tedes as bases e toda a información sobre o Certame http://www.concellodeteo.com/eadministracion/convocatoria.php?id=278&lg=gal

Patrocinan:
Concello de Teo
Secretaría Xeral de Política Lingüistica - Xunta de Galicia
Gadis

Colabora:
Músicos Ao Vivo
Amunoga (Asociación de Apoio aos Músicos Noveis Galegos)


Dirección artística: Xoán Curiel
Producción: Imperdible Servizos Culturais
Prensa: Tátara Comunicación (Contacto: Jéssica Beiroa)
Imaxe: Pepe Xoga

FAMILIA CAAMAGNO HAI QUE ANDAR COS TEMPOS!



Para escoitar e descargar FAMILIA CAAMAGNO preme eiqui

Surfistas nazis
Rantanplan
Mentireira
C'mon baby, unga-unga!
Fóra de control
Mala herba

 Todos os temas compostos por Familia Caamagno excepto “Mala herba” (J. Leiber-M. Stoller)

Gravado os días 14 e 15 de setembro do 2013 en Circo Perrotti por Jorge Explosión.

Familia caamagno son;

Manuele Caamagno: Voz e saxofón
Jess Caamagno: Guitarra de punteo
Francesco Caamagno: Guitarra de ritmo e coros
Lano Caamagno: Guitarra baixa
Toni Caamagno: Batería e coros

Giorgio Explosión: Pandeiretas, maracas, coros, clavioline, oubeos e guitarra surf en “C’mon baby, unga-unga!”

Mesturado e masterizado por Jorge Explosión en Circo Perrotti.

Editado por Lixo Urbano

DISCOGRAFIA

Podedes escoitar e descargar o disco  Familia Caamagno  premendo eiqui

Os temas incluidos neste primeiro traballo discografico son:

Este disco foi gravado e mesturado nos estudos Rapapoulo en abril do 2012. E masterizado por Abrigueiro Estudios.





Familia Caamagno Cantan polo Nadal!
Gravado e mesturado por Tomás Ageitos o 1 de Decembro do 2012.
Masterizado polo Doutor Chou









CONTRATACION e CONTACTO 
629 041 750 ou 
familia caamagno@gmail.com

AS MAIMIÑAS UNHA VIAXE POLO MUNDO




Para viaxar podes coller barcos, avións ou incluso camelos. Ou se cadra, abonda con acompañar as MAIMIÑAS nesta volta e reviravolta musical arredor do mundo.

Sabes cantar? Sabes bailar?. Daquela estás listo para  "UNHA VIAXE POLO MUNDO"

Libro-cd editado por Sonarbore de Editorial Galaxia








https://www.youtube.com/watch?v=FTMSv5meBsQ
Canción incluída no libro-disco
UNHA VIAXE POLO MUNDO
(Editorial Galaxia, 2014)
Realización: Siete Gatos Blancos.

https://www.youtube.com/watch?v=FTMSv5meBsQ


https://www.youtube.com/watch?v=N1Y94P4Vb9E
As Maimiñas De Safari Canción incluida no libro Unha viaxe polo mundo (Editorial Galaxia, 2014).
Letra e voz: As Maimiñas.
Realización: Siete gatos blancos
https://www.youtube.com/watch?v=N1Y94P4Vb9E



As Maimiñas somos un grupo de animación infantil que se fundou en abril de 2011. Está formado por dúas mosenses:
Lucía Lago Fernández, Grao Medio Música Especialidade Piano e Mestra en Educación Musical.
Irene Álvarez Lago, Grao Medio Música Especialidade Frauta Traveseira e Licenciada en Publicidade e RRPP.



As Maimiñas adicámonos a levar a cabo representacións e espectáculos musicais, especialmente dirixidos a un público infantil, de idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos, aínda que os adultos pásano igual de ben con nós.
As Maimiñas é un proxecto musical que xurdiu no mes de abril de 2011 como resposta a unha potencial demanda deste sector en concreto da sociedade: o infantil. Nos seus inicios a súa creación non foi algo buscado nin reflexionado, senón que foi xurdindo como unha resposta a peticións externas (ben sexa de centros educativos cos que xa tiñamos colaborado de forma individual ou doutro tipo de entes que nos coñeceron a través destas colaboracións).
Os nosos espectáculos van dirixidos a calquera tipo de administración, centro educativo, asociación, fundación ou particular e teñen como finalidade concreta animar momentos de ocio infantil, festas de fin de curso ou calquera outra actividade educativa ou lúdica. As nosas representacións van ter na súa gran mayoría, unha finalidade didáctica.
DISCOGRAFIA PREVIA:



O Soño de Zalo é un disco que contén oito temas con letra e música de Irene Álvarez e Lucía Lago.
Contén os temas dun conto de As Maimiñas: o soño de Zalo, un cabalo que soñaba con ser un camelo.  A través das cancións poderemos coñecer as aventuras deste cabalo tan peculiar e tamén descubrir cómo se poden cumplir os soños.

