OS TERRIBLES DE AROUSA O CAMIÑO DO CARRO

Compoñentes:
Javier Pintos Ares ,
Rafael Mulet Bravo, 
Xan Martinez Abalo e 
Carlos Rei Cebral 











Os Terribles de Arousa veñen de editar un novo disco que fai o número catro da súa traxectoria artística. Neste caso editado por Edicións  do Cumio, co gallo da celebración do Centenario do Concello de Vilagarcía de Arousa,
O disco leva o nome de "O Camiño do carro" e nel pódense escoitar unha escolma de melodías tradicionale e populares representativas dos concellos fusionados: Vilaxoán de Arousa, O Carril e Vilagarcía de Arousa.. 

O título fai alusión a un carreiro que atravesa os viveiros de ameixa e berberechos do Carril, por suposto en baixamar. Un repertorio representativo do feito musical galego adaptado a un grupo de gaitas no que caben xotas, polcas, valses, pasadobles, muiñeiras, cantos de nadal, pezas de charanga é melodías de moda do primeiro cuarto de século ---O amor da costureira", "Baixando de Castrove", "Llévame a la China", "Luz divina", "Cando vou para a taberna", "Alalá", "O señor Colón", "A Rabela", "Carril ten un  Areal", "Rolda de Nadal de Ande", "Farsa do Carril", "Mazurcas", "Os Ananos"  é "A palleira" --.

 Pezas recollidas de xeracións de gaiteiros e que fan referencia a diferentes lugares de Vilagarcía, tal como explíca a orixe das catorce cancións  que recolle este álbum un folleto de 24 páxinas.
Colaboradores: 
Comparsa "Majarote e media" de Vilaxoán e
"As bulideiras" de Fontecarmoa, 
Ademas de membros da Banda Municipal de Música de Vilagarcía.

Discografia:

"Os Terribles de Arousa (1998), 
"No ramo de Herbón" (2002), é 










"No toldo de San Cibrán" (2005).











CONTACTO:
637 O3 99 43
607 46 85 01