NELSON QUINTERO ORQUETA GHARBO Videoclip " Canto de andar o camiño"



Queridos amigos e amigas,

Temos o inmenso pracer de presentarvos o videoclip do tema "Canto de Andar o Camiño" que abre o disco "Orquesta Gharbo!" de Nelson Quinteiro

https://www.youtube.com/watch?v=gm9Aq-MK3os


Quizais o vídeo debería titularse "Entre Cicloxéneses", porque de verdade que foi unha odisea atopar dúas horas de tregua entre borrasca e borrasca, a golpe de 1 de febreiro, no coruñés barrio de Montealto, que ate desfrutou por uns momentos dunhas inéditas raiolas de sol.
A montaxe quere ser unha homenaxe a un dos barrios urbanos máis dinámicos do país, e no que Nelson Quinteiro residíu nos últimos dez anos. A súas xentes. Os seus locais, a súa impronta e dinamismo. O seu "Gharbo!"

Neste vídeo interveñen Maria López (Faltriqueira), Alex Lorenzo (guitarras), Fran Castro (teclado, baixo), Marcos Aboal Vazquez (zendrum) e a colaboración especial de actrices e dinamizadores como María Manero, Marïa Polo, Davinia, Olaia Otero, Rebe Vázquez Castro ou Koldo Gomila.

O traballo é obra de Raquel Pedreira e de Diego Jiménez (Tutanpancho Producciones) ós que queremos felicitar polo excelente traballo. Os recursos son poucos pero a ilusión e a imaxinación son grandes. Temos a alegría como ferramente cargada de futuro!

Queremos agradecer encarecidamente a colaboración dos bares "O Aperitivo", "T59" se sobre todo ao bar "Olímpico", da Rúa da Torre, por aturarnos, querernos e mimarnos ao longo destes anos!

Grazas e desculpas, tamén a toda a xente que, de pasada, aparece no noso vídeo.

Unha aperta e moito GHARBO!

Máis info en:

http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/01/nelson-quintero-orqueta-gharbo.html