O disco foi gravado en Elite Musical e mesturado por Carlos Mariño.

Está totalmente autoproducido e  autoeditado polas integrantes do grupo.
 



Pódense ver algúns dos nosos vídeos nos seguintes enlaces:



CONTACTO: 

as.maiminas@gmail.com
 
Telf.:
Mai: 670216294
Miña: 657532341 
maiSon: 886130827

KOROSI DANSAS

XÉNESE

MANIFESTO "FUNDACIONAL". VERÁN 1988

"THE NAME OF THIS BAND IS KOROSI DANSAS"

KOROSI DANSAS é unha banda formada no verán de 1988 en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, con fins exclusivamente reivindicativos e protestóns. A base operativa da banda está situada na Casa da Xuventude da vila, convivindo con alfareiros, pintores e demais piratas das artes. Os compoñentes levamos xa varios anos formando parte de varias agrupacións locais, feito que non ten relevancia á hora de partir de cero no momento de crear a nosa propia música, sen ter en conta necesariamente as influencias do pasado musical de cada un de nós.

Levounos a montar esta banda a ansia común que temos fronte a certas e moi concretas irregularidades políticas, sociais e culturais do noso entorno, do noso Concello, pero tamén do mundo como simples humanos, contando coa arma legal que significa ter un instrumento nas mans, unha letra que teña algo que dicir, algo que comunicar ó publico, utilizando en ocasións un certo tono satírico, polo que ás veces se nos pode chegar a tildar de grupo "simpático ou desenfadado".

En canto ó estilo, á música que facemos KOROSI DANSAS, non nos queda outro remedio que autocalificala como incalificable, posto que as fontes de referencia das que bebemos son tantas e tan variadas, que non se lle pode aplicar unha etiqueta comercialmente recoñecida. O termo que mellor podería definir dalgún xeito a nosa música é ROCK DE BATEA, acuñado polo grupo. Posto que procedemos da terra do mexillón con sabor a gasóleo de lancha contrabandista e que as nosas noites están amenizadas polos sons procedentes do estraperlo e desfalco a facenda, coidamos que é o termo máis axeitado.

A banda está formada por:

XURXO ROMERO: Guitarra, voz, coros.

MANUEL SEIXAS: Guitarra, voz, coros.

XOSÉ A. PORTO: Baixo, voz, coros.

ROBERTO CAMBA: Batería, danzas.



Aínda que sen a axuda de moita outra xente non teriamos chegado ata aquí.



KOROSI DANSAS.

- Título: Os Ghalisáns
- Artista: Korosi Dansas
- Clip: Paco Rañal
- Emitido no programa: Xabarín Club (TVG)



TÍTULO: CORDURA
XÉNERO: CD Audio.
EDITORIAL: Man Records
PUBLICACIÓN: Marzo, 1.995.
¿Como conseguilo?: En tendas de discos, ou contactando directamente con:
Madame Mir; Ponte de Sar 73, baixo. 15702 - Santiago.
Tfnos: 981-589316/981-589314 (Fax)
e-mail: madamemir@madamemir.com
http: //www.madamemir.com


Temas da obra::

01 - Faneca
02 - Testemuña ocular
03 - Lume obrigatorio
04 - Fausto
05 - Ráfaga
06 - Sangre, sudor y mierda
07 - Hai tempo xa
08 - Azul cielo
09 - Desorden en la Ría
10 - Agora, xa
11 - Otra vez las nueve
12 - Gústanme os teus ollos
13 - Mosca
14 - Nada que perder
15 - Maruxa
16 - Bebo
17 - Donpepito
18 - Repollo


TÍTULO: NON!
XÉNERO: CD Audio.
EDITORIAL: Edicións Chorima
PUBLICACIÓN: Marzo 1.996
¿Como conseguilo?: Contactando directamente.
Visita a TENDIÑA






Temas da obra::

01 - Chernobil Potemkin
02 - Farto
03 - Así está mellor
04 - Jason
05 - Placer
06 - Queridos irmáns
07 - Amén, amén
08 - Non !
09 - Gran Vía
10 - Buratos negros
11 - Huecos
12 - A) Ela
13 - B) Ela flasback
14 - Hoy y ayer y también mañana (O, por favor tócame)

KOROSI DANSAS aseghun  Josito

Incluímos eiqui este texto de Josito Porto extraido do proxecto sonhando con seixas http://www.sonhandoconseixas.eu/josito-porto/


