ENTREVISTA A SKANDALO GZ

Cando creastedes o grupo?
O grupo comezou a xuntarse no 2007.
Como foi aquilo que escoitei no Aberto Por Reformas de Xurxo Soto sobre o Vosolocal de ensaio ?
Pois cando formamos o grupo non tiñamos local de ensaio. En Ponteareas hai uns locais habilitados para ensaiar que xa están collidos por moitos grupos (que conste que a nos nin sequera nos ofreceron un hoco). Pero estes locais estan manexados polo concello, governado pola dereita, e sería de hipócritas ensaiar nun local que nos pagan e estar a facer cancións en contra deles., Entón decidimos autoxestionarnos: mercamos cemento, bloques, a instalación eléctrica, etc. e nunha finca levantamos o noso propio local. Con moito traballo, pero tamén con moita axuda de outra xente conseguímolo
Houbo moitas variacions de musicos desda a creacion do grupo?
Cando comezamos eramos tres e faciamos máis punk. Ó ano e medio despois introducimos dous compañeiros, un trombón de varas e unha trompeta, chegando ós 5 compoñentes, e vertendo máis cara o punk-ska. Actualmente temos outro trompeta e un técnico de son. Polo que tamen cunha moza de merchandaising que nos acompaña sempre, en total podemos dicir que somos 8.

Porqué cantades en galego ?
Ó principio cantábamos a metade en galego e a outra metade en castelán, pero dímonos conta que coa nosa música e letras temos que apoiar a historia da nos aterra e defender a lingua dos nosos antepasados como sexa, e sobre todo nestes tempos. Na actualidade escribimos e cantamos só en galego.

Cantos discos tendes ?
Temos duas maquetas máis, aparte do novo disco. “LUME”, de cando eramos só 3, e “SOMOS MÁIS”, cando aumentamos a 5. O disco que estamos a presentar agora titúlase “ESPERTA!” e é o que estaremos presentando nos vindeiros concertos.



Onde se gravou foi todo ben coa gravacion e o resulytadio foi satisfactorio ?
A verdade e que non foi todo coma nos queriamos. Foi gravado en estudios Pulse Records en ponteareas , e sendo sinceros cremos que se tiveramos un monton de pasta e a puseramos encima da mesa do estudio de gravacion seguro que nos gravaban e mezclaban un disco de puta madre e botaban con nos o tempo que fixera falta , pero non foi asi coma iamos cos cartos xuntos tivemos que gravar nun tempo record sen apenas poder modificar ou introducir novas ideas
Cando e onde se masterizou ?
Masterizouse a finais de decembro do 2012 e principios do 2013 , e foi masterizado por un gran amigo chamado Felix, que xa masterizara outros grupos e ten dodo montado na casa.

Por que tardastedes tanto en masterizalo ?
Pois porque unha vez pagado o estudio e apalabrado co tipo do estudio que se facia falta modificar algunha mezcla para a masterizacion no la iba a facer sen ningun problema , o final houbo que andar detrás del , chama que te chama para que nos arregalara cousas , cousas que moitas o final non arreglou e tivemos que masterizar coma puidemos co que tiñamos por iso tardamos tanto , pero bueno disto se aprende.
Cantas axudas recibistedes do concello, Xunta, Deputacion...??
Cero patatero
Porqué vos negades a cantar na praza de Ponteareas ?
Porque case todo o que se organiza na plaza esta o nome do concello polo medio , e coma todos sabemos e un goberno de dereitas nos xamais actuaremos para eles preferimos non tocar a ter que entrar polo aro da sua mafia musical , pero temos a esperanza de que nesa plaza agora tamen se organiza un festival que acaba de nacer chamado festival das bretemas e confiamos en que tarde ou cedo toquemos para eles nesa plaza , pero iso si que sepan todos que canto toquemos ai diremos todo o que pensamos destes fascistas na sua puta cara para que se entere todo o pobo

É certo que se liga mais enrriba dun escenario??
Se ves a un concerto noso e a xente se dedica a ligar ou mesmo nos , enton e que algo estamos facendo mal , nos subimos a un escenario para compartir unha idea e que esa idea chegue a xente e que despois a xente pense en organizarse en mobilizarse en loitar xuntos pero non en ligar
Non seria mellor cambiar de estilo e cantar algho como o do miguel bose para lighar mais??
Cada un que cante o que queira , pero nos a musica a utilizamos coma unha maneira de espresar o noso desencanto con este puto sistema para iso usamos nos a musica ai outros que a usan para gañar cartos , para ligar etc etc ala eles coa sua conciencia.
É certo que o punk esta morto e agora hai que facer bachatta para triunfar ?
O punk non está morto o punk por desgaraza os medios de comunicación os centros comerciais queren facer unha moda del , para que asi as novas seneracions non teñan a idea do verdadeiro punk nonj vaia ser que sexamos moitos e loitemos contra o sistema poriso hoxe o punk tamen esta manexado polas multinacionais , bueno manexan a quen queren ou aquen se deixa sexa por falta de culturan ou polo que sexa pero coma dicimos nos nunha cancion AGORA XA TODOLOS NENOS PIJOS QUEREN SER PUNKIS QUEREN SER PUNKIS e que queremos dicir con isto pois que ai moita xente que se encarga de matar o punk

Andades a presentar o novo disco con moitas datas xa cubertas como responde o publico nos directos??
Ata o de agora pois normal fora da provincia e moi ben dentro da provincia pero moi satisfeitos porque ali onde vamos conseguimos crear conciencia e non ai case ninguen que marche do concerto sen ter bailado unha cancion e sobre todo sempre ai alguén que ben a felicitarte polas letras que temos e pola festa que montamos e iso quere dicir que polo menos non aburrimos que facemos estar a xente atenta e iso para nos traducese en satistafacion.

De ke falan as vosas cacions ?
Os nosos temas falan moito da loita da clase traballadora xa que sufrimos bastantes folgas do metal para nos foi unha fonte de inspiracion , temen sobre a guerra do 1936 xa que o noso pobo ten moita historia e este tema e un tema que nos gusta , do cal buscamos moita informarcion o estudiamos e sobre todo nos encanta escoitar os nosos avos e avoas
Que grupos foron influentes para vos ?

Los muertos de cristo , la polla , kortatu , piperrak , talco , banda bassoti , skalarriak , skacha etc etc