MAGIN BLANCO VIDEOCLIP SONHAR

https://www.youtube.com/watch?v=ppC_GgrNZlE&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=ppC_GgrNZlE&feature=youtu.be

Carlos Lago, aka, O TERSER HOME, autor dos debuxos e realizador deste videoclip, naceu en Tui (Pontevedra) e traballa como profesor de Plástica. O nome vénlle da época na que tocaba o tres cubano no grupo "A Comandancia", era o "tresero" e de aí, o terceiro.... (Seguramente tamén lle gusta Graham Green e Orson Wells)
Carlos define a súa técnica como "cromagnona" (prehistorica) pois adoita facer todos os debuxos a man sobre papel e logo móntaos cun sinxelo programa de ordenador, aínda que no caso de Sohnar, os 2800 debuxos que compoñen este fermoso e traballado videoclip, realizáronse íntegramente por ordenador.

SONHAR, unha canción orixinal do gran compositor e escritor infantil MAGIN BLANCO, está incluída no libro de contos con música A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO e xunto a Magín, escoitamos a voz da gran artista brasileira Luanda Cozzeti, filha de Wanda Cozetti Marinho e Alípio de Freitas, historiadores e ex-guerrilheiros políticos.

Merca o libro/CD