"E un día paseando abollado pola Praza do Castro, cando na rúa cheiraba a fume de canuto e podías apurar unhas birras sentado na fonte, en fronte dalgún daqueles bares topeime con Manuel. Eu viña dun desengano musical do que fora Año Sabatico e Manuel tamén intentaba superar a disolución de La Vieja Táctica.
Mirámonos no fondo dos ollos e prometímonos amor eterno, iso si, cun sorriso eternamente inquietante. Dúas semanas máis tarde entrei a formar parte da FAMILIA KOROSI DANSAS.
Un par de ensaios e a desvirgarnos na propia praza na que uns días antes ofreciamos os nosos corpos por un par de acordes xuntos.
Aquel hostiazo na liña de flotación dun concello que pelexaba a prol dunha Cortegada perfectamente urbanizada converteuse nalgo realmente importante, sobre todo para min. Aquel concerto Contra a Urbanización da Illa de Cortegada, cos membros do concello diante, foi o xérmolo da unión “ate que a morte nos separe” de catro rapaces que tiñamos ganas de amar, rir, cuspir, cagar en galego. O galego na música non podía servir só para facer a banda sonora de Paco Martínez Soria na gran cidade, estabamos convencidos pero tampouco queriamos ser o exemplo de nada nin para ninguén.
A partir de aí moitos risos, moita rabia, moitas bágoas, moito sangue, suor e merda. Aprendín tantísimo destes elementos que non teño palabras para expresar o meu agradecemento.
Uns anos máis tarde a familia foi medrando coa aparición na nosa vida de Santi Frutos, o descerebre estaba servido. Nun momento delicado apareceu a figura de Carlos Blanco ofrecéndonos a posibilidade de transformarnos en TRONADA, o conxunto musical que acompañaba ao Sr. Paco naquel inesquecible Directamente Paco. E tantas persoas que acabaron sendo moi importantes na traxectoria da banda.
Ensaios perfectamente controlados e ordenados que se transformaban na tolemia, os litros de suor e o desfase que caracterizaban os nosos concertos.
Inventándonos unha etiqueta, Rock de Batea, para evitar que ninguén ousase poñernos unha etiqueta xa manida, fomos debullando unha amizade que pasa por riba dos longos periodos de tempo sen saber nada uns dos outros, das grandes discusións internas, das grandes alegrías que tamén houbo, das inxustas desaparicións provocadas por ese gran ditador que parece ser Deus. Cada un eramos un mundo pero xuntos eramos unha bomba de reloxería, sempre a piques de estoupar. Sen preocuparnos pola imaxe nin polo show. A única preocupación residía en tocar a febra que nos saía de dentro, abrir as nosas entrañas e amosalas sen nengún tipo de pudor ante o respectable.
E unha noite, despois de bailar apertados coas cabezas pegadas e chorando nun pub no medio da pista escoitando U2, deixei KOROSI DANSAS por un traballo que requería dunha certa exclusividade e, aos poucos días, despois de decatarme que non podía vivir sen esa miña FAMILIA, deixei aquel traballo e volvín a aquela precariedade económica pero riqueza interior.
E outro día deixamos de tocar e cada quen seguíu o seu camiño. Pero iso xa daba o mesmo, cada un levamos dentro algo así coma un estoupido eterno que nos marcará por sempre, unha actitude que non sabería definir…de batea?
Tes que perdoar este coñazo pero é que non podo falar de ti sen falar de Xurxo, de Roberto, de Santi. De KOROSI DANSAS.
A xente, cando lles comentei que iamos facer esta xuntanza-homenaxe, non paraban de contar o bo tío que es, o gran profe que es, o gran creador que es, o gran implicado que es, o…e eu non podía disimular un xigante sorriso interno porque eu non podo deixar de pensar que, gracias a ti, formei parte dun grupo de ARTISTAS MULTIMERDA que me marcaron para sempre.
Saúde e Forza, Marulo!        ARRIBA ESAS CAÑAS!!!!!
Josito Porto (artista multimerda pero, sobre todo, amigo)"

MAIS INFO :

PABLO DIAZ



Foto: Carlos javier Serrano

Pablo Díaz é un prestixioso músico coruñés, que debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC apadriñado por Santiago Auserón, en decembro de 2009, coa editorial Kalandraka. En novembro de 2013, ve a luz o segundo traballo, TOC TOC, da editorial Galaxia. Con este traballo conseguiu o recoñecemento do mundo musical acadando o premio ao mellor traballo de música infantil nos premios Martín Códax 2014. En decembro de 2014, presentou o seu traballo máis íntimo e dedicado ao público de menor idade: "Xente Miúda, moita fartura", apostando nesta ocasión pola autoprodución e por contar coa colaboración de Tito Calviño e Carmen Rey. (A información dos tres traballos está máis abaixo en Discografía Previa)

TIC TAC TOC (2016)

O novo traballo de Pablo Diaz e banda veu a luz a través da editorial Galaxia.

