SKANDALO GZ ESPERTA!!

SKANDALO GZ - Paripé

" adianto do que vai ser o noso novo disco ABRINDOSE CAMIÑO no que colaboran Vituco dos ruxe ruxe, Esteban de skacha, Marta de chotokoeu, e cristotopher de rebeliom do inframundo."

https://www.youtube.com/watch?v=yydurUgq2qE



ESPERTA !! 
E O TITULO DO DISCO DE 
SKANDALO GZ



Neste mes de febreiro de 2013 veu por fin a luz o primeiro disco de SKANDALO GZ. Baixo o titulo ESPERTA !! atpamos 11 temas integramente en galego. Unha chamada a remover a conciencia colectiva a través dunhas letras reivindicativas, que a ritmo de ska fan mover os pés e o corpo de todas e todos aqueles que o escoitan.

Este grupo que leva o nome de Ponteareas ali onde vai, está totalmente autoxestionado. Orgullecendose da sua independencia que lles permite transmitir libremente o seu discurso sen cortapisas contando as cousas tal e como as ven na sociedade que os arrodea.

Politicamente moi incorrectos só a súa inquebrantable fé no que querían transmitir lles levou a superar os infinitos atrancos do camiño, e así regalarnos un disco redondo, cun son que nos leva o extase nos seus directos nos que se produce unha simbiose pura entre grupo e público.

Temas:
1.- Intro
2.- Organizate!!
3.- Erguete xa!!
4.- Por ser muller
5.- Seguimos en pe 1
6.- Seguimos en pe 2
7.- En galego
8.- A miña guitarra
9.- Cando revente
19.- Señor presidente
11.- Oi, oi, oi, oi, oi....

Gravado en Pulse Records no verán de 2012
producido por Skandalo Gz
Editado e distribuido por “Inquedanzas Sonoras”
Grafismo: Lameiro & Lago

Skandalo Gz son:
Jose Manuel (Ramtan)....... Bateria
Oscar ( fulano) …............ Guitarra e voz
David ….......................... Baixo e voz
Fabian …......................... Trompeta e coros
Sergio ….......................... Trombón de varas e coros
Candi …........................... Trompeta e coros

CONTACTO:
facebook skandalogz
myspace skandalogz

telefono: 618 82 17 90

 
puntos de venta actuais:
Ponteareas(a casa da triga , apache , la republica) 
Vigo(inquedanzas sonoras ) 
Santiago de compostela(a gentlha do pichel) 
Pontevedra(pub lusco fusco) 
en spotify etc etc 
en breve tamen estaran nas mellores tendas de música de toda galiza