A banda está composta por 6 músicos de grande prestixio, e fan un percorrido por diferentes estilos musicais: Folk, pop, rock,...

Pablo Díaz: Voz, guitarra, clarinete, gaita, harmónica
Diego Barral: Guitarras
Antón Díaz: Baixo eléctrico
Álex Fente: Acordeón
Carlos Freire: Batería
Olga Kirk: Voz, baile e percusión

Pero ademais este traballo contou con colaboracións moi especiais:
Xabier Díaz (tocando as percusións)
Tonecho Castelos (violín, viola e zapateado)
Tito Calviño (guitarras)
Juan Tinaquero (contrabaixo)
Luis Tinaquero (banjo)
Richi Casás (saxo)
Diego Rodríguez (trombón)
Icía Díaz (voz)

O disco foi gravado e mesturado nos estudios NAKRA con José Puga e Pachi Baldomir como técnicos e masterizado por Chris Muth en Nova York.

Este libro tan ademais o obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor o traballo dun artista de 10 anos, Antón, que deseña e debuxa uns animais imaxinarios preciosos. Antón é un neno con TEA, pero cunha altísima capacidade creativa. El di isto de si mesmo: "O meu nome é Antón e teño 10 anos. Estudo 4º de primaria e teño TEA, mais iso non é o que me define. Son un neno cariñoso, feliz, gústame xogar, estudar , ir á praia e ao parque, pero sobre todo gústame debuxar. E o que máis me gusta no mundo é debuxar animais.” De aí a canción, “O mundo máxico de Antón”

O Libro está ilustrado por Almudena Aparicio.



DISCOGRAFIA PREVIA:


Xente Miúda, moita fartura (2014)
Pablo Díaz edita un novo traballo para o público infantil que así e todo muda notablemente con respecto aos anteriores Tic-Tac e Toc-Toc. O son máis dinámico e rockeiro destes traballos deixa agora paso ao predominio da guitarra acústica, a harmónica e o acordeón, o que redunda nun disco máis suave e pausado, dirixido a incluír entre o seu público as idades máis novas (tendo sempre en conta o relativo destes encadramentos). Polo contra, pensamos que non muda nada tocante a outros sinais de identidade, polo menos no que se refire ao seu traballo na música infantil: referímonos sobre todo á claridade de mensaxes e ao directas e efectivas que resultan tanto as melodías coma as letras.

O disco autoproducido conten 13 temas: 1. Os insectos 2. A gardar 3. Mago titiriteiro 4. Parabéns 5. Sono lixeiro 6. O meu cuarto 7. Entre estrelas e golfiños 8. As flores 9. Merecen unha canción 10. Árbores froiteiras 11. Cantacontos para bebés 12. Crema de verduras 13. Cando dormen os bebés

As guitarras gravounas Tito Calviño, o piano Carmen Rey, e as voces ademais da de Pablo Diaz  son Carmen Rey e Olga Kirk.

Gravouse na Cova dos Peixes e en Bastavales. Os técnicos de gravación foron Guillerme Fernández e Xabier Díaz. sendo a  masterización de Guillerme Fernández.

Distribúe Músicas de Salitre (info@musicasdesalitre.com), e pódese mercar en tendas e librarías especializadas.

Canción con Pictogramas: "A Gardar".

 Pablo Díaz."Xente miúda moita fartura"

https://www.youtube.com/watch?v=AEXcIGthdZ0


https://www.youtube.com/watch?v=YD4LCHz7Kzc&app=desktopPablo Díaz coas nenas e nenos de 1º de primaria (aula de "Pablo Díaz" no curso 2013-14) do Colexio Andaina, da Coruña.
Tras o enorme cariño recibido por parte destes nen@s, os seus pais e nais e por suposto os mestres, musiquei o poema de Xosé María Díaz Castro, "Chove en Galiza", grazas á achega de Armando Requeixo. Marabillosos coros destes grandes cantantes!!!
https://www.youtube.com/watch?v=YD4LCHz7Kzc&app=desktop

“Toc toc” é a chamada á porta do mundo dos nen@s. 

Un mundo de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida as guerras e si a defensa do medio ambiente, a protección dos animais , a ilusión da chegada do apalpador no Nadal, a fantasía do mundo dos piratas, e como non, o mundo paralelo dos nen@s: os contos, onde poden aparecer protagonistas femininas, creativas e decididas (e non nenas/mulleres inxenuas como a tradición literaria deste xénero nos presenta habitualmente) xogando así un papel máis próximo á sociedade de hoxe en día. 

 Tamén hai humor, como os animais que forman unha orquestra, loitas atmosféricas entre anticiclóns e borrascas, os bonecos que poden centrar a vida dos nen@s. 

No eidomusical, “Toc toc” rima con rock, pop, folk e tamén soul, a alma da música moderna que partiu da tradición cultural e musical de moitos países africanos que neste caso mesturase coa tradición musical galega. 

Desta última aparecen dous romances infantís O piollo e a pulga e Mazarico que entronca coa nosa ráigame máis fonda. 

Editorial Galaxia 
Autor: Pablo Díaz 
Ilustración: Nuria Díaz

Mercar on-line en Galaxia: http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0011250007  


Para escoitar TIC TAC preme eiqui

O libro-disco, publicado pola editorial Kalandraka,
conta coas ilustración de Marc Taeger e un sinfín de colaboracións:  Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote...

Este primeiro traballo discográfico en solitario e froito dunha incesante actividade musical e vital, do
multiinstrumentista e cantante galego Pablo Díaz.

Un espectáculo para nenos grandes e pequenos.

Con bases da música pop, rock, tradicional galega e moitas máis, Pablo Díaz embarca ós cativos nunha aventura fascinante: espertan ca canción do Tic-Tac, bailan co Rock do Porco Celta, viven mil contos que van arrolando
a imaxinación.

Edita: Kalandraka 
Produce: Merlo branco


CONTACTO:

email: pablodiaztictac@gmail.com 

tlf.: 636 55 95 55

ACADACANTO A ROSA D'ADINA



aCadaCanto, o proxecto conxunto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero ten novo traballo titulado A Rosa d'Adina. Nel musicalizan unha selección de poemas da máis grande escritora das letras galegas, Rosalía.






https://www.youtube.com/watch?v=nBklPs0uXKw
Gravación nos xardíns da Catedral de Tui do tema "Aló", poema de Rosalía de Castro musicado por aCadaCanto, e incluido no EP A rosa d'Adina.

​Realización/posprodución vídeo: Karlos Abal
Cámaras:
Karlos Abal, Fran Naveira, Iago Prada

Gravación audio: Kevi Aragunde
www.musicasdesalitre.com

 https://www.youtube.com/watch?v=nBklPs0uXKw


Editorial Músicas do Salitre, 2013 

ISBN / ref 8436035005512 
prezo 8.95 €
Podedes mercalo on line en Andel

O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO

O meu marabilloso sombreiro, de Akiko Ishihara con textos e ilustracións de Suevia Sobral Santiago editado por Edicións do Cumio que aposta por unha proposta para os estudantes de xaponés, unha iniciativa interesante dirixida e específica, para aqueles que gostan desta cultura ancestral, da maxia do secular e das posibilidades dun mercado impresionante e cheo de posibilidades.

 Son un neno pequeno, pero podo construír soíño moitísimas cousas. Hai pouco, con grande esforzo, fixen un sombreiro marabilloso. Agora estou pensando a quen llo podo regalar. Se queres, pódesme acompañar na miña procura. E mentres escoitamos cancións, sen dúbida, divertirémonos xuntos.

Un volume inusual dentro da nosa tradición, unha edición de conto bilíngüe galego/xaponés e seis cantigas populares do Xapón coas súas correspondentes partituras, visualmente atraentes.

O libro, ademais, vén acompañado dun CD coas cantigas nas súas versións galega e xaponesa. Algo distinto para apoiarse no estudo desa lingua milenaria, unha iniciativa interesante e divertida que enche un oco no estudo das linguas.


As instrumentacións estiveron a cargo de  Víctor Alfonso Castro Martínez e a voz pona a  cantante Montse Ogando


Onde mercalo: http://www.cumio.com/libro.php?id_libro=688

OS D´ABAIXO



Para escoitar OS DÁBAIXO,  preme eiqui Ainda que tamén están en spotify, deezer, itunes...

Formación:

Xacobe Varela – voz, bouzouki, gaita e percusións
Quim Farinha - violín
Roberto Rama – saxo e gaita
Gom Goás – guitarra e coros
Xosé Ramón Vázquez – acordeón
Richi Martín – percusión

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares sobranceiras da música galega, á marxe da súa orixe, autor, ou de quen as tivera gravado ou interpretado anteriormente. O que pretenden é ofrecer unha escolma de música cargada de forza e enerxía que leve ao baile e á foliada ao xeito de antes.

Os d’Abaixo amenizan festivais de Galicia, e do resto do mundo, podendo destacar o Festival de Músicas do Mundo en Maio 2012 (Etxarri-Aranaz -Navarra-), San Simón Fiddle 2016, o Festival Le Grand Bal de l’Europe en Xullo 2012 (Gennetines -Francia-) e o Festival Intercéltico de Lorient en Agosto 2013 (Lorient -Bretaña-) amenizando o stand de Galicia, onde aproveitaron para gravar o seu primeiro disco.

Quixera ser dos páxaros (2017)

O segundo disco, primeiro de estudio, da bamda está composto por temas inéditos provintes dun grande traballo de é investigación.

Un disco éste máis intimista onde o compoñente estético ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como no deseño gráfico e a fotografía.

Deseño de Nébeda Conbe






No disco, cada un dos temas ven acompañado dunha detallada descripción que axuda a
comprender o traballo de pesquisa do repertorio.

1. ESPADELADA DE SOLVEIRA
No inverno de 1952 chegaba a Galicia a parella formada por Alan Lomax, un home estadounidense de arredor de 37 anos, e Jeanette Bell, a súa axudante inglesa. Vixiados constantemente pola Garda Civil enfrontábanse a malos camiños, hospedábanse en aldeas sen
electricidade e sen auga e sufrían o frío. A súa intención non era espiar o réxime franquista. Viñan recoller cancións.
Unha vez no noso país, e logo de contactar co Museo de Pontevedra e outros coñecedores da nosa tradición musical, comezaron unha viaxe que os levaría por once localidades, entre elas Solveira, ao pé da cidade de Ourense, onde Pura Carreiro lles cantou estas Coplas de espadalar.
As espadeladas, segundo Casto Sampedro son os cantos de labor que se oyen generalmente en la animadísima operación de espadillar el lino; a ella concurren también los mozos del lugar. Se celebra de noche y se turna la obligación de asistir gratis. (Casto Sampedro. Notas as recolleitas da súa colección).
Moitos cantares galegos son de orixe feminina, asociados con frecuencia as labouras da vida coti . O protagonismo da muller no folclore galego importante, fundamental, á é un papel que ata hai pouco non foi recoñecido dabondo. Para mostra da súa importancia ao longo da historia, atención ao que escrebia frei Martin Sarmiento ao redor do 1745: "He observado que en Galicia
las mujeres no sólo son poetisas sino músicas naturales. Generalmente hablando, así en Castilla como en Portugal y en otras provincias, los hombres son los que componen las coplas e inventan los tonos o aires y así se vé que en este género de coplas populares hablan los hombres con las mujeres o para amarlas o para satirizarlas. En Galicia es al contrario. En la mayor parte de las coplas gallegas hablan las mujeres con los hombres; y es porque ellas son las que componen las coplas, sin artificio alguno, y ellas mismas inventan los tonos o aires a que las han de cantar, sin tener idea del arte músico." [Sarmiento.- Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles]

Os d'Abaixo - Espadelada de Solveira(2016)

https://www.youtube.com/watch?v=_rIqKPNGumg

 https://www.youtube.com/watch?v=_rIqKPNGumg


2. LEMOS-RIBADAVIA
Esta peza está composta pola Foliada do Val de Lemos e a Cabalgata de Ribadavia. a Foliada é unha versión instrumental da interpretación do Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo, gravada nun disco de pizarra de gramófono arredor de 1930 que actualmente está en forma de rexistro sonoro musical na Biblioteca Digital Hispánica.
A Cabalgata de Ribadavia aparece no Cancioneiro Musical de Galicia de Casto Sampedro, e a súa execución, segundo anota D. Casto, era una costumbre de tiempo inmemorial en la villa de Ribadavia, que celebraba sus fiestas con farsas o comedias públicas; entre ellas figuraba la de la Becha, que parece representaba la lucha y victoria de San Jorge sobre el dragón infernal. Cando a recolleu Sampedro era interpretada polo gaiteiro Chinto da Costeira. Parece ser que tamén se tocaba nas festas do Entroido.

3. QUIXERA SER DOS PAXAROS
En 1943 fundouse o Intituto Español de Musicoloxía (IEM). A súa Sección de Folklore convocou durante anos concursos e misións co obxecto de conservar o cancioneiro popular, chegando a coleccionar máis de 20.000 melodías, copiadas en papel, recollidas entre 1944 e 1960 por 47 investigadores en diversas partes do Estado. Estes fondos atópanse na actualidade no Fondo de Música Tradicional da Institució Milà i Fontanals (CSIC-IMF) de Barcelona, e desde 2015 parte deles pódense consultar no seu portal web.
Pedro Echevarría Bravo (Burgos, 1905 - Madrid, 1990) foi director da Banda de Música de Santiago entre 1955-1965 e participou neste proxecto traballando en Galicia durante sete campañas, entre aos anos 1954 e 1960. Deixou unha inmensa recolleita de música tradicional galega, da que provén esta peza que escoitou en Ferrol en 1954, e foi cantada por Antonia Cachazo Faraldo, de 65 anos, quien se la oyó a su madre.
Nestas recolleitas adoita aparecer únicamente unha primeira copla co seu retrouso. O resto das coplas tomámolas do Cancionero de Pérez Ballesteros. José Pérez Ballesteros naceu en Santiago de Compostela en 1833 e faleceu na Coruña en 1918. Foi un escritor en galego e castelán, e un investigador do folclore galego, considerado como un dos Precursores. Foi cofundador da sociedade "El Folklore Gallego" en 1884, que presidiu Emilia Pardo Bazán.
Ballesteros foi un dos asiduos dos faladoiros da coruñesa Cova Céltica e tamén un dos corenta membros fundadores da Real Academia Galega. Publicou en 1886 o Cancionero Popular Gallego y en particular de la provincia de La Coruña, con textos de coplas populares da época.

4. MAZURCAS DOS CAMPANEIROS
Os bailes agarrados son bailes que, a diferenza dos máis tradicionais como a xota ou a muiñeira, se executan en parella. Na súa orixe proceden de fóra de Galicia, e requiren contacto físico, de aí o seu gran éxito entre as clases populares cando chegaron da man das bandas de música, a partir de mediados do XIX. As bandas xeraron cambios no tipo de repertorio interpretado polos gaiteiros, que recollían as pezas de moda que estas agrupacións interpretaban, introducindo no noso folclore diversos ritmos de fóra que rapidamente foron galeguizados (valses, polcas, mazurcas, rumbas...).
A introdución dos agarrados supuxo tamén un certo escándalo, sobre todo entre as autoridades eclesiásticas que vían neste tipo de bailes un atentado á moralidade. A principios do século XX en numerosos lugares de Galicia o clero negábase a confesar aos fregueses que bailaban o valse ou a polca. A pesares disto, non houbo durante decenios compositor nin grupo tradicional
galego que non levara mazurcas no seu repertorio. Estas son as dos Campaneiros, gaiteiros compositores, creadores de tradición.

5. ALALÁ LUGUÉS
Outra peza da colección de Pedro Echevarría para o Intituto Español de Musicoloxía. Neste caso o informante foi Francisco Méndez Rodríguez, director da Banda Municipal de Lugo nos anos 50 quen, como indica a partitura orixinal, se la oyó a unos viejos de la aldea. A letra, agás a primeira copla que é orixinal, collímola do Cancionero Popular Gallego de Pérez Ballesteros.

6. MUIÑEIRAS DO XIX
Na segunda metade do XIX púxose moi de moda entre as clases acomodadas ter un piano na casa para que os membros da familia interpretaran obras diversas. A música impresa para piano proliferou dun xeito nunca visto e tiveron grande éxito as transcricións de temas populares “regionales”, ao abeiro do nacionalismo musical que imperaba en toda Europa.
N s atopamos d as alfaias perdidas en d as colecci ns dos fondos ó ú ú ó da Biblioteca Nacional de España, na web da Biblioteca Digital Hispánica (BDH). Son dúas muiñeiras antigas de orixe popular, posiblemente retocadas polos músicos que participaron na recolleita ou na edición para piano. A primeira foi transcrita por Modesto e Vicente Romero e editada en 1911. A segunda,
transcrita por Rafael Taboada e editada en 1883. Agora, cento e pico anos despois de ser impresas, voltan á casa nesta nosa versión.

7. MANEO DE MONTEMAIOR
Cando cadra, a xente do mundo máis tradicional colabora connosco para achegarnos pezas e recollidas que despois pasan a formar parte do repertorio. Neste caso, Xermán de Couso fíxonos chegar este fermoso maneo procedente de Sta. Margarida-Montemaior (A Laracha), ao que lle achegamos unha parte instrumental composta por nós.

8. MAZURCA DO PIAMONTE
Nos primeiros anos 80, o grupo folc italiano La Ciapa Rusa visitou Galiza en varias ocasións. Esta peza foi interpretada no Festival de Pardiñas (Guitiriz) e escoitada polo noso acordeonista cando era un rapaz. Moitos anos despois, buscando novo repertorio para este disco, levouna ao ensaio dos d’Abaixo, convencido de que era unha mazurca galega. Logo de tocala, ensaiala e
facerlle unha parte nova para o medio, soubemos da procedencia piamontesa da mazurca, e así quedou. Isto é un bo exemplo de como funciona a tradición oral e como viaxan as pezas dunhas tradicións a outras.

9. FOLIADA DE NEGREIRA
No 66 cabodano do pasamento de Castelao, dous membros dos d’Abaixo recibiron a encarga de facer unha versión desta peza, ao parecer moi querida por el. Ese dia cantámola no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval, pensando con todo o cariño que pensaría Castelao se a chega a ter escoitado.

10. PENLAS E ESPADAS
A festa da Coca de Redondela é unha celebración de orixe pagá que ten lugar o día do Corpus Christi. A orixe desta celebración radica na lenda da Coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. A razón da celebración é a derrota deste animal mitolóxico a mans dos mariñeiros de Redondela. Así, para conmemorar esta vitoria, realízanse representacións tanto do propio animal coma da batalla na que a Coca foi derrotada, nas que se baila a Danza das Espadas. Os mozos que comezan a danzar coas súas armas arredor do animal morto após de derrotalo, ao tempo que realizan o baile das Penlas, que representa a
celebración das doncelas liberadas ó das fauces do dragón.
As Penlas son cativas vestidas cun vestido branco, abundantes encaixes e unhas ás de anxo, que son levadas na procesión e bailan sobre os ombreiros dunhas mulleres fortes do gremio das panadeiras, chamadas burras.
Varias destas danzas aparecen no Cancioneiro Musical de Galicia, e nós interpretamos unha combinación de dúas Redondela, onde esta tradición non se interrompíu nunca ao longo do tempo e seguen a bailarse hoxe en dia,. Segundo o seu colleitador, D. Casto Sampedro, a de Redondela é la danza de espadas más importante y la menos impura de todas las recogidas.
Desde tempo inmemorial, la danza es ejecutada por veinticuatro marineros en el día de Corpus, siempre los mismos salvo salvo las bajas de ausencia, imposibilidad o muerte. Algún Maestro la dirigió más de medio siglo. Usaban espadas auténticas y antiguas que se guardaban en el Concejo, sujetas con unas cintas a las muñecas, y en las manos sendos pares de castañuelas; pero un día de Corpus y en plena procesión, se armo una disputa en medio del mismo puente de Villavieja, sobre el lugar que se correspondía a San Juan, y fué tal la refriega, que el Santo se fué al río, y hubo que recogerlo con un brazo de menos; por lo que el previsor alcalde que presidía, tomo la providencia, entre otras, de sustituir las espadas de acero por otras e madera pintada que aún se usan hoy. Casto Sampedro. Notas á recollida

11. TORNA OS BOIS
Esta é unha versión dun arrorró recollido por Xabier Blanco serve para pechar este disco con voces, piano, violino barítono e a participación dun merlo de Samarugo-Vilalba. Unha chiscada de ollo fóra do estilo habitual do grupo como despedida.

DISCOGRAFIA PREVIA:


AO VIVO EN LORIENT (2014)

Gravado ao vivo na carpa de Galiza no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña) os días 9 e 10 de agosto de 2013, agás a peza Non cho creo PP, gravada en SonNatural (Angueira de Castro – Rois) en outubro de 2013.

Técnico de son ao vivo: David Rey

Técnico de SonNatural: Xabier Olite

Mesturado e masterizado por Xabier Olite e Xosé Ramón Vázquez en SonNatural

Fotos: Gwenaëlle Deniau (Lorient) e Juan Luis Rúa (Praza da Quintana)

Deseño gráfico: realización de G. Vilas, idea gráfica de Quim Farinha



Chouteira do Lérez - Os d'Abaixo (2012)

https://www.youtube.com/watch?v=tpEFGjfdG8Q

 https://www.youtube.com/watch?v=tpEFGjfdG8Q

Máis información sobre o grupo en www.osdabaixo.com

MONSTROS DA MAQUINA

Finalmente, despois de varios atrasos, o primeiro disco compilatorio das bandas de Discos da Máquina, Monstros da Máquina vol. 1, presentouse o sábado 13 de decembro de 2014 na tenda Miranda – Cultura para levar de Compostela.

Un disco monográfico sobre os monstros da civilización,  






'Monstros da Máquina vol. 1' tem este aspeto. O disco vem numha pasta de cartom serigrafiado em negro e vermelho, desenhada pola empresa de embalagem Máquina-solteira. No interior há umha folha despregável com os textos das cançons e umha ficha sobre cada um dos monstros, com ilustraçons de Dani Santos de The Lost Omelette-makers



A tiragem consiste em 100 cópias numeradas de cada cor, 100 da série negra e 100 da série vermelha. Destas 200 cópias, 50 de cada série vam ser postas à venda em miranda-cultura para levar en Compostela 

As restantes 100 estarám disponíveis a partir de janeiro. Podes reservar a tua cópia em pedidos.discosdamaquina@gmail